PROGRAMA EDUCATIVO " INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL E ÁS REDES SOCIAIS"
Ter competencia dixital implica algo máis que ser competetente dixitalmente. É tamén, adoptar un pensamento crítico e unha convivencia dixital responsable.
As tecnoloxías afectan á educación, á formación e á aprendizaxe. A transformación dixital que experimenta a nosa sociedade ofrécenos unha ampla variedade de opcións, fake news, publicidade...
Antes estas situaciones, o desenvolvemento do pensamento crítico é unha necesidade que busca a veracidade e pensar con criterio e reflexión crítica.
A creatividade é outra capacidade que proporciona solucións flexibles e posibilita alternativas ante os problemas.
A ética desenvolve un pensamento que está orientado a buscar as consecuencias e efectos que ten o noso comportamento.
Estas é outras ideas son as que están detrás deste programa convocado pola Consellería de Educación.