lunes, 26 de febrero de 2018

CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN 2018


Unha maneira de descubrir se tes vocación científica é participando nos campus científicos que 13 universidades de toda España, organizan para este verán. Consulta toda a información nesta presentación interactiva, para solicitar esta axuda.

martes, 20 de febrero de 2018

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE  ACTIVIDADES EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2018

ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
IMPORTANTE: o alumnado que para o curso que ven inicie 1º de Bacharelato, pode solicitar unha actividade de integración ( familia máis centro educativo ) en Canadá, durante un mes a principios do curso 2018/19. 

jueves, 15 de febrero de 2018

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO 2018


Accede á información pinchando nos botóns interactivos

PROBAS DE ACCESO Á CICLOS DE GRAO SUPERIOR 2018


Accede a toda a información clicando nos botóns interactivos. 


sábado, 10 de febrero de 2018

NOVAS SOBRE A ABAU 2018

Neste taboleiro podedes consultar información relativa a:

  • Parámetros de ponderación para o curso 2017/18
  • Calendarios  sobre a ABAU e acceso á universidade
  • Notas de corte e prazas que se ofertan en cada grao
Hecho con Padlet

jueves, 8 de febrero de 2018

ENCONTROS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO 

Hoxe mesmo, un grupo de 12 alumnos de 2º de Bacharelato e tres profesores, viaxamos a Santiago para establecer unha primeira toma de contacto, coas facultades desta Universidade. Son unhas xornadas de portas abertas, nas que o alumnado ten a posibilidade de visitar dous centros universitarios e hai diferentes itinerarios para escoller.

Unha boa parte dos alumnos que acudiron, quixeron visitar graos relacionados coas ciencias da saúde, sendo Mediciña a máis demandada. Houbo outros que optaron por visitar estudos relacionados coa rama de coñecemento de Ciencias: Farmacia e Bioloxía por unha banda e Enxeñaría Informática e Matemáticas por outra.

Xornalismo e Criminoloxía tamén foron de interese para algunha alumna. Convén indicar, que esta última titulación, será de oferta pública e recoñecida polo Ministerio de Educación no próximo curso. O número de prazas serán 50. 

A valoración feita polo alumnado foi positiva, aínda que nalgún caso, botáron en falta que non se lles ensinasen as instalacións, sobre todo naqueles graos con dependencias e laboratorios. Coido que esto sería importante, para acercalos á realidade dos estudos, que moitos deles pronto darán comezo.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...