miércoles, 24 de septiembre de 2014

O papel da familia no estudo dos nosos fillos

Sen dúbida a familia xoga un papel fundamental no éxito escolar do alumnado. Estes e outros aspectos son analizados na Guía que se presenta a continuación, editada pola CEAPA: Confederación Española da Asociación Española de pais e nais de alumnos.

Podes acceder facendo clic na imaxe


lunes, 4 de agosto de 2014

lunes, 14 de julio de 2014

viernes, 20 de junio de 2014

domingo, 15 de junio de 2014

miércoles, 11 de junio de 2014

miércoles, 4 de junio de 2014



A Fonte de información procede do Blog: Orientaguía

lunes, 2 de junio de 2014

INFORMACIÓN ACADÉMICA EN 2º DE ESO
Guía editada pola Comunidade de Madrid para axudar ós nosos fillos no desenvolvemento da personalidade
Podes acceder ó seu contido pinchando na imaxe
Fonte de información: Orientación Cascales

martes, 13 de mayo de 2014


HORARIO DAS PAU E LUGAR DE REALIZACIÓN

Ó Instituto Plurilingüe Xosé Neira Vilas correspóndelle examinarse na Facultade de Económicas do Campus de Elviña- A Coruña


PRIMEIRO DÍA: 11 DE XUÑO

MAÑÁN

9:00
Presentación

10:00
Lingua Castelá e Literatura

11:30
Descanso

12:15
Historia de España/Histora da Filosofía

13:45
Fin da sesión




PRIMEIRO DÍA: 11 DE XUÑO

TARDE

16:00
Lingua Galega e Literatura

17:30
Descanso

18:15
Lingua Estranxeira

19:45
Fin da sesión





SEGUNDO DÍA: 12 DE XUÑO

MAÑÁN

9:00
Matemáticas II/Grego II/Técnicas de Expresión Gráfico-Plásticas

10:30
Descanso

11:15
Ciencias da Terra e Ambientais/Literatura Universal/Deseño

12:45
Descanso

13:30
Química/Latín II/Debuxo Artístico II

15:00
Fin de la sesión




SEGUNDO DÍA: 12 DE XUÑO

TARDE

16:30
Bioloxía/Historia da Arte

18:00
Descanso

18:45
Electrotecnia/Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais/Artes Escénicas

20:15
Fin da sesión





TERCEIRO DÍA: 13 DE XUÑO

MAÑÁN

9:00
Física/Xeografía/Análise Musical II

10:30
Descanso

11:15
Tecnoloxía Industrial II/Economía da Empresa

12:45
Descanso

13:30
Debuxo Técnico II/Historia da Música e da Danza

15:00
Fin da sesión



Podes atopar máis información se pinchas na seguinte imaxen







jueves, 8 de mayo de 2014

Caderniño de información 4º de ESO

Presentación para facilitar información académica e profesional ó alumnado de 4º de ESO que se complementa cun caderno informativo 

                 Orientación 4º eso from Lourdes Otero Rodríguez
Os Círculos Restaurativos: unha ferramenta máis para a xestión da convivencia nos Centros Educativos


martes, 29 de abril de 2014

martes, 22 de abril de 2014

domingo, 20 de abril de 2014

miércoles, 9 de abril de 2014

O noso Centro é un dos participantes nos " II Encontros de Centros para unha convivencia positiva". Asistiremos tres profesores do Centro e tres alumnas mediadoras. Estes Encontros van dirixidos ó profesorado, alumnado e familias.  Ten unha finalidade formativa e de intercambio de experiencias levadas a cabo nos centros,  fundamentadas nunha cultura de paz que leve a unha convivencia positiva.  





martes, 1 de abril de 2014

AXUDAS O ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO PARA FORMARSE EN INGLÉS 2014


A Consellería de Educación acaba de convocar axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.

REQUISITOS:
  • Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO, ou 1º e 2º de Bacharelato no curso 2013/2014.
  • Ter superadas todas as materias do curso 2012/2013 e ter acadado un mínimo de "ben" na materia de lingua inglesa. 
  • No ter concedida outra axuda coa mesma finalidade para o presente curso. 



SOLICITUDES: 

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a travé do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es . Para o cal é necesario ter DNI electrónico.
  • Poderase cubrir en liña o formulario electrónico que corresponda en función da actividade en que desexan participar, a través da aplicación dispoñible desd a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle, unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación en liña, o que xerará un documento en formato Adobe Acrobat que a persoa interesada deberá imprimir, asinar e entregar coa documentación correspondente nalgún rexistro.
  • Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario.


PRAZO DE SOLICITUDE: Do 28 de marzo ao 29 de abril. 


PERÍODO DAS ACTIVIDADES: Dende a última semana de xuño ata finais de agosto de 2014. 


Podes atopar máis información en: https://www.edu.xunta.es/axudasle/


viernes, 14 de marzo de 2014


Becas para participar nun programa de inmersión lingüística en Inglés 


REQUISITOS:

1.  Estar estudando no presente curso en algunha destas ensinanzas

a) Bacharelato

b) Graos medios de Formación Profesional

C) Graos medios de Artes Plásticas e Deseño

d) Grao medio de Ensinanzas Deportivas

e) Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado


2. Ter a condición de becario neste curso

3. Ter superadas todas as materias no curso anterior e unha nota mínima 

de Notable en Inglés.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Cumprimentar o formulario de solicitude en www.mecd.gob.es


DURACIÓN DA ESTANCIA

Unha semana


LUGAR DA ESTANCIA: 

Centros situados no territorio español ofertados polas empresas que 

resulten adxudicadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.




Podes acceder o resto de información facendo clic aquí



viernes, 7 de marzo de 2014

PROBAS FÍSICAS DE  APTITUDE PARA A ADMISIÓN NOS ESTUDOS DE CIENCIAS DA ACTIVIDADES FÍSICA E DO DEPORTE


Pincha na imaxe para acceder a información

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR



Prazo para a inscripción nos ciclos de grao medio: 31 de Marzo-11 de Abril

Prazo para inscripción nos ciclos de grao superior: 10-21 de Marzo

Realización da proba de acceso a grao medio: 4 de Xuño

Realización da proba de acceso a grao superior: 7 de Maio


O resto de información podes atopala se clicas aquí

jueves, 6 de marzo de 2014


O pasado 5 de Marzo pubricouse no BOE o Real Decreto 127/2014 que regula a Formación Profesional Básica. Se clicas na imaxe que hai por debaixo, podes atopar unha guía editada por Comisións Obreiras na cal se analiza as novedades que supón a  súa aplicación 





ESTOU EN 2º DE BACHARELATO E NON SEI O QUE FACER 

Seguramente moitos de vós vos atopades na mesma situación ca Nuria , é unha  estudante de 2º de bacharelato,que pensa que por un lado tería que escoller aquilo que lle gustase facer e por outra banda , algo que non fururo teña máis saídas laboráis. Por iso pediu axuda ó equipo de Tuitorientadores de Garda, que se trata dun proxecto coordinado por Albeto del Mazo e no que colaboran varios Orientadores . Neste documento aparecen as dúbidas que ten Nuria e a continuación as respostas de distintos Orientadores. Se ti eres un dos que lle pasa o mesmo, podes facelo enviando un correo electrónico o enderezo: tuitorientadordeguardia@gmail.com  ou tamén escribindo un un tuit dirixido a @Tuitorientador

lunes, 24 de febrero de 2014

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...