sábado, 23 de enero de 2016

O proceso de preinscripción en estudos universitarios franceses deu comezo o pasado 20 de Xaneiro. Faise a través do portal admission postbac APB.  Velaiquí un video que explica o procedemento e dá consellos útiles de como facelo.


Tamén aquí tes un video titorial para saber como rexistrarse. 



lunes, 18 de enero de 2016

Loading...
Loading...

miércoles, 13 de enero de 2016

Diferenzas entre as medidas de Reforzo Educativo ( RE)  e Adaptación Curricular 
( ACS )




REFORZO EDUCATIVO
  • É unha medida temporal que se aplica ata que se adquira o dominen aqueles aprendizaxes que se están reforzando.
  • Un Reforzo Educativo é unha Adaptación Curricular non significativa que un profesor aplica a alumnos que presentan dificultades nas materias curriculares
  • Por ser unha medida ordinaria de atención á diversidade, lévase a cabo dentro da aula ordinaria 
  • Un Reforzo Educativo non implica ter que modificar contidos curriculares da materia, senón que estos se adapten, de tal xeito, que co mesmo curriculo que seguen os demáis alumnos, poidan levar a cabo e con total normalidade o proceso de ensino-aprendizaxe do nivel curicular que se exixe.
  • Normalmente son alumnos que non teñen maiores dificultades para seguir o ritmo marcado polo profesor
  • No boletín de notas aparece reflectido como ( RE)
ADAPTACIÓN CURRICULAR

  • É unha medida extraordinaria de atención á diversidade
  • Aplícaselle ós alumnos cun desfase curricular de algún curso académico.
  • Son alumnos que presentan unhas deficiencias curriculares importantes e que non sempre son capaces de seguir o ritmo das explicacións que marca o profesor.
  • Son levadas a cabo polo profesor de área baixo a supervisión do profesor de Pedagoxía Terapéutica.
  • A grande diferencia co Reforzo Educativo, é que na Adaptación Curricular sí se eliminan apartados do curriculum oficial
  • No boletín de notas a Adaptación Curricular aparece como unha ( ACS )
  • A Adaptación Curricular non ten repercusión polo que a Promoción se refire, pero sí que repercute na Titulación, xa que estes alumnos non poderían optar a  ela. Polo tanto, hai que ser muy conscientes do que isto significa, xa que determina que un alumno poida titular ou non.
COMO PODEMOS ADAPTAR UN EXAMEN PARA OS ALUMNOS CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Atendendo á diversidade dos alumnos, sería convinte elaborar tres modelos de exames:

  • Modelo 1: Exame ordinario
  • Modelo 2: Exame para o alumnado con Reforzo Educativo
  • Modelo 3: Exame con Adaptación Curricular Significativa

Modelo 1: O normal sería elaborar o exame non adaptado ou ordinario en primeiro lugar. Normalmente hai unha parte conceptual de definicións, sobre conceptos básicos de cada unidad didáctica, e por outra parte, un apartado procedimental, baseado en exercicios.

Modelo 2: Examen para o alumnado con Reforzo Educativo
- Non se suprimen os contidos da Unidade Didáctica
- Redúcense os apartados procedimentais, é dicir, hai unha menor cantidade de exercicios, dado que se trata de alumnos con algunha dificultade de comprensión e con un ritmo de traballo máis lento.
- Adaptánselle os enunciados, é dicir, inténtase simplificar ó maximo o enunciado e evítase dar máis dunha instrucción en cada exercicio. Evitar as frases con dobre negativa , con estructuras sintácticas moi complexas ou frases nas que ten que realizar inferencias para comprender os plantexamentos.
- As definicións están máis pautadas e trátase de que os alumnos vaian poñendo as palabras clave da definición entre varias opcións. Neste caso pódese optar por:
  1. Poñer máis conceptos que ocos hai nunha definición
  2. Poñer menos conceptos que ocos ten a definición para que o alumno a complete.
- Os procedimentos poden ter un exemplo de cómo facer un exercicio, para facilitar a comprensión do alumno.
- As preguntas abertas veñen pautadas no enunciado ou a través dun guión previo.
- Ser máis flexibles co  criterio das falta de ortografía ca nun exame convencional.
- Proporcionarlle algunha pauta visual para permitir contextualizar o que se está a preguntar.
- Prestar axudas atencionais nas preguntas para comprobar que lle dedica o tempo suficiente no anàlise das preguntas.


Modelo 3: Exame para o alumnado con Adaptación Curricular 
- Suprímese parte do contido da Unidade Didáctica. A supresión do contido normalmente é consensuada entre o profesor de área e o profesor de Pedagoxía Terapéutica
- Redúcense os apartados procedimentais, é dicir, hai unha menor cantidade de exercicios, dado que se trata de alumnos con dificultades graves de comprensión e ritmo máis lento.
-Adaptánse os enunciados, é dicir, inténtase simplificar ó máximo o enunciado evitando pedir maís dun apartado en cada exercicio.
- As definicións veñen muy pautadas e o alumno debe de ir rellenando os ocos das definicións a partires das palabras clave que lle facilita o profesor no exame. Neste caso as palabras coinciden cos ocos que debe rellenar o alumno.
-Os procedimentos sempre teñen un exemplo para que o alumno siga o modelo.
-As preguntas abertas veñen muy pautadas para que o alumno poida seguir un modelo.
- Apoiar o material escrito dos exames con gráficos e imaxes
- Cando deba redactar caracteristicas, grupos  facilitarlle cadros donde deba rellenar cunha palabra ou poñer guións segundo o número apartados. Isto facilitaralles o recordo 
- Comentar individualmente as respostas dadas para completar a avaliación real dos coñecementos.
- Prestar axudas atencionais nas preguntas para comprobar que lle dedica o tempo suficiente no anàlise das preguntas.

Fontes de información:
http://www.mundoprimaria.com/pedagogia-primaria/refuerzo-educativo-y-apoyo-especializado.html
http://justificaturespuesta.com/

lunes, 4 de enero de 2016

ESTILOS DE APRENDIZAXE



Cada persoa pensa e aprende de maneira diferente. Algúns recordan información escrita de xeito moi doado. Sen embargo outros aprenden se escoitan falar.  E tamén hai quen prefire probar a facer cousas.

Ti podes ter unha mezcla de estilos de aprendizaxe ou descubrir que tes unha predominancia nun deles. Saber máis sobre cales son as túas preferencias para aprender, poden axudarche a ser máis efectivo . Velaiquí tes unha análise dos estilos maís comúns:

 A) VISUAL

  • Se ti eres dos que utilizan o canal visual para procesar a información seguramente che gusta ler libros con ilustracións, diagramas. 
  • Pode que tamen che guste debuxar diagramas cando explicas algo ós demáis e recordas cousas visualizándos na túa mente. Normalmente tes boa orientación  espacial por iso manexas ben os mapas.
  • Non esqueces as caras da xente
Aplicacións prácticas para o estudo

-Utiliza rotuladores de cores para estudar
-Debuxa diagramas ou debuxos para ilustrar o que tes que aprender
-Estuda nun lugar tranquilo lonxe de ruídos ou distraccións
-Utiliza mapas mentais
-Mira videos do que estás estudando. Hoxe en día hai videos tutoriais de todas as materias. You tubeeducation é un  dos canais que podes utilizar 
-Fai posters para colgar en murais o que tes que aprender


B) AUDITIVO



Este estilo de aprender implica que che resulta doado expresarte oralmente e por escrito. Seguramente che gustará ler e escribir. Tamén disfrutas aprendendo rimas, trabalinguas, poemas. Serás dos que aprenden cousas máis fácilmente cando tes que contarllas a alguén. 


Aplicacións prácticas para o estudo

-Lé en alto

-Escoita podcasts ou programas de radio sobre os temas que tes que estudar
-Fala con outras persoas sobre o que estás estudando
-Usa acrónimos.
-Iventa frases para memorizar cousas que queres aprender.
-Usa audios grabados previamente para aprender contido.
-Inventa unha historieta ou palabras que rimen que che axuden a recorder cousas


C) KINESTÉSICO OU MOVEMENTO




Son os que aprenden movéndose. Son persoas ás que lles gustan as actividades prácticas ou manuais, xogar algún deporte ou bailar. É probable que recordes cousas máis fácilmente se te estás movendo e seguramente eres dos que xesticulas moito coas mans, cando estás falando coa xente. 

Aplicacións prácticas para o estudo


-Cando fagas descansos móvete
-Podes utilizar posits para poñer nas paredes ou corchos
-Masca chicle ou bebe auga mentras estás estudando

-Usa técnicas de relaxación e respiración para tomar conciencia do teu estado cando estás aprendendo cousas. Este foi un gran secreto do rendemento dos atletas rusos nas pasadas décadas.
-A técnica do role-playing solo ou con alguén máis,  tamén é efectiva para estimular o que estás aprendendo.
-As fichas e tarjetas do que tes que estudar poden axudarche a memorizar a información , porque podes tocalas e movelas.

Fontes de información: 
http://www.opencolleges.edu.au/informed/features/whats-your-learning-style/
http://www.learning-styles-online.com/overview/
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...