Mostrando entradas con la etiqueta Reunión familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reunión familias. Mostrar todas las entradas

martes, 4 de octubre de 2022

martes, 26 de octubre de 2021

 AS TITORAS E TITORES REÚNENSE COAS FAMILIAS  DO  NOSO ALUMNADO

Querendo voltar a normalidade, a como eran as cousas antes da pandemia, estes días terán lugar as reunións de cada titora e titor coas familias dos seus titorandos. Serán presenciais, coa máscara que nos tapa máis da metade da cara, pero polo menos permite manter un contacto máis cercano, sen que haxa unha pantalla polo medio. 
Velaquí tedes os temas máis destacables que poden ser de interese que coñezades.

lunes, 26 de octubre de 2020

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Este curso todo cambia por mor da Covid-19 e as clásicas reunións dos titores coas familias do seu grupo, tamén se ven afectadas. 
Xa levamos un mes de curso e consideramos que algunha da información máis relevante pode chegar a todos desta maneira, tendo como aliada as novas tecnoloxías. Sen dúbida, o presencial sería unha alternativa mellor pero temos que adaptarnos a nova realidade. 

domingo, 6 de octubre de 2019

PRIMEIRA REUNIÓN DOS TITORES DA ESO COAS FAMILIAS

Xa queda moi pouco para que cada titora e titor teña unha xuntanza coas familias da súa titoría. Mentras tanto e para ir sabendo, estes  son algúns dos temas , que posiblemente se traten nas reunións. 




Xa comentábamos o curso pasado que a familia é unha peza clave no proceso de formación do alumnado. Polo tanto a colaboración é fundamental. Algunhas consideracións xa aparecen recollidas na presentación, máis, queremos facer fincapé nas seguintes:

Comunicación cos fillos
  • O manexo dun fill@ adolescente pode ser complicado para todas as familias.
  • Debe de haber un acordo entre a parella para afrontar a educación nesta etapa
  • Encubrir os fill@s frente á parella, rompe acordos ou simplemente desentenderse, é unha forma pouco axeitada.
  • O respaldo familiar, as palabras de ánimo e reforzó serán fundamentais, tanto se hai progreso académico, como se non o hai.
  • É aconsellable estar atentos á posibles cambios de humor e de conduta: cambios bruscos nas súas costumes, excesivo nerviosismo. Todo isto pode ser unha sinal de alerta. Neste caso, aborde o tema co seu fill@ e se isto non fose efectivo, infórmese a través dos profesores do Instituto. 
  • Manter unha comunicación en relación ós estudos e a vida do instituto. Neste aspecto, mellor que facer un interrogatorio, estade dispoñibles cando o voso fill@ vos conte ou  formule preguntas abertas.
  • É importante escoitar sen xulgar. Cando vos conte algún acontecimiento poderedes preguntar: E ti que pensas diso? Que vas facer ti?
O estudo na casa

  • Cada persoa ten unha forma característica de aprender, que non coincide ca doutras persoas. É importante que axuden ao seu fill@ a descubrir cal é a mellor maneira de estudar
  • Non hai unha única fórmula de organizar o tempo de estudo. É difícil precisar cantas horas deben adicarse a estudar, porque depende da dificuldade das materias, os deberes que haxa para ese día, a capacidade ou o estado de ánimo de cada estudante. Como norma xeral, é aconsellable adicar un tempo diario ( períodos de 25 minutos intercalados por pequenos descansos ) e, sobre todo, aprender a planificar as tarefas: decidir canto nos levará cada actividade, por cal imos a comezar, en que momentos poderemos descansar...
  • Sempre hai algo que facer. Aínda que non haxa deberes, pódese repasar o que se explicou na clase, pasar a limpo os apuntes, facer un traballo pendente, darlle un vistazo a un tema que se dará mañán... e pódese tamén ler un libro.
  • Convén manter ante o estudo unha postura activa. Isto se consigue relacionando o que se estuda con aspectos da vida diaria, profundizando e ampliando, pensando en qué cousas das materias poden ser interesantes... Se pensan que o seu fillo só se limita a memorizar ou volver a ler os temas unha e outra vez, anímeno a suliñar, facer esquemas, facer gráficas, consultar libros ou enciclopedias...
  • Cada persoa ten un ritmo diferente para estudar. Hai quen prefire empezar polo máis difícil e outros polo máis fácil. En xeral, é aconsellable non sobrecargarse de traballo ( por exemplo antes dun exame ) e facer descansos periódicos en cada sesión de estudo.
  • O ambiente de estudo é importante, temos que ter en conta que cada persoa ten as súas propias preferencias. Permitan as súas fillas e fillos estudar onde mellor o fagan, e incluso escoitando música ( non demasiado alta ), se eso lles axuda. Pero se vostedes ven que se distrae con frecuencia, o aconsellable é que busquen un lugar tranquilo, sen interrupcións nen ruídos.
  • Para estudar con proveito hai que estar en boa forma. É convinte ter unha alimentación axeitada, dormir o suficiente e facer algún tipo de deporte ou exercicio físico.
  • Estudar é importante, pero outras cousas tamén o son. É necesario que os seus fill@s aprendan a utilizar o tempo de ocio dunha maneira saludable. Ó longo da tarde debe haber tempo para estudar e tamén para outras ocupacións. 
  • Convén que os pais se interesen polo que fan os fill@s. Debe facerse sen transmitir a impresión de que estamos supervisando e vixiando. Se a súa filla leva un caderno de tarefas ou algo similar, revíseno periódicamente e estén moi atentos ás anotacións que poida ter escrito pola profesora ou profesor.
  • Estudar conleva esforzo. Animen ós fill@s e recorden que soe dar mellores resultados un premio ou alabanza verbal que un castigo.

jueves, 11 de octubre de 2018

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

O próximo luns día 15, cada titor reunirase coas familias do seu grupo, para unha primeira toma de contacto. Na presentación que aparece máis abaixo, aparecen datos de interese, que se estima que as familias deben de coñecer e que posiblemente os titores comentarán na reunión.


Consideramos que a familia é unha peza clave no proceso de formación do alumnado. Polo tanto a colaboración é fundamental. Algunhas consideracións xa aparecen recollidas na presentación, máis, queremos facer fincapé nas seguintes:

Hábitos e organización do estudo
  • Unha vez que comence o curso, axuden ós seus fill@s para que elaboren un horario de estudos.
  • Non só se trata de facer deberes, senón que tamén terá que dedicar tempo a facer repasos, preparar resúmenes ou adelantar traballo. Desconfiar de mensaxes tipo: "non teño nada que estudar", "non hai exames"...
  • A dedicación diaria é a mellor medida para previr dificultades
  • A misión da familia é supervisar esta dedicación: 
  1. Recordándolles horarios.
  2. Falando sobre as materias que están vendo na clase.
  3. Asegurándose de que dispón do material necesario.
  4. Axudándolles a evitar présas de última hora, na entrega de traballos ou preparación de exames.
  5. Supervisando a axenda escolar, no caso de tratarse de alguén despistado e desorganizado.
  6. Mantendo un ambiente de estudo axeitado, tratando de eliminar todas aquelas distraccións que poidan interferir.
Seguimento do proceso de aprendizaxe

  • Os pais deben de estar informados da marcha do seu fill@ e non esperar aos resultados das avaliacións
  • Manter entrevistas ao longo do curso co titor@s e profesores, acudindo sempre que se lle requira e adoptando medidas que se lle aconsellan, se fose necesario.
Controlar o tempo en internet

  • Nestas idades pode aumentar significativamente o tempo que pasa por causas das redes sociais.
  • Dende un principio é convinte marcar uns horarios, unhas normas estrictas sobre o seu uso que haberá que supervisar.
  • Os abusos neste aspecto, adoitan ser o principio de fracasos nos estudos.
  • En algúns casos, é necesario que a familia negocie co seu fillo e estableza un especie de contrato.
  • Nestes casos, o fill@ poderá disfrutar dunha serie de privilexios se cumple o horario de estudo e acada resultados axeitados.
Coñecer o seu círculo de amizades

  • Nestas idades, o círculo de amig@s ten  unha grande influencia sobre o adolescente.
  • O paso a secundaria é o momento donde se establecen novas relacións. É bastante habitual que se cambie de amig@s porque precisan explorar e atopar con quen compartir ideas, gustos e aficcións ( moda, gustos musicais..) Precisan sentir que encaixan socialmente.
  • Mantéñase informado e vixiante sobre as amizades: a presión entre iguais pode ser moi positiva pero tamén o contrario. Se o seu fill@ escolle amig@s con pouco interés polas tarefas escolares, é probable que esté menos disposto a estudar. Este exemplo tamén é aplicable a outros ámbitos: saúde, comportamento...

viernes, 6 de octubre de 2017

EMPEZANDO O CURSO

Esta presentación contén aquela información que nos parece máis relevante con motivo do inicio de curso. Son cuestións básicas que as familias deberían coñecer sobre:
  • Organización:horarios de entrevistas co titor/a, funcionamento e normativa do centro, criterios de promoción, avaliacións, calendario.
  • Suxerencias de colaboración e participación dos pais no centro e no desenvolvemento académico dos alumnos.
  • Outras cuestións de interese.

Aproveito tamén, para lembrar outras características específicas da etapa, segundo os distintos cursos e outras máis xerais


FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º DE ESO
Recordar que aumenta o número de materias con respecto á Educación Primaria, sendo estas:

Educación Plástica e Visual
Investigación e Tratamento da Información/Programación
Francés
Unha hora semanal de Titoría

    É IMPORTANTE saber que a exención de Francés dedícese por lei no centro de secundaria, cando comezan as clases e tras revisar os seus expedientes e segundo os informes de Primaria.
    Aumenta o número de profesores que imparten clase: un profesor por materia.

    FAMILIAS DO ALUMNADO DE 2º DE ESO 
    As materias novas en 2º curso son:
    Física e Química
    Tecnología
    Música
    Oratoria/Educación Financieira

    FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º DE ESO: 
    As materias optativas son: Relixión e Cultura Clásica. 
    Diferéncianse dous tipos de Matemáticas. As que están orientadas ás ensinanzas académicas e aplicadas. Esta elección non é vinculante para 4º de ESO


    FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º DE ESO
    Destacar a importancia de acadar o título de ESO e do cerca que están para elo. Se a situación continúa a ser como o curso pasado independentemente do itinerario cursado en 4º ( académico ou aplicado)  poderán escoller bacharelato ou FP. 

    SECCIÓN BILINGÜE E PLAN PLURILINGÜE

    Como xa comprobastes, no noso centro impártese unha sección bilingüe en Física e Química e temos un Plan Plurilingüe na materia de Ciencias Sociais en Francés. Aínda que no documento de matrícula existe a posibilidade de solicitalo, non é acosellable para todo aquel alumnado que ten dificultades nas linguas ou que esté a recibir algunha medida de atención á diversidade.

    PLAN DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES
    Lembrar a existencia do plan de  recuperación de pendentes no curso seguinte: exames parciais e finais, boletíns de traballo, atención personalizada en reunións cos xefes do departamento, materias de avaliación continua.


    MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
    Dentro das medidas de atención á diversidade, a lexislación contempla a posibilidade de cursar  en 2º ou 3º de ESO un Programa de Mellora do Aprendizaxe e Rendemento Académico. Para poder impartirse require que haxa un número determinado de alumnos proposto polos equipos educativos. Aínda que sí houbo algunha proposta, non houbo alumnado suficiente para formar grupo. Outra das medidas que recolle a normativa son os agrupamentos específicos que iniciamos o ano pasado e seguimos a continuar no presente curso.


    SABER DETECTAR O ACOSO ESCOLAR
    O Colexio Oficial de Psicólogos elaborou unha guía que asesora ás familias ante o acoso escolar. Dentro da comunidade educativa as familias son  as máis vulnerables. Moitas veces non saben que facer e/ou a quen dirixirse ante esta problemática. Téndese a pensar ás veces  que o silencio vai acabar co problema, cando é todo o contrario, co silencio o problema crece e convertese en síntomas psicosomáticos, que se non se tratan a tempo coas estratexias psicolóxicas axeitadas, chegan a instalarse e converterse en traumas. 
    Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...