jueves, 27 de junio de 2019

TIRANDO DO FÍO DE TWITTER PODES CONTACTAR CON ALUMNOS DA UNIVERSIDADE OU CICLOS

María Romero é unha twitera que decidiu facer un fío para que os estudantes que xa están na universidade ou en ciclos, arrimaran o ombreiro poñendo que estaban a facer e onde. Fixo esto para poñelos en contacto con alumnos de 2º de bacharelato que están nestes días solicitando praza e así poder ter a oportunidade de facerlles todo tipo de preguntas. 

Tivo tanto éxito que hai case 1000 respostas en tan só dous días. Como o número seguramente irá en aumento, aconséllase que para facilitar a búsqueda por titulacións, se proceda poñendo no buscador de twitter o seu user xunto coa carreira que se desexe buscar, por exemplo: "mariaromeropz veterinaria" e desta maneira atoparedes todos os twits destes estudos.



ENXEÑARÍA CIVIL E  EDIFICACIÓN EN YOU TUBE

A Agrupación Estratéxica CITEEC, pertencente á Universidade de A Coruña, está a impulsar unha canle de You Tube con videos sobre as titulacións relacionadas coa Enxeñaría Civil  e a Edificación. 
Os videos son breves e entretidos. Os protagonistas son estudantes de grao, mestrado e doutoramento e persoal docente e investigador da propia universidade. 
Están realizados coa colaboración da ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos 4.0, que supón un novo horizonte de innovación en sectores como o transporte, a enerxía ou as comunicacións. 
Para isto, ponse especial atención en como a Enxeñería Civil xestiona os novos escenarios de información cos que resolver problemas actuais da sociedade. 
Outra das temáticas destes vídeos é a presenza da Enxeñería Civil no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentables, que son os retos fixados polas Nacións Unidas para tomar medidas contra a pobreza, frear o cambio climático ou a reutilización de recursos, entre outras.

Hecho con Padlet

miércoles, 19 de junio de 2019

sábado, 15 de junio de 2019

PREMIOS EXTRAORDINARIOS EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA


Clica nos botóns interactivos para acceder a toda a información

viernes, 14 de junio de 2019

OS ALUMNOS DO NEIRA VILAS FAN DE PROFES: 3ª ENTREGA


José Ardao Mirás e Denise Ambroa González, alumnos de 2º de ESO, presentaron a materia de Oratoria, esta semana nas tres aulas de 1º de ESO. Polo que puiden observar, a súa explicación espertou o interese dalgúns, pola mesma. Foron tan convicentes, que houbo ata quen, tendo pensado cursar Educación Financieira, cambiou de parecer para matricularse en Oratoria. 

Ides ver no video que convencer é un aspecto moi importante nesta materia. Para facelo hai que saber argumentar e esto foi o que fixeron os alumnos, durante o segundo e terceiro trimestre. Debatiron sobre o movemento mundial que loita contra o cambio climático #Fridaysforfuture , simulando un debate no salón de actos.





jueves, 13 de junio de 2019

OS ALUMNOS DO NEIRA VILAS FAN DE PROFES: 2ª ENTREGA

Esta vez foi Sofía Miranda Vázquez, quen lles presentou a materia de Cultura Científica ao alumnado de 3º de ESO. Gústalle moito Genially para facer presentacións e esta ferramenta foi a que utilizou para facer algún traballo que tivo que expoñer durante o curso. Foi o caso da enfermidade da "anorexia" que utilizou como exemplo para contarlles ós alumnos, o que traballaron este ano nesta asignatura. 

Como ben sabedes, Cultura Científica é unha das materias que se oferta como específica en 4º de ESO e que podedes escoller para cursar. 

Se tedes curiosidade por saber cal foi o enfoque que lle deu a profesora de Bioloxía, este curso, non deixes de mirar este video. Ides  comprobar cómo pode haber distintas maneiras de avaliar e calificar.




sábado, 8 de junio de 2019

OS ALUMNOS DO NEIRA VILAS FAN DE PROFES: 1ª ENTREGA

Sara Castro Sosa e Aldara Pernas Suárez son alumnas de 4º de ESO que están a cursar  Economía durante este curso. Cando lles propuxen facer de profes en 3º de ESO, para que lles contasen aos alumnos que se estudaba nesa materia, de seguida se animaron e ata prepararon unha presentación en Drive ( está máis abaixo ) para utilizar nas aulas. Como din elas, ogallá o curso pasado alguén nos contase que era Economía, porque non sabíamos moi ben que escoller.

Tampouco lles importou poñerse diante da cámara para gravar este video e así poder dispoñer  dun archivo dixital para futuras promocións.

Así que, como di o refrán " é de ben nacidos ser agradecidos". Os meus agradecementos a estas dúas alumnas pola súa inestimable colaboración.



jueves, 6 de junio de 2019

FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL ( ESTUDA + TRABALLA )


Neste taboleiro accederás a toda a información que precises, clicando nos botóns interactivos. 

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...