DESCUBRINDO OS ESTUDOS SUPERIORES
Cando se está a cursar o bacharelato, parece lóxico pensar, que as miras son plantexarse facer algo, entre as distintas opcións de estudos superiores. Se é asi no que estás a cavilar, revisa esta presentación que de algún aspecto xa falei, cando estiven nas aulas.
Teño que agradecer ao Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña, por facilitarme a presentación que utilizou cando estivo no noso centro, para presentar a UDC. Moita da información aparece máis abaixo é grazas ao SAPE.
E xa sabes, se tes algunha dúbida ou non tes claro o que facer, non deixes de acudir ao departamento de orientación para poder axudarche. Non te esquezas de que para personalizar a orientación é mellor facelo de xeito individual. O que tratamos nas clases, ten un caracter máis xeral.
RECORDA: nos expositores e estanterías que hai diante do departamento de Orientación, tes moita información en formato papel. Nos andeis hai dípticos que podes coller, tanto da universidade como da formación profesional.