Este blogue está dividido nas seccións que aparecen máis abaixo e a maiores todas as entradas están clasificadas con diferentes etiquetas.Podes atopalas no marxe dereito, na parte inferior.
ADMISIÓN EN CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR CURSO 2018/19
Consulta toda a información neste panel interactivo.
miércoles, 20 de junio de 2018
PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS
Accede a toda a información nesta presentación interactiva.
sábado, 16 de junio de 2018
CALCULA A TÚA NOTA DE ADMISIÓN
A Consellería deseñou un simulador para calcular a nota de admisión ás distintas titulacións do SUG. Accede a página da Xunta e introduce as notas das distintas partes da proba da ABAU (a nota das materias da fase obrigatoria e as notas das distintas materias da fase voluntaria )
martes, 12 de junio de 2018
STEMweek:ESTADÍAS CIENTÍFICAS EN INGLÉS NOS MESES DE VERÁN
A Consellería de Educación ven de publicar a convocatoria para a realización de actividade formativas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas ) durante os meses de verán. Consulta no panel toda a información.
lunes, 11 de junio de 2018
AS XORNADAS DE ACOLLIDA CREAN COMUNIDADE
Como xa ven sendo costume no noso centro, todos os anos organizamos unhas xornadas de acollida e convivencia co alumnado de sexto curso de Primaria do noso centro adscrito ao Instituto. Foron o pasado venres 8 de xuño.
Con este acto de benvida pretendemos facilitar ese tránsito de Primaria a Secundaria, unha primeira toma de contacto ou achegamento. Moi pronto pasarán a formar parte da nosa comunidade educativa, ou porqué non dicilo, dunha familia grande de algo menos de 300 alumnos. Crear comun(idade) educativa é establecer lazos e vínculos en común para facelas máis fortes, máis unidas, para que cada membro sinta que pertence a ela. Esto é realmente o verdadeiro sentido de organizar estas xornadas, tender pontes entre nós, crear redes para INCLUIR. Sí, eso que agora se oe tanto no eido educativo, "inclusión educativa" tamén ten sitio, nesto que conto.
É tamén un clásico, que os nosos alumnos mediadores fagan de guías para ensinarlles o centro así como intentar darlles respostas a aquelas dúbidas ou cuestións que lles puideran plantexar. Teño que dicir que mesmo temos "overbooking" entre a rede amplia de mediadores, para desempeñar esta labor de acompañamento.
Este ano introducimos algunhas modificacións no percorrido que fixeron os alumnos grazas a colaboración dos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía, que sen dúbida deulles máis valor. ( Máis abaixo podedes ver unha pequena mostra do que lles tiñan preparado así como a presentación utilizada para falarlles da etapa de Secundaria e outros aspectos do Instituto ) Tamén tiven a axuda dunha titora para amosarlles unha das aulas de referencia que posiblemente ocuparán cando cheguen en setembro.
Non me podo esquecer destas catro alumnas de 1º de ESO, colaborando na posta en escena deste video, no que contan as súas experiencias e vivencias nos primeiros días de Instituto.