UNHA NOVA AVENTURA: VAMOS PARA O INSTITUTO
A progresiva volta á normalidade permitiu levar a cabo as xornadas de acollida, tal e como eran antes. Xa ía sendo tempo!!
Os mediadores foron os axentes principais, tanto na súa organización como na súa realización. A pesares de andar moi atareados cos exames deste terceiro trimestre, sacaron tempo para as varias xuntanzas que tivemos e para gravar un video, donde falan daqueles aspectos que se consideraban de interés. Idelo ver na presentación de máis abaixo.
A participación deles é fundamental, tanto nos días previos como no propio día que se recibe ó alumnado de Primaria. Ademáis de ser guías para ensinarlles as instalacións do centro, son tamén facilitadores de círculos de diálogo. Esto ven sendo o broche final das xornadas. Posto que o tempo nos acompañou, rematouse esta actividade, sentándose no chan do patio en grupos de aproximadamente de 14 alumnos con cada dous mediadores. Coa axuda dunhas pelotas de goma, fóronlles dando o turno de palabra a todos para participar con preguntas que teñen arte... Ides tamén ver as fotos na presentación.