jueves, 30 de enero de 2014

Dende fai varios anos no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas fórmanse alumnos como mediadores en colaboración co Concello de Oleiros. Este curso asistiron ó curso de formación alumnos de 1º de ESO e algún máis, xa formados en anos anteriores, para afianzar coñecementos e técnicas de mediación.Os resultados da valoración do curso de Formación amósanse nesta presentación

viernes, 24 de enero de 2014

A Inserción laboral dos títulos de FP no ano 2013


Nestes gráficos pódense ver os títulos de FP , tanto de grao medio como superior, que tiveron unha mellor incorporación ó mundo laboral no pasado ano 2013. Os datos extraídos para a súa elaboración proceden do Observatorio de Ocupacións do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE)




Gráficos elaborados por Eduardo Moreno ( Profesor de Formación y Orientación Laboral ), ós cales se lle engadiron datos numéricos  e outros retoques de formato,  pola autora deste blogue.


domingo, 19 de enero de 2014

AUDITORÍAS COS DELEGADOS 

Dende fai algún curso, no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas os alumnos mediadores teñen Auditorías cos Delegados de tódolos grupos-clase. Isto faise coa finalidade de ver cal é o clima social de aula e poder intervir dende o Equipo de Mediación e Convivencia, en caso de ser detectados conflictos. Tamén axuda para determinar se houbese alumnos pouco aceptados polo grupo ou rechazados, illados ou con escasas habilidades socio-emocionais para desenvolverse nas relacións interpersoais.

jueves, 9 de enero de 2014

Becas para estudar 1º de Bacharelato en Canadá convocadas pola Fundación  Amancio Ortega

 Pincha sobre a imaxe

Pincha enriba da imaxe se queres acceder á información

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...