martes, 4 de octubre de 2022

lunes, 12 de septiembre de 2022

PLAN ESPECÍFICO DE REFORZO PARA ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES

Segundo o artigo 51 da Orde de atención á diversidade do 8 de setembro de 2021:


1. O alumnado de educación secundaria obrigatoria que se promova de curso con materias sen superar deberá seguir un plan de reforzo en cada unha desas materias, destinado á súa recuperación e á súa superación. 


2. O plan de reforzo será elaborado polo profesorado que imparte a materia que a alumna ou o alumno teñan pendente de superar, baixo as directrices do correspondente departamento didáctico e co coñecemento do

ligatures: normal; font-variant-position: normal; vertical-align: baseline; white-space: pre-wrap;">profesorado titor, e terá como referentes os obxectivos da materia e a contribución á adquisición das competencias. Igualmente, será un plan que se adapte ás particularidades de cada alumna ou alumno destinatarios. O departamento didáctico velará pola realización do plan por parte da alumna ou do alumno. 


Este é un posible modelo para darlle uso.

martes, 30 de agosto de 2022

 ANTEPROXECTO DO CURRÍCULO DA ESO: ALGÚNS ASPECTOS A TER EN CONTA

Se ben é certo que aínda que está en fase de tramitación, e tal e como se indica no portal da Consellería de Educación, podería haber algunha modificación durante o proceso. Porén, o curso está a piques de dar comezo e como xa é sabido por toda a comunidade educativa, os cursos impares xa empezan coa normativa LOMLOE. Esta é a razón fundamental pola que se publica esta presentación, coa idea de aclarar aqueles aspectos que me parecen máis relevantes.

miércoles, 22 de junio de 2022

 SOLICITUDE DE  CICLOS DE FP DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

Infórmate do proceso clicando nos botóns de +info

sábado, 4 de junio de 2022

UNHA NOVA AVENTURA: VAMOS PARA O INSTITUTO

A progresiva volta á normalidade permitiu levar a cabo as xornadas de acollida, tal e  como eran antes. Xa ía sendo tempo!!
Os mediadores foron os axentes principais, tanto na súa organización como na súa realización. A pesares de andar moi atareados cos exames deste terceiro trimestre, sacaron tempo para as varias xuntanzas que tivemos e para gravar un video, donde falan daqueles aspectos que se consideraban de interés. Idelo ver na presentación de máis abaixo. 
A participación deles é fundamental, tanto nos días previos como no propio día que se recibe ó alumnado de Primaria. Ademáis de ser guías para ensinarlles as instalacións do centro, son tamén facilitadores de círculos de diálogo. Esto ven sendo o broche final das xornadas. Posto  que o tempo nos acompañou, rematouse esta actividade, sentándose no chan do patio en grupos de aproximadamente de 14 alumnos con cada dous mediadores. Coa axuda dunhas pelotas de goma, fóronlles dando o turno de palabra a todos para participar con preguntas que teñen arte... Ides tamén ver as fotos na presentación. 

lunes, 23 de mayo de 2022

viernes, 20 de mayo de 2022

 BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2022/23


A convocatoria de becas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo está publicada dende o 18 de maio. O prazo está aberto ata o 30 de setembro. A solicitude cubrése online e unha vez cuberta xérase un documento PDF que deberá de imprimirse para presentar no centro educativo.

Accede a toda información clicando nos diferentes apartados.

martes, 10 de mayo de 2022

 VIDEOS PARA ORIENTARSE SOBRE AS ABAU E A SOLICITUDE DE PRAZA NA UNIVERSIDADE

Chegando á recta final do curso para os de 2º de Bacharelato!! Velaquí estes videos para estar ben informado...

miércoles, 4 de mayo de 2022

VARIOS EX-ALUMNOS COMPARTEN AS SÚAS EXPERIENCIAS COMO UNIVERSITARIOS

Pablo Forján, Miguel Pérez e Mateo García foron alumnos do noso centro, ata o curso pasado. Este ano están a cursar o seu primeiro curso na universidade. Non cabe dúbida, que a súas experiencias teñen un valor incalculable para o alumnado que en pouco tempo estará iniciando a mesma folla de ruta. 

De cando en vez, voltan ó Instituto para recoller o título e nalgún caso para recordar vellos tempos. Así foi como estes tres alumnos, e por iniciativa deles me dixeron que lle gustaría compartir as súas vivencias co alumnado do Instituto. Os escollidos foron as alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato e estiveron con nós onte, día 3 de maio.

Prepararon unha presentación como guión para falarlles de:
- A transición entre o Instituto e a Universidade
- A importancia das rutinas e os hábitos na univesidade
- Facer a matrícula de 2º de Bacharelato tendo en conta os parámetros de ponderación
- Perder o medo ás ABAU
- Créditos na universidade
- Ventaxas e inconvintes de estudar preto de casa ou noutra cidade distinta
- Diferencias entre vivir nun piso compartido ou nunha residencia
- Horarios académicos distintos segundo o día da semana, na universidade
- Socialización e ocio

miércoles, 27 de abril de 2022

 CALENDARIO ABAU 

Datas que é convinte saber para andar a tempo. Non chega só con saber cales son os días das ABAU. Hai outras que hai que telas na cabeza para non perder prazos. Mira este calendario para este meses.

martes, 29 de marzo de 2022

I FEIRA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL NO CONCELLO DE OLEIROS 

O pasado venres día 25 de marzo, tivo lugar esta feira. Estes eventos son de especial relevancia para a  labor das orientadores e orientadores dos centros educativos dándolle pulo a orientación vocacional

Son oportunidades para que o alumnado se achegue ós stands, e ter información de primeira man, sobre as diferentes opcións académicas e profesionais. 

A organización desta feira empezou no mes de decembro, con varias reunións entres as orientadoras dos tres institutos do Concello de Oleiros, a concelleira de educación e personal da Casa da Mocidade.

Estas xornadas foron a porta cerrada en horario de mañán para o alumnado de 4º de ESO e xa pola tarde estiveron abertas a todo o público.

O abano de participantes foi bastante amplo. Houbo presenza, entre outros  de:

  • Universidade pública e privada
  • Formación Profesional
  • Escola de Pilotos
  • Escola de Tripulantes de Cabina
  • As Forzas Armadas
  • Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia






martes, 22 de marzo de 2022

 EDUREFERENTES FEMININAS EN GALICIA

O noso centro foi un dos seleccionados para participar no programa educativo "Edureferentes" ofertado pola Consellería de Educación. 

A igualdade de oportunidades entre homes e mulleres,  é tamén un dos cometidos da orientación vocacional. Achegar referentes femininos que exercen a súa actividade profesional en distintos ámbitos, axuda a construir unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de estereotipo de xéneros.

Sonia Pazos e Asunción Fieira foron as dúas mulleres referentes que estiveron con nós. Forman parte da Asociación de Executivas de Galicia. A charla estivo dirixida ó alumnado de 2º de Bacharelato.







domingo, 20 de marzo de 2022

 BECAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS E NON UNIVERSITARIOS


Este ano a convocatoria xeral de becas adiántase. O prazo de solicitude abrangue dende o 30 de marzo ata o 12 de maio. 
No caso de alumnado universitario, permítelle saber a cuantía que podería recibir en función dos requisitos económicos, ainda sen ter a certeza de qué estudos universitarios iniciará e donde estará estudando.

lunes, 14 de marzo de 2022

CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN NA ESO E BACHARELATO  

Se clicas no menú superior accedes ó que andas buscando.

sábado, 12 de marzo de 2022

 MODELO DE INFORME FINAL  DE REFORZO EDUCATIVO

A orde de atención á diversidade do 8 de setembro, no seu artigo 48, apartado 4 dice que ao final de cada curso, o profesorado, coordinado pola persoa titora, elaborará un informe individual dos reforzos educativos levados a cabo segundo o modelo deseñado polo departamento de orientación do centro docente. 

Para a súa elaboración contouse coa axuda da orientadora Verónica Río. 

lunes, 7 de marzo de 2022

VISITAS ÁS FACULTADES DA UNIVERSIDADE DE SANTIGO


Despois de varios anos de parón por causa da pandemia,  a USC retomou os encontros na USC. 

O pasado día 4 de Marzo, foi o escollido polo noso centro para que o alumnado de 2º de bacharelato puidese participar, aproveitando que xa estaban aviliados neste segundo trimestre, que acaba de rematar para eles. Xa é o cuarto curso que acudimos.

Cada  alumno escolleu previamente un percorrido de preferencia que abrangue dúas facultades ou centros universitarios. Esta foi a escolla



sábado, 26 de febrero de 2022

 XORNADA INFORMATIVA NA USC

ALGÚN ASPECTO DE INTERESE SOBRE AS ABAU E O ACCESO Á UNIVERSIDADE

Pedro Armas, delegado do Reitor da UDC ante a CIUG, informa:

ABAU
  • Os modelos de examen  ABAU serán modelos COVID
  • As datas xa publicadas con anterioridade serán 7-8-9 de Xuño para a convocatoria ordinaria e 12-13-14 de Xullo para a convocatoria extraordinaria
  • As datas de matrícula serán 23-24 de maio para a convocatoria ordinaria e 27-28 de Xuño para a convocatoria extraordinaria
  • Cambiará un pouco a distribución das aulas. Haberá menos comisións delegadas porque o protocolo de distancia de seguridade nas aulas é de menos separación e permite que haxa máis alumnado nas aulas.
  • Todos os anos se procurará que os exames da convocatoria ordinaria sexan a primeira semana de xuño e na segunda de Xulllo para a convocatoria extraordinaria.
  • En breve subirán á páxina da CIUG o protocolo das ABAU
  • A distribución dos exames ABAU nos tres días seguirá a mesma orde de todos os anos.
  • Os correctores dos exames terán un sistema para introducir as notas.
  • Datos relativos ás reclamacións no último ano: un 30 % das reclamacións presentadas permitiulles subir nota e un 10% a modificación foi á baixa.
ACCESO Á UNIVERSIDADE (recordatorios) 
  • Ter ben claro a orde de relación cando se solicitan as titulacións de grao: 5 carreiras ou 10 se son repetidas
  • Os chamamentos no acceso son normalmene os martes do mes de Xullo
  • Mentras non pechan as carreiras que están por diante non hai a obriga de matricularse.
  • No momento en que se pechen as titulacións que estaban en espera que están por diante, hai que matricularse obrigatoriamente na que se está convocada.
  • As comisións para alumnos con n.e.a.e vai ser en Económicas.

sábado, 29 de enero de 2022

CUESTIÓNS RELATIVAS A NORMATIVA SOBRE A AVALIACIÓN NA ESO E BACHARELATO

En breve será publicada a orde do 25 de xaneiro de 2022, sobre a avaliación na educación primaria, ESO e bacharelato  no Diario Oficial de Galicia. Nesta presentación están recollidos cuestións relativas:
  • promoción
  • titulación
  • consello orientador
  • modificación do calendario escolar
  • programas de diversificación curricular
  • matrículas de honra 

viernes, 14 de enero de 2022

 PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

Lembra que si consigues superar estas probas, poderás acceder a un 10 % das plazas que se oferten en cada ciclo formativo. Pincha no panel para saber máis.

 PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

Acceso á información nesta presentación interactiva.

martes, 4 de enero de 2022

 PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL

Nada máis entrar no portal da Consellería de Educación, na cabeceira hai un recadro,  e ben grande, donde di " volvamos á escola con sentidiño ". Neste apartado hai unha serie de documentos para descarga,  en relación a medidas sanitarias, protocolo Covid e máis cousas...

Na volta segura ás aulas tamén ten que ver a competencia emocional para fortalecer a resiliencia para vencer a esta maldita  pandemia que está a provocar moito sufrimento e malestar nas aulas. Parece lóxico que ademáis de adoptar medidas de protección para evitar os contaxios,  precisamos ter algún botiquín emocional para curar ese malestar. Ás veces é evidente nas aulas pero noutros casos está máis soterrado e precisamos dalgunha estratexia que nos guíe nesa labor de acompañamento como educadores.

É importante sinalar que este plan está pensado para todos os profesionais que traballamos no ámbito da educación, sen que sexa necesario ter coñecementos previos sobre educación emocional. 

Nel inclúense unha contextualización teórica breve, pistas para detectar e acompañar en caso de malestar e dó,  para rematar con propostas didácticas grupais .

Accede a presentación para ver o índice de contidos e preme neles para saber máis...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...