VARIOS EX-ALUMNOS COMPARTEN AS SÚAS EXPERIENCIAS COMO UNIVERSITARIOS
Pablo Forján, Miguel Pérez e Mateo García foron alumnos do noso centro, ata o curso pasado. Este ano están a cursar o seu primeiro curso na universidade. Non cabe dúbida, que a súas experiencias teñen un valor incalculable para o alumnado que en pouco tempo estará iniciando a mesma folla de ruta.
De cando en vez, voltan ó Instituto para recoller o título e nalgún caso para recordar vellos tempos. Así foi como estes tres alumnos, e por iniciativa deles me dixeron que lle gustaría compartir as súas vivencias co alumnado do Instituto. Os escollidos foron as alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato e estiveron con nós onte, día 3 de maio.
Prepararon unha presentación como guión para falarlles de:
- A transición entre o Instituto e a Universidade
- A importancia das rutinas e os hábitos na univesidade
- Facer a matrícula de 2º de Bacharelato tendo en conta os parámetros de ponderación
- Perder o medo ás ABAU
- Créditos na universidade
- Ventaxas e inconvintes de estudar preto de casa ou noutra cidade distinta
- Diferencias entre vivir nun piso compartido ou nunha residencia
- Horarios académicos distintos segundo o día da semana, na universidade
- Socialización e ocio
No hay comentarios:
Publicar un comentario