Mostrando entradas con la etiqueta Universidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Universidade. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de febrero de 2023

 A USC NO NOSO CENTRO


Este ano foi Vicente Moreno, profesor da facultade de Física quen veu ó noso centro, o pasado venres 17 de febreiro, para presentar os estudos da Universidade de Santiago ó alumnado de 2º de bacharelato. Esta foi a presentación que utilizou para informar ó alumnado.







domingo, 12 de diciembre de 2021

 A USC NO NEIRA VILAS UN ANO MÁIS

O programa A ponte da USC ten entre os seus cometidos, tender pontes entre a universidade e os centros de ensino medio para facilitar información e orientación ós futuros estudantes universitarios.

Este curso foi Celso Rodríguez, profesor da USC da facultade de Matemáticas, quen fixo a presentación da Universidade de Santiago e as probas ABAU e ó acceso á universidade, ó alumnado de 2º de Bacharelato. 

Estivo con nós o pasado 1 de decembro. En representación do centro, quixera agradecer a dispoñibilidade desta Universidade, para acudir de xeito presencial ó noso centro, neste segundo curso académico Covid. As circunstancias tan especiais derivadas da situación epidemiolóxica trouxeron consigo a duplicidade das charlas nos dous grupos de bacharelato.


jueves, 25 de marzo de 2021

A USC NO NEIRA VILAS


Este ano foi Carolina Torrón e Javier López González profesores das Facultade de Química e Enxeñaría, quen presentaron á Universidade de Santiago, incluíndo a oferta de graos universitarios e outros aspectos de interese. 

En representación do centro, quixera agradecer a dispoñibilidade desta Universidade, para acudir de xeito presencial ó noso centro, neste curso académico Covid. As circunstancias tan especiais derivadas da situación epidemiolóxica trouxeron consigo a duplicidade das charlas en todos os grupos de bacharelato e en días distintos ( 3 e 23 de Marzo)

miércoles, 11 de diciembre de 2019

O PASO DA USC POLO NOSO CENTRO



Esta semana estivo con nós Francisco Javier López González, profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago, para presentar a oferta académica e outras informacións varias. Xa é a segunda vez que está no noso centro.

Antes de adentrarse neste tema, díxolles a toda a rapazada do noso Instituto que esa carreira de fondo por conseguir unha maior nota e os apuros para dar todo o programa e facer as ABAU, só ocurría en 2º de Bacharelato. 

Despois cando se está a estudar un grao, non hai esa esixencia de ter unha nota determinada para ter un título. Noutras palabras, chega cunha nota mínima dun 5. Sen embargo, puntualizou que cando se decide estudar algo que gusta, é moi probable que as notas sexan máis dun 5.

Deulle tamén importancia o feito de que ir á universidade, é unha opción máis pero que non é a única. Destacou que cursar un ciclo formativo superior e outra alternativa moi interesante, tendo igualmente a oportunidade de cursar un grao universitario, unha vez rematada a Formación Profesional. Puxo como exemplo, que algúns dos seus alumnos que estaban nesta mesma situación, tiñan outras destrezas, habilidades e madurez, comparandoos cos que non estiveran a cursar eses estudos.

Tamén fixo fincapé en que un nunca remata de estudar, a formación ten que ser ao longo da vida, especialmente porque o coñecemento avanza moi rápido.

E xa indo a falar da Universidade, á que representa, comentou a USC é unha das 85 universidades públicas do territorio español. 
  • Falou dos rankings ocupando a séptima posición en España. 
  • Segundo un ranking de Saghai está entre as 400 universidades mellores do mundo.
  • Ten un total de 43 títulos
Velaquí está a presentación con máis información

viernes, 24 de mayo de 2019

APLICACIÓN WEB PARA SABER COMO ESCOLLER NA UNIVERSIDADE


Un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato na materia de Tecnoloxía no IES Chan do Monte de Marín, desarrollaron unha aplicación web, na que será doado acceder a certa información de interese: 
  • Para cantos graos universitarios pondera, cada unha das materias de 2º de Bacharelato, que che permiten subir nota nas probas ABAU
  • Como ponderan en cada un destes grãos
  • Contidos que se imparten en cada unha destas materias
  • Titulacións que se ofertan en Galicia,  nota de corte no presente curso e  plazas que se ofertaron.
  • Ligazón a cada titulación.



lunes, 4 de febrero de 2019

A USC FIXO PRESENZA NO NOSO INSTITUTO




Francisco Javier López González, profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, no Campus Universitario de Lugo e coordinador do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, estivo no noso centro o pasado venres 1 de Febreiro para presentar a oferta formativa da Universidade de Santiago.

A súa mensaxe estivo centrada en que as eleccións vocacionais se tomasen, tendo en conta aquilo polo que realmente están interesados, algo que fose do seu agrado, máis que seren determinadas por modas, prestixio u outros motivos alleos.

Mencionuo os dobles grados que oferta a USC, indicando que a súa oferta por parte da Universidade debeuse máis a unha demanda social. Son graos que implican facer un grande esforzo pola súa carga de créditos, ademáis de ser o acceso aos mesmo complicada pola súa nota de corte tan alta. Tamén aclarou que un alumno cando remata estes graos non ten dous títulos como noutras universidades, ten un único título no que consta que é graduado nas dúas titulacións superadas.

Tamén salientou que as opcións de Formación Profesional Superior son igualmente interesantes y válidas como cursar calquer grao. Como aportación persoal, dada a súa condición de profesor, engadiu que na súa escola había alumnos procedentes de graos superiores das ramas de edificación e obra civil cunha preparación y madurez maior que o alumnado procedente do bacharelato.

Outro aspecto importante que indica, é a pouca demanda que están tendo na actualidade as enxeñarías, razón pola cal as notas de corte non son moi altas. Todo esto fai pensar que nun futuro, estas titulacións acabarán tendo una boa empregabiliade laboral.

Fixo fincapé en que o alumnado que estuda na USC precisa ter un nivel B1 nun idioma estranxeiro para poder graduarse.

Velaquí vos deixo a presentación.

sábado, 24 de noviembre de 2018

PRESENTACIÓN DOS NOVOS GRAOS DA UNIVERSIDADE DE A CORUNA E OUTRAS INFORMACIÓNS

Nas presentacións que se xuntan, están recollidas datos de interese sobre as novas titulacións, así como unha guía sobre a UDC.






martes, 6 de noviembre de 2018

NOVIDADES NA OFERTA DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA E OUTRAS INFORMACIÓNS VARIAS


O pasado Luns, 5 de novembro, a Universidade de A Coruña, convidou ós directores e orientadores dos centros, a participar  nunha xuntanza. Tivo por finalidade dar a coñecer a oferta de actividades, que esta universidade ten programado para o futuro estudantado do curso 2018/19. A continuación, expoño un resumo das consideracións máis importantes:


TITULACIÓNS PREVISTAS PARA O CURSO 2019/20 ( pendentes de aprobación)

- Grao en Ciencias e Enxeñaría de datos e Informática: 

  • Ofertaranse 50 prazas.
  • O graduado nesta titulación sería o responsable de manexar grandes cantidades de datos. Sería como un científico de datos.
  • Non se trata dunha especialidade nin de Matemáticas, nin tampouco de Informática.
  • Debe de profundizar en 
    • Estatística 
    • Almacenamento e procesamento de datos ( Big Data )
    • Aprendizaxe automático ( Intelixencia Artificial )
    • Computación de altas prestacións
- Creación, Animación e contidos dixitais : 

  • Abarca o proceso completo de produción,  de animación e de videoxogos desde diferentes puntos de vista: artístico, comercial, técnico e creativo.
  • Ofertaranse 50 prazas.
  • Impartirase en Coruña na facultade de Ciencias da Comunicación.
  • Poderase acceder dende calquer rama de coñecemento.


TITULACIÓNS QUE   ADOPTARÁN ALGUNHA TRANSFOMACIÓN (curso 2019/20 ) 


- Grao en Xestión Dixital da Información e Documentación: 

  • Sustituirá ao grao en Información e Documentación.
  • Impartirase no campus de Ferrol.
  • Susténtase nas áreas de Comunicación, Información, Software e Estatística
  • Incorporación de contidos dixitais para responder ás necesidades do mercado laboral. 
  • Haberá pasarelas para incorporarse ó novo grao, para aqueles alumnos que non teñan rematada a titulación.
- Grao en Enxeñaría Eléctrica: 
  • Terá un formato dual no último curso para aqueles estudantes de bo expediente Esto quere dicir que parte da súa formación académica levarase a cabo en empresas.
  • Impartirase no camus de Ferrol.

DOUS NOVOS TÍTULOS DE GRAO ( curso 2018/19 )

- Grao  en Xestión Industrial da Moda: 

  • Ofertaronse 50 prazas e está vinculado a rama de coñecemento de Ciencias Sociais e Xurídicas. 
  • Impartese no camus de Ferrol.
  • É un título bilingüe. O 40% das materias impártense en Inglés
  • Aínda que está máis orientado á Xestión Industrial tamén incluirá coñecementos en deseño de moda. 
  • Na elaboración e deseño do título contouse coa colaboración coas empresas do sector téxtil como é o caso de INDITEX. 
  • Para disfrutar dalgún programa de ERASMUS en universidades estranxeiras van a esixir un B2 en Inglés. Ofertarán a posiblidade de darlles formación no Centro de Linguas quen non dispoña da certificación.
  • Os requerimentos para solicitar praza, ademáis de ter superada as probas de acceso á universidade ( ABAU) son: 
    • Certificación Oficial de Nivel B1 de Inglés.
    • Calificación en Inglés igual ou superior a 7, nos dous cursos de Bacharelato.
    • 4º ESO ou un curso de bacharelato superados en sistemas educativos de lingua inglesa.
    • Diploma de dominio B1.2/B1 (ou superior) no Centro de Linguas da Universidade da Coruña.
    A xustificación dos méritos realizarase a través da web do Grao, entre o 1 de marzo é o 1 de xuño : http://gradoindustrialmoda.udc.gal/
  • Consulta o díptico coa información aquí.
- Grao en Paisaxe: 
  • Trátase dun grao interuniversitario. 
  • Os dous primeiros cursos impartiranse na Universidade de Santiago ( campus de  Lugo ) e o resto na universidade de A Coruña. 
  • Teñen previsto regular o plan de materias ou créditos non superados de 2º curso para 3º, priorizando estar matriculado na universidade na que están a cursar máis materias e facilitarlles algunha titoría, ben presencial ou á distancia, para superalas .
  • O graduado nestes estudos ten certa traxectoria no estranxeiro. 
  • O seu plano de estudos integra diferentes áreas: topografía, arquitectura, medioambiente, botánica, xeoloxía e hidroloxía.
  • Tamén ofertaron 50 prazas. 
  • Consulta o díptico coa información aquí.

OFERTA DE GRAOS BILINGÜES DA UDC ( Cun mínimo de 40% de contidos impartidos en Inglés ).

Os requisitos esixibles son similares aos establecidos para o grao de deseño industrial da moda, para todo aquel alumnado que escolla cursar o grao en bilingüe.
GRAOS INTERNACIONAIS DA UDC

  • Cúrsanse os tres primeiros anos na UDC e o último curso nunha universidade de fora de España.
  • Supón a obtención de dous títulos, un correspondería a UDC e o outro é otorgado pola universidade estranxeira.
  • A UDC estableceu acordos bilaterais coa Universidade de Gales do Sur ( Reino Unido ) e tamén en Sidney. Os graos son:
    • Grao en Administración e Dirección de Empresas 
    • Grao en Enxeñaría Informática.
    • Grao en Inglés: estudos lingüísticos e Literarios
    • Grao en Dereito
  • A matrícula sería gratuíta nos países de destino.

ACCIÓNS ENCAMIÑADAS A DAR A COÑECER A OFERTA FORMATIVA DA UDC 

  1. Visitas dos alumnos ós campus de A Coruña.
  2. Visitas dos alumnos ós campus de Ferrol.
  3. Visita ó Centro de Investigación de Ciencias Avanzadas (CICA)
  4. Visita ó Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil ( CITEC )
  5. Visita ó Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicación ( CITIC)
  6. Visita ó Instituto Universitario de Medioambiente
  7. Visita o Centro de Innovación Tecnolóxica ( campus de Ferrol )
  8. Charlas informativas sobre titulacións universitarias.
  9. Charlas de divulgación científica.
  10. Charlas xenéricas: ABAU, EEES, becas e axudas, grados da UDC...

sábado, 1 de septiembre de 2018

GRAO INTERUNIVERSITARIO DE PAISAXE

No presente curso dará comezo este novo grao. Estas novas ensinanzas universitarias serán impartidas en dous campus universitarios: Coruña e Lugo:

  • 1º e 2º curso na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela: campus de Lugo
  • 3º e 4º curso na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
Este díptico recolle as saídas profesionais, o plano de estudos coa distribución das materias nos 4 cursos e outras informacións varias.


miércoles, 16 de mayo de 2018

GRAO EN ENXEÑARÍA QUÍMICA

Diptico con información sobre:
  • Finalidade da titulación.
  • Saídas profesionais.
  • Aspectos mais destacados da titulación.
  • Instalacións da facultade da USC na que se imparte.

jueves, 26 de abril de 2018

GRAO EN XESTIÓN INDUSTRIAL DA MODA

Este novo grao dará comezo no vindeiro curso 2018/19. Será impartido no campus de Ferrol. Tal e como aparece nos folleto é bilingüe castelán/inglés ou galego/inglés.

Os requerimentos para solicitar praza, ademáis de ter superada as probas de acceso á universidade ( ABAU) son: 
  • Certificación Oficial de Nivel B1 de Inglés.
  • Calificación en Inglés igual ou superior a 7, nos dous cursos de Bacharelato.
  • 4º ESO ou un curso de bacharelato superados en sistemas educativos de lingua inglesa.
  • Diploma de dominio B1.2/B1 (ou superior) no Centro de Linguas da Universidade da Coruña.
A xustificación dos méritos realizarase a través da web do Grao, entre o 1 de marzo é o 1 de xuño de 2018: http://gradoindustrialmoda.udc.gal/

FOLLETO GRAO EN XESTIÓN INDUSTRIAL DA MODA CASTELÁN-INGLÉS

                   FOLLETO GRAO EN XESTIÓN INDUSTRIAL DA MODA GALEGO-INGLÉS

viernes, 20 de abril de 2018

GRAO EN ARQUITECTURA TÉCNICA E DOBLE GRAO CON CIENCIAS EMPRESARIAIS

Na presentación destes estudos aparecen varios aspectos, sendo algúns deles os que se recollen a continuación:
1. Presencia da edificación dentro das actividades dos seres humanos.
2. Salidas profesionais.
3. Expectativas do desempeño profesional nesta titulación.
4. Prácticas externas e extracurriculares.
5. Instalacións e equipamento.


jueves, 8 de febrero de 2018

ENCONTROS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO 

Hoxe mesmo, un grupo de 12 alumnos de 2º de Bacharelato e tres profesores, viaxamos a Santiago para establecer unha primeira toma de contacto, coas facultades desta Universidade. Son unhas xornadas de portas abertas, nas que o alumnado ten a posibilidade de visitar dous centros universitarios e hai diferentes itinerarios para escoller.

Unha boa parte dos alumnos que acudiron, quixeron visitar graos relacionados coas ciencias da saúde, sendo Mediciña a máis demandada. Houbo outros que optaron por visitar estudos relacionados coa rama de coñecemento de Ciencias: Farmacia e Bioloxía por unha banda e Enxeñaría Informática e Matemáticas por outra.

Xornalismo e Criminoloxía tamén foron de interese para algunha alumna. Convén indicar, que esta última titulación, será de oferta pública e recoñecida polo Ministerio de Educación no próximo curso. O número de prazas serán 50. 

A valoración feita polo alumnado foi positiva, aínda que nalgún caso, botáron en falta que non se lles ensinasen as instalacións, sobre todo naqueles graos con dependencias e laboratorios. Coido que esto sería importante, para acercalos á realidade dos estudos, que moitos deles pronto darán comezo.

sábado, 18 de noviembre de 2017

NOVIDADES NA OFERTA DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA E OUTRAS INFORMACIÓNS VARIAS


O pasado Luns, 6 de novembro, a Universidade de A Coruña, convidou ós directores e orientadores dos centros, a participar  nunha xuntanza. Tivo por finalidade dar a coñecer a oferta de actividades, que esta universidade ten programado para o futuro estudantado do curso 2017/18. A continuación, expoño un resumo das consideracións máis importantes:

DOUS NOVOS TÍTULOS DE GRAO ( curso 2018/19 )

  1. Grao  en Xestión Industrial da Moda: Ofertaranse 50 prazas e POSIBLIMENTE estará vinculado a rama de coñecemento de Ciencias Sociais e Xurídicas e lóxicamente os parámetros de ponderación aínda están por determinar. Aínda que está máis orientado á Xestión Industrial tamén incluirá coñecementos en deseño de moda. Na elaboración e deseño do título contouse coa colaboración coas empresas do sector téxtil como é o caso de INDITEX. Para disfrutar dalgún programa de ERASMUS en universidades estranxeiras van a esixir un B2 en Inglés.
  2. Grao en Paisaxe: trátase dun grao interuniversitario. Os dous primeiros cursos impartiranse na Universidade de Santiago ( campus de  Lugo ) e o resto na universidade de A Coruña. Teñe previsto regular o plan de materias ou créditos non superados de 2º curso para 3º, priorizando estar matriculado na universidade na que están a cursar máis materias e facilitarlles algunha titoría, ben presencial ou á distancia, para superalas .É unha aposta grande dende diferentes institucións. Tamén ofertarán 50 prazas. Igual  que no caso anterior, están por regular os parámetros de ponderación.
TITULACIÓNS PREVISTAS PARA O CURSO 2019/20 ( pendentes de aprobación)

  1. Ciencias e Enxeñaría de datos e Informática: haberá 50 prazas.
  2. Creación, Animación e contidos dixitais : será simultánea con Comunicación Audiovisual: haberá 50 prazas.
TITULACIÓNS QUE PODERÁN  ADOPTAR ALGUNHA TRANSFOMACIÓN (curso 2019/20 ) 

  1. Grao en Información e Documentación: Incorporación de contidos dixitais para responder ás necesidades do mercado laboral. Haberá pasarelas para incorporarse ó novo grao, para aqueles alumnos que non teñan rematada a titulación.
  2. Doble grao en Administración e Dirección de Empresas e empresarias: tamén terá cambios.
  3. Grao en Enxeñaría Eléctrica: terá un formato dual. Esto quere dicir que parte da súa formación académica levarase a cabo en empresas.
TITULACIÓNS QUE DESAPARECEN

  1. Doble grao de Ciencias Empresariais e Arquitectura: pouca demada deste grao

ACCIÓNS ENCAMIÑADAS A DAR A COÑECER A OFERTA FORMATIVA DA UDC 

  1. Visitas dos alumnos ós campus de A Coruña.
  2. Visitas dos alumnos ós campus de Ferrol.
  3. Visita ó Centro de Investigación de Ciencias Avanzadas (CICA)
  4. Visita ó Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil ( CITEE )
  5. Visita ó Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicación ( CITIC)
  6. Visita ó Instituto Universitario de Medioambiente
  7. Visita o Centro de Innovación Tecnolóxica ( campus de Ferrol )
  8. Charlas informativas sobre titulacións universitarias.
  9. Charlas de divulgación científica.
  10. Charlas genéricas: ABAU, EEES, becas e axudas, grados da UDC...
LIGAZÓN RELACIONADO: ( novidades nas tres universidades galegas )

martes, 20 de junio de 2017

CAMBIO DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS/CONTINUIDADE DOS MESMO NOUTRA UNIVERSIDADE


Os estudantes con estudos universitarios iniciados e non rematados poden solicitar:

  • Facer outros estudos distintos.
  • Continuar os mesmos noutra universidade distinta
Precisas ter 30 créditos aprobados na universidade de orixe para poder solicitar un cambio de expediente.

Cada universidade establece o número de prazas reservadas para traslado e tamén o seu procedemento. 

No seguinte taboleiro tes información en relación a este tema, nas tres universidades galegas.

NOTAS ACLARATORIAS: 

  • O número de prazas establecido pola Universidade de Santiago está pendente de actualizarse na USC.
  • O traslado de espediente na USC só é posible para continuar os mesmo estudos, non permiten o cambio dun grao a outro. 
  • A Universidade de A Coruña establece un porcentaxe máximo dun 20% para cada titulación, no que se terá en conta o expediente académico ( aparece destacado no documento do taboleiro ). SE PRECISAS SABER O NÚMERO DE PRAZAS, TES QUE CONSULTAR A PÁXINA WEB DE CADA FACULTADE, XA QUE NON DISPOÑEN DA INFORMACIÓN NOS LERD DA UNIVERSIDADE.


Hecho con Padlet

PREINSCRIPCIÓN EN UNIVERSIDADES DE FÓRA DE GALICIA



  • Debes ter en conta que para matricularte nunha Universidade de fora da nosa Comunidade deberías solicitar cambio de distrito. Para facer este trámite terás que ir ó LERD que che corresponda coa seguinte documentación:
       - Fotocopia do DNI
       - Tarxeta de cualificación das PAU
       - Carta de admisión da Universidade donde estás admitido.

Deste xeito aboando unhas tasas daranche unha xustificación para presentar no distrito donde efectúes a matrícula.


viernes, 26 de mayo de 2017

MENTRES NON SON AS ABAU

PARABENS!!!! para todos os que rematastes  2º de Bacharelato . Agora queda dar un repaso a todo,  para ir ben preparado e sacar a máxima nota posible, sobre todo para os que tedes que ter unha cualificación alta para acceder ó grao universitario que queredes. Moita sorte!!! Mentras tanto, bota unha ollada a estas ligazóns,  por se podes atopar algo útil e algún consello práctico para as probas que che quedan por facer, así como axuda para o proceso de solicitude de praza na Universidade.

jueves, 25 de mayo de 2017

CONSULTA AS NOTAS DE CORTE DE TODAS AS UNIVERSIDADES DE ESPAÑA


Neste taboleiro están as notas de corte de todas as Universidades de España, tanto públicas como privadas. Están organizadas por Comunidades Autónomas. Recorda que a nota de corte, non é unha nota que esixa cada Universidade, senón que é a nota do alumno, a quen lle adxudicaron a última praza de cada grao universitario.

Hecho con Padlet

martes, 23 de mayo de 2017

OS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO PODEN SER OUTRA POSIBILIDADE

Se aínda non tes moi claro que camiño escoller, os estudos de deseño de moda, de producto,  de interiores e gráfico poden ser outra opción para pensar. Recorda que os títulos son interactivos.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...