NOVIDADES NA OFERTA DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA E OUTRAS INFORMACIÓNS VARIAS
O pasado Luns, 5 de novembro, a Universidade de A Coruña, convidou ós directores e orientadores dos centros, a participar nunha xuntanza. Tivo por finalidade dar a coñecer a oferta de actividades, que esta universidade ten programado para o futuro estudantado do curso 2018/19. A continuación, expoño un resumo das consideracións máis importantes:
TITULACIÓNS PREVISTAS PARA O CURSO 2019/20 ( pendentes de aprobación)
- Grao en Ciencias e Enxeñaría de datos e Informática:
- Grao en Ciencias e Enxeñaría de datos e Informática:
- Ofertaranse 50 prazas.
- O graduado nesta titulación sería o responsable de manexar grandes cantidades de datos. Sería como un científico de datos.
- Non se trata dunha especialidade nin de Matemáticas, nin tampouco de Informática.
- Debe de profundizar en
- Estatística
- Almacenamento e procesamento de datos ( Big Data )
- Aprendizaxe automático ( Intelixencia Artificial )
- Computación de altas prestacións
- Abarca o proceso completo de produción, de animación e de videoxogos desde diferentes puntos de vista: artístico, comercial, técnico e creativo.
- Ofertaranse 50 prazas.
- Impartirase en Coruña na facultade de Ciencias da Comunicación.
- Poderase acceder dende calquer rama de coñecemento.
TITULACIÓNS QUE ADOPTARÁN ALGUNHA TRANSFOMACIÓN (curso 2019/20 )
- Grao en Xestión Dixital da Información e Documentación:
- Sustituirá ao grao en Información e Documentación.
- Impartirase no campus de Ferrol.
- Susténtase nas áreas de Comunicación, Información, Software e Estatística
- Incorporación de contidos dixitais para responder ás necesidades do mercado laboral.
- Haberá pasarelas para incorporarse ó novo grao, para aqueles alumnos que non teñan rematada a titulación.
- Terá un formato dual no último curso para aqueles estudantes de bo expediente Esto quere dicir que parte da súa formación académica levarase a cabo en empresas.
- Impartirase no camus de Ferrol.
- Grao en Xestión Industrial da Moda:
- Ofertaronse 50 prazas e está vinculado a rama de coñecemento de Ciencias Sociais e Xurídicas.
- Impartese no camus de Ferrol.
- É un título bilingüe. O 40% das materias impártense en Inglés
- Aínda que está máis orientado á Xestión Industrial tamén incluirá coñecementos en deseño de moda.
- Na elaboración e deseño do título contouse coa colaboración coas empresas do sector téxtil como é o caso de INDITEX.
- Para disfrutar dalgún programa de ERASMUS en universidades estranxeiras van a esixir un B2 en Inglés. Ofertarán a posiblidade de darlles formación no Centro de Linguas quen non dispoña da certificación.
- Os requerimentos para solicitar praza, ademáis de ter superada as probas de acceso á universidade ( ABAU) son:
- Certificación Oficial de Nivel B1 de Inglés.
- Calificación en Inglés igual ou superior a 7, nos dous cursos de Bacharelato.
- 4º ESO ou un curso de bacharelato superados en sistemas educativos de lingua inglesa.
- Diploma de dominio B1.2/B1 (ou superior) no Centro de Linguas da Universidade da Coruña.
udc.gal/ - Consulta o díptico coa información aquí.
- Trátase dun grao interuniversitario.
- Os dous primeiros cursos impartiranse na Universidade de Santiago ( campus de Lugo ) e o resto na universidade de A Coruña.
- Teñen previsto regular o plan de materias ou créditos non superados de 2º curso para 3º, priorizando estar matriculado na universidade na que están a cursar máis materias e facilitarlles algunha titoría, ben presencial ou á distancia, para superalas .
- O graduado nestes estudos ten certa traxectoria no estranxeiro.
- O seu plano de estudos integra diferentes áreas: topografía, arquitectura, medioambiente, botánica, xeoloxía e hidroloxía.
- Tamén ofertaron 50 prazas.
- Consulta o díptico coa información aquí.
OFERTA DE GRAOS BILINGÜES DA UDC ( Cun mínimo de 40% de contidos impartidos en Inglés ).
Os requisitos esixibles son similares aos establecidos para o grao de deseño industrial da moda, para todo aquel alumnado que escolla cursar o grao en bilingüe.
- Grao en Administración e dirección de empresas
- Grao en Arquitectura
- Grao en Bioloxía
- Grao en Química
- Grao en Dereito
- Grao en Economía
- Grao en Enxeñaría Informática
- Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
- Cúrsanse os tres primeiros anos na UDC e o último curso nunha universidade de fora de España.
- Supón a obtención de dous títulos, un correspondería a UDC e o outro é otorgado pola universidade estranxeira.
- A UDC estableceu acordos bilaterais coa Universidade de Gales do Sur ( Reino Unido ) e tamén en Sidney. Os graos son:
- Grao en Administración e Dirección de Empresas
- Grao en Enxeñaría Informática.
- Grao en Inglés: estudos lingüísticos e Literarios
- Grao en Dereito
- A matrícula sería gratuíta nos países de destino.
ACCIÓNS ENCAMIÑADAS A DAR A COÑECER A OFERTA FORMATIVA DA UDC
- Visitas dos alumnos ós campus de A Coruña.
- Visitas dos alumnos ós campus de Ferrol.
- Visita ó Centro de Investigación de Ciencias Avanzadas (CICA)
- Visita ó Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil ( CITEC )
- Visita ó Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicación ( CITIC)
- Visita ó Instituto Universitario de Medioambiente
- Visita o Centro de Innovación Tecnolóxica ( campus de Ferrol )
- Charlas informativas sobre titulacións universitarias.
- Charlas de divulgación científica.
- Charlas xenéricas: ABAU, EEES, becas e axudas, grados da UDC...
No hay comentarios:
Publicar un comentario