NANOCIENCIA E NANOTECNOLOXÍA: UNHA NOVA TITULACIÓN DA UDC
Nunha publicación anterior xa fixen unha breve reseña deste grao. En Decembro, asistín a unha xornada da Universidade da Coruña, na cal se nos presentaban as novidades, de cara o curso vindeiro, sendo ésta unha delas.
Nesta xuntanza estaba Moisés Canle, profesor da UDC, presentando este novo grao. Esta foi a razón de invitalo ó noso centro, o pasado mércores día 19 de febreiro, para dar a coñecer ó alumnado de bacharelato esta nova titulación, que dará comenzo o curso vindeiro.
O relator empezou a súa disertación, explicando que ao longo da historia podemos atopar exemplos de aplicacións nanotecnolóxicas. As vidrieiras da idade media é unha mostra de que modificando as propiedades dos cristais a tamaños de nanoparticulas, consigues variar a súa cor. É dicir, que os artesanos estaban facendo nanociencia sen sabelo.
Se entendín ben o que é unha nanopartícula, o seu diámetro sería máis pequeno que o grosor dun pelo.
O estudo e a investigación neste campo, en palabras de Moises, ten moitas aplicacións, e algunhas son insospeitadas de cara ó futuro. Referido ao campo da biomedicina, nos falou das máquinas moleculares, e mesmo nos amosou un video, para comprender o seu funcionamento e descubrir as sorprendentes posibilidades que isto pode ter, para paliar as deficiencias de mobilidade nos seres humanos.
Tamén nos amosou datos sobre o número de empresas nanotecnolóxicas creadas en España nos últimos anos. As microempresas con menos de dez traballadores son as que teñen máis cota de mercado.
Nesta titulación ofertaránse 50 plazas. Está pendente de ser validada pola axencia ANECA. A CIUG xa publicou as materias que ponderaban para este grao:
- Bioloxía ( 0,2 )
- Física ( 0,2 )
- Matemáticas ( 0,2 )
- Química ( 0,2 )
- Xeoloxía ( 0,1 )