viernes, 28 de febrero de 2020

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES  EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2020

A Consellería de Educación ven de publicar a orde pola cal se conceden axudas para realizar actividades de inmersión lingüística, tanto na nosa Comunidade Autónoma como nos países de:
  • Francia*
  • Portugal*
  • Canadá*
  • Reino Unido*
* Só para alumnado que curse Bacharelato no curso vindeiro.

IMPORTANTE: o alumnado que para o curso que ven inicie  1º ou 2º de Bacharelato, pode solicitar unha actividade de integración ( en familia ou residencia máis centro educativo ) fóra de España, durante tres ou catro semanas a principios do curso 2020/21.

lunes, 24 de febrero de 2020

VIDEO EXPLICATIVO DA SELECTIVIDADE EN GALICIA


A CIUG ( Comisión interuniversitaria Galega) encargada da organización das ABAU e o proceso de acceso á universidade, crea este video para explicar:
  • características fundamentais das probas
  • etiquetas identificativas e a súa colocación nos caderniños de cada exame.
  • datas e horarios
  • comisións donde se realizas as probas
  • prohibición de usos de dispositivos móviles e reloxos intelixentes.

domingo, 23 de febrero de 2020

NANOCIENCIA E NANOTECNOLOXÍA: UNHA NOVA TITULACIÓN DA UDC


Nunha publicación anterior xa fixen unha breve reseña deste grao. En Decembro, asistín a unha xornada da Universidade da Coruña, na cal se nos presentaban as novidades, de cara o curso vindeiro, sendo ésta unha delas. 

Nesta xuntanza estaba Moisés Canle, profesor da UDC,  presentando este novo grao. Esta foi a razón de invitalo ó noso centro, o pasado mércores día 19 de febreiro, para dar a  coñecer ó alumnado de bacharelato esta nova titulación, que dará comenzo o curso vindeiro. 

O relator empezou a súa disertación, explicando que ao longo da historia podemos atopar exemplos de aplicacións nanotecnolóxicas. As vidrieiras da idade media é unha mostra de que modificando as propiedades dos cristais a tamaños de nanoparticulas, consigues variar a súa cor. É dicir, que os artesanos estaban facendo nanociencia sen sabelo.

Se entendín ben o que é unha nanopartícula, o seu diámetro sería máis pequeno que o grosor dun pelo.


O estudo e a investigación neste campo, en palabras de Moises, ten moitas aplicacións, e algunhas son insospeitadas de cara ó futuro. Referido ao campo da biomedicina,  nos falou das máquinas moleculares, e mesmo nos amosou un video, para comprender o seu funcionamento e descubrir as sorprendentes posibilidades que isto pode ter, para paliar as deficiencias de mobilidade nos seres humanos.

Tamén nos amosou datos sobre o número de empresas nanotecnolóxicas creadas en España nos últimos anos. As microempresas con menos de dez traballadores son as que teñen máis cota de mercado.

Nesta titulación ofertaránse 50 plazas. Está pendente de ser validada pola axencia ANECA. A CIUG xa publicou as materias que ponderaban para este grao: 
  • Bioloxía ( 0,2 )
  • Física ( 0,2 )
  • Matemáticas ( 0,2 )
  • Química ( 0,2 )
  • Xeoloxía ( 0,1 )

lunes, 10 de febrero de 2020

UNHA PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO COA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO


Xa é o terceiro ano que o noso alumnado de 1º de Bacharelato visita os distintos centros universitarios da USC  ( antes chamados facultades). Asistimos un total de 37 alumnos e 3 profesores, o pasado xoves 6 de Febreiro. 

Cada un dos alumnos escolleu un itinerario da súa preferencia.Cada un destes percorridos
permite ver dous centros universitarios. 

Este ano quixen estar cos alumnos que escolleron visitar a facultade de Psicoloxía e Ciencias da Educación. 

En Psicoloxía recibiunos a vicedecana no salón de actos. Fixo a presentación destes estudos, destacando os seguintes aspectos:
  • Trátase dunha ciencia que estuda mediante o método científico, a forma en que as persoas peciben, senten, pensan e actúan. Tamén se podería definir como a ciencia que estuda a conduta.
  • Nos dous primeiros anos estúdanse os procesos psicolóxicos básicos: atención, percepción, memoria...
  • No plan de estudos hai materias relacionadas coa bioloxía e as matemáticas.
  • Os ámbitos de actuación son tres:
    • Psicoloxía social situada no eido das empresas dentro dos departamentos de recursos humanos e tamén facendo intervencións en problemáticas sociais. Tamén chamada Psicoloxía do traballo e as Organizacións que se ocupa do desenvolvemento persoal e profesional dos traballadores e a xestión de recursos humanos.
    • Psicoloxía da educación estuda o desenvolvemento do ser humano e as distintas etapas evolutivas para poder optimizar e previr disfuncións da aprendizaxe e o desenvolvemento psicolóxico.
    • Psicoloxía clínica para intervir en problemas de saúde mental. Avaliación, diagnóstico, tratamento e prevención que afectan á saúde mental e á conducta adaptativa, en condicións que podan xerar malestar subxectivo e sufrimento dos individuos. Existe a figura do PIR ( Psicólogo interno residente ) para obter o título de psicólogo clínico. Convócanse oposicións a nivel estatal para optar a esta titulación. Na última convocatoria sacaron 120 prazas para toda España.
  • Actualmente na facultade de psicoloxía hai tres unidades de investigación e asistencia:
    • Unha delas está dirixida ao deporte prestando servizos en federacións deportivas.
    • Outra delas está enfocada no tabaquismo e trastornos adictivos.
    • A terceira está enfocada en temas de violencia de xénero.
  • Tamén hai o GIPCE, grupo de intervención psicolóxica en catastrofes e emerxencias. Este grupo foi de vital importancia no accidente ferroviario de Angrois.
  • E xa por último indiciou que afortunadamente, trátase dun profesional que está máis presente na sociedade ca fai uns anos. 
Posteriormente visitamos un laboratorio, algunha aula e o museo de psicoloxía ( único en España ).



A medida que nos foron amosando as instalacións, tamén nos respostaron a  algunhas das dúbidas e preguntas que os estudantes de novo ingreso acostuman a plantexar:
  • Impedimentos cando un alumno non cursa o bacharelato de Ciencias: para os alumnos que non cursaron Bioloxía, o profesorado facilita material complementario e adicional para cubrir esta falta de coñecementos.
  • En bioloxía estúdanse as bases biolóxicas do Sistema Nervioso Central para coñecer a relación entre conduta e cerebro. Poderíamos dicir que o cerebro é o noso comandante xeral. No laboratorio hai maquetas para coñecer as distintas estructuras cerebrales. Déronnos a coñecer unha ferramenta online que facilita o seu estudo http://www.g2conline.or
  • As matemáticas que se cursan en Psicoloxía non son excesivamente complicadas
  • Os exámenes son de tipo test, agás nas materias relaciondas coas Matemáticas.
E xa por último fomos recibidos por profesores de Ciencias da Educación que comprenden:
  • Mestres nas diferentes especialidades que están ubicados no campus norte
  • Pedagoxía que está no campus sur ( no edificio pegado a psicoloxía ). Disciplina que estuda os proceso de cambio, mellora e innovación das persoas e institucións, dentro do sistema educativo e organización comunitaria e laboral
  • Educación Social: estes profesionales traballan con colectivos de exclusión social, grupos máis vulnerables con adicions, vitimas de violencia de xénero, persoas maiores e dependentes. Desenvolven a súa labor en ONGs, concellos, asociacions, centros de día...


sábado, 8 de febrero de 2020

PROBAS DE ACCESO Á CICLOS FORMATIVOS SUPERIORES

Este luns día 10 de Febreiro empezóu o prazo para inscribirse estas probas. Lembra que si consigues superar estas probas, poderás acceder a un 10 % das plazas que se oferten en cada ciclo formativo. 
Pincha no panel para saber máissss.

PROBAS DE ACCESO Á CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO


Como cada ano, a Consellería de Educación convoca unhas probas para poder acceder ós ciclos de grao medio sen ter o título de Graduado na ESO

É importante que saibas, que das prazas ofertadas para cada ciclo formativo de grao medio, resérvase un 10% das prazas ofertadas.

Clica nos distintos apartados para acceder a toda a información

viernes, 7 de febrero de 2020

NON TE QUEDES CON NINGUNHA DÚBIDA SOBRE O ACCESO Á UNIVERSIDADE E AS PROBAS ABAU

A CIUG publicou unha serie de preguntas coas súas respoostas. Son as máis frecuentes entre o alumnado e profesorado. Están divididas en dous apartados:
  1. En relación ás ABAU hai un total de 35 preguntas. 
  2. En relación ó acceso á universidade hai 32 preguntas
Pincha nas imaxes para acceder a elas.