O PASO DA USC POLO NOSO CENTRO
Esta semana estivo con nós Francisco Javier López González, profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago, para presentar a oferta académica e outras informacións varias. Xa é a segunda vez que está no noso centro.
Antes de adentrarse neste tema, díxolles a toda a rapazada do noso Instituto que esa carreira de fondo por conseguir unha maior nota e os apuros para dar todo o programa e facer as ABAU, só ocurría en 2º de Bacharelato.
Despois cando se está a estudar un grao, non hai esa esixencia de ter unha nota determinada para ter un título. Noutras palabras, chega cunha nota mínima dun 5. Sen embargo, puntualizou que cando se decide estudar algo que gusta, é moi probable que as notas sexan máis dun 5.
Deulle tamén importancia o feito de que ir á universidade, é unha opción máis pero que non é a única. Destacou que cursar un ciclo formativo superior e outra alternativa moi interesante, tendo igualmente a oportunidade de cursar un grao universitario, unha vez rematada a Formación Profesional. Puxo como exemplo, que algúns dos seus alumnos que estaban nesta mesma situación, tiñan outras destrezas, habilidades e madurez, comparandoos cos que non estiveran a cursar eses estudos.
Tamén fixo fincapé en que un nunca remata de estudar, a formación ten que ser ao longo da vida, especialmente porque o coñecemento avanza moi rápido.
E xa indo a falar da Universidade, á que representa, comentou a USC é unha das 85 universidades públicas do territorio español.
- Falou dos rankings ocupando a séptima posición en España.
- Segundo un ranking de Saghai está entre as 400 universidades mellores do mundo.
- Ten un total de 43 títulos