miércoles, 11 de diciembre de 2019

O PASO DA USC POLO NOSO CENTRO



Esta semana estivo con nós Francisco Javier López González, profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago, para presentar a oferta académica e outras informacións varias. Xa é a segunda vez que está no noso centro.

Antes de adentrarse neste tema, díxolles a toda a rapazada do noso Instituto que esa carreira de fondo por conseguir unha maior nota e os apuros para dar todo o programa e facer as ABAU, só ocurría en 2º de Bacharelato

Despois cando se está a estudar un grao, non hai esa esixencia de ter unha nota determinada para ter un título. Noutras palabras, chega cunha nota mínima dun 5. Sen embargo, puntualizou que cando se decide estudar algo que gusta, é moi probable que as notas sexan máis dun 5.

Deulle tamén importancia o feito de que ir á universidade, é unha opción máis pero que non é a única. Destacou que cursar un ciclo formativo superior e outra alternativa moi interesante, tendo igualmente a oportunidade de cursar un grao universitario, unha vez rematada a Formación Profesional. Puxo como exemplo, que algúns dos seus alumnos que estaban nesta mesma situación, tiñan outras destrezas, habilidades e madurez, comparandoos cos que non estiveran a cursar eses estudos.

Tamén fixo fincapé en que un nunca remata de estudar, a formación ten que ser ao longo da vida, especialmente porque o coñecemento avanza moi rápido.

E xa indo a falar da Universidade, á que representa, comentou a USC é unha das 85 universidades públicas do territorio español. 
  • Falou dos rankings ocupando a séptima posición en España. 
  • Segundo un ranking de Saghai está entre as 400 universidades mellores do mundo.
  • Ten un total de 43 títulos
Velaquí está a presentación con máis información

martes, 10 de diciembre de 2019

NOVIDADES DA UDC, CAMBIOS NAS ABAU E OUTROS ASPECTOS DE INTERESE


O pasado luns, 10 de decembro a Universidade de A Coruña convidou ós directores e orientadores a unha xuntanza para darnos a coñecer as novidades para o curso 2019/20 e incidir en outros aspectos.

Como xa é sabido por todos nós no curso 2018/19 implantáronse os seguintes graos (se premes aquí tes máis información ):

  • Grao en Xestión da Moda ( impártese no campus de Ferrol)
  • Grao en Paisaxe ( grao interuniversitario) 
No curso actual 2019/20 os graos que están empezando son:
  • Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos. 
    • Teñen previsto nun futuro ofertar o dobre grao en Comunicación Audiovisual e Creación Dixital, Animación e Videoxogos
  • Grao en Ciencia e Enxeñaría de datos
  • Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación.
1ª NOVIDADE DE INTERESE

- Paro o curso 2020/21 este é o grao que se vai implantar:
  • Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Moisés Canle López , profesor da UDC, foi que presentou este grao. Aspectos que explican estes novos estudos:
  • manipulacións de partículas moi pequenas en tamaño nano para poder cambiar as súas propiedades. 
  • unha das numerosas  aplicacións prácticas que pode ter será no múndo da  cosmética.
  • o grao será bilingüe tendo que acreditar nun plazo de 6 meses dende a matrícula o equivalente a un B1 en Inglés. Esta acreditación pode ser:
    • Con certificacións académicas oficiais
    • Tendo unha media de 7 nos dous cursos de bacharelato en Inglés
    • Tendo cursado un ano académico fóra en un país de fala inglesa
  • os obxectivos serán o estudo de fenómenos físicoquímicos a escala nanoscópica.
2ª NOVIDADE DE INTERESE
O Grao de Turismo pasa a ser de oferta pública:

  • O custo da matrícula estará ó redor de 400 Euros
  • Vai estar situado na facultade de filoloxía na Zapateira e posiblemente co tempo teña un edificio propio.
3ª NOVIDADE DE INTERESE EN RELACIÓN ÁS ABAU

  • Os exames terán lugar os días 9, 10 e 11 de xuño e 7, 8, e 9 de xullo (martes, mércores e xoves en ambos os casos, que é distinto ao que se viña facendo).
  • Amplíase o horario de exames da ABAU, que inclúe a tarde do terceiro día (11 de xuño e 9 de xullo). Esta nova franxa horaria está reservada para posibles incidencias que poidan xurdir.
  • Para evitar a difícil decisión que existía dos dous procesos para subir a cualificación, xúntanse nun único proceso as Reclamacións, as Segundas correccións e as Reclamacións á segunda corrección que pasan a chamarse Revisión. ( Preme aquí para ter máis información)
BOLSAS E AXUDAS PROPIAS DA UDC

  • Transporte urbano e metropolitano ( con tarxeta bonobus o precio pode chegar a ser 0'30 euros.
  • Residencias Universitarias Públicas en A Coruña e Ferrol.
    • En A Coruña está ubicada aredor do IES Calvo Sotelo e chámase Elvira Bao e ten un prezo  medio de 100 Euros ao mes.
    • En Ferrol a residencia pública está no barrio da Magdalena, no centro.
  • Comedor. Concédense 200 axudas para situacións económicas de poucos ingresos.
  • Axudas para alumnado con dificultades económicas sobrevidas:
    • alumnado que non lle fose aprobada a beca do MEC ( ten en conta a renta do ano fiscal anterior ) con menos ingresos no ano en curso.
    • alumnado en situación de orfandade reciente.
  • Alumnado deportista e alto nivel: debido ás horas que ten que adicar á adestramento non pode chegar ó nivel académico esixido para disfrutar da beca xeral do MEC.  
  • Becas de colaboración nos departamentos para poñer en práctica o estudado.
Para ter máis información sobre este apartado, preme aquí.

SOLICITUDE DE INFORMACIÓN DURANTE O CURSO

A USC a través do SAPE ( Servizo de asesoramento e promoción do estudante ) dá a posibilidade de facer calquer consulta sobre graos, acceso ós estudos universitarios, becas ... premendo nesta imaxe.






lunes, 2 de diciembre de 2019

UNHA EX-ALUMNA FÁLANOS DO DOBRE GRAO DE BIOLOXÍA E QUÍMICA


Carmen Rodríguez Coronado, ex-alumna do noso centro estivo con nós no día de hoxe para falarnos do doble grao de Bioloxía e Química que está a cursar na Universidade de A Coruña. 

Está  cursando o terceiro curso deste grao. Conta que fai tres anos, ela estaba na mesma situación que está agora o alumnado de 2º de Bacharelato, sen saber que rumbo escoller. Só tiña claro que facendo unha modalidade de Ciencias, os graos do ámbito clínico non eran do seu agrado. Un factor de peso na decisión que tomou, tivo que ver que no caso de que o doble grao lle supuxese moita esixencia, sempre lle quedaba a posibilidade de continuar ou ben facendo só Bioloxía ou Química, como así foi o caso dalgunha das súas compañeiroas. Ou sexa, que por dudas tivo ata o último momento cando estaba a cubrir o impreso de petición de graos, a través da aplicación NERTA.

Fálanos de que estes estudos, teñen moita práctica de laboratorio, normalmente polas tardes. Sabe que noutras carreiras como enfermaría ou fisioterapia non hai tantas.

Neste primeiro cuadrimestre, ten 3 materias de Bioloxía e outras 3 de Química. Ela prefire que sexa así, porque no caso de que cada cuadrimestre fose exclusivamente para cada un dos estudos, esqueceríase de algún e non tería todo tan fresco.

A duración do grao son 5 anos, pero en realidade son, como dí Carmen, son 6 porque ao rematar tes que facer 2 TFG ( traballo fin de grao ) e poden levar tranquilamente o curso enteiro.

Concedéronlle unha beca de colaboración para traballar no departamento de Bioloxía. Polo de agora non pode aportar moitos datos, porque empezou onte, pero  supón que terá que preparar algunhas prácticas. Carmen di que a solicitou para aprender algo e que quede no currículo.

Entre os seus plans está solicitar facer prácticas externas con algunha empresa en 4º curso. Polo que nos dixo, a facultade ten convenio coa Estrella Galicia.

A primeira promoción deste doble Grao saíu en Xuño deste ano. Graduáronse 3 alumnos.

No seu caso non solicitou un programa Erasmus pero dí que coñece quen o está a facer. Teñen que presentar unha lista de materias do grao que están a facer, para convalidar na universidade á cal se vai e ten que haber coincidencia nos contidos. Normalmente, solicítanse en 3º ou 4º curso, aínda que hai alumn@s que o fan en 5º.

Por último, tamén contou a súa experiencia cando lle tocou presentarse ás ABAU. No seu caso só se presentou á fase voluntaria porque foi unha alumna bachibac no noso centro e non precisou de facer a faxe xeral, posto que tivo que facer a proba externa para ter a dobre titulación de bacharelato. En todo caso, non lle pareceron exames difíciles e deulle tempo de sobra a facelos ( hora e media) porque cando estaba no Instituto sempre eras das últimas en entregar.

sábado, 30 de noviembre de 2019

FACER QUE LER SEXA FÁCIL


O acceso á información escrita debe de ser doado para calquer persoa, sen demasiados estorbos. Eliminar estas dificultades na escrita constitúen algunhas das adaptacións metodolóxicas, que a nosa lexislación recolle como medidas de reforzo educativo.

A QUEN BENEFICIAMOS?
  • Alumnado con discapacidade intelectual
  • Alumnado con deficiencia visual
  • Inmigrantes que non falen o noso idioma
  • Alumnado con dislexia
  • Alumnado con trastorno por déficit de atención e hiperactividad

COMO FACEMOS PARA QUE UN TEXTO SEXA DE LECTURA FÁCIL?

  • Escribir frases curtas, cunha sóa idea principal e cunha estructura ordenada ( S + V + C )
  • Evitar as dobles negativas
  • Utilizar preferiblemente a voz activa en vez da pasiva. Dificulta a comprensión e  a localización do executor da acción
  • Non abusar do condicional. 
  • Evitar conceptos abstractos, linguaxe figurada.
  • Preferiblemente, deberase reiterar o suxeto e non omitilo ou sustituilo por pronomes.
  • Cando se introduce novo vocabulario debe de apoiarse con imaxes ou definilo a modo de glosario na mesma páxina.
  • Evitar abreviaturas e siglas.
  • Evitar tecnicismos ou palabras doutras linguas.


QUE FORMATO DEBEMOS DE UTILIZAR ?

  • As marxes e interliñados deben de ser xenerosos.
  • Non se debe de usar a sangría no texto
  • Non se debe de poñer moito texto nunha mesma páxina.
  • Párrafos breves encabezados con subtítulos con non máis de 8 liñas
  • É preferible utilizar minúsculas posto que as maiúsculas en bloque son máis difíciles de ler.
  • O tamaño de letra debe de ser grande un 14 ou como mínimo 12
  • Non usar máis de dous tipos de letras: recoméndanse letras sin serifa ( que non teñen  adornos). As máis aconselladas son: Arial, Tahoma, Calibri e Verdana.
  • Non se deben de utilizar letras sombredas, nin con relevo.
  • Evitar a cursiva. É máis difícil de ler.
  • Uso moderado de negritas e subliñado.
  • Se os caracteres son blancos o fondo debe de ser oscuro, e se o fondo é branco o color do texto debe de ser oscuro.




  • O texto ten que estar xustificado á esquerda. Deste xeito axuda á vista no paso dunha liña a seguinte.

  • Nos listados é mellor utilizar viñetas, en vez de números.
  • Se é posible non cortar as oracións ao final dunha páxina.
  • Non superpoñer texto sobre imáxes.
COMO DEBEN DE SER OS SIGNOS DE PUNTUACIÓN?

  • Utilizar os signos de puntuación máis frecuentes: o punto (.) e a coma (,)
  • Os paréntesis non deben de utilizarse para incisos e aclaracións. É preferible resaltar a palabra en negrita ou subliñada e explicala na marxe, a modo de glosario.
COMO DEBEN DE SER OS NÚMEROS ?

  • Debemos de escribir "5" e non "cinco"
  • Evitar o números romanos
  • Coas datas debemos de utilizar o formato completo: "28 de febrero de 2012" mellor que 28/2/12
  • As porcentaxes deberán de evitarse e procurar ofrecer a información doutra maneira: en vez de 20% ,1 de cada 5
  • Os números de teléfono separados: 623 76 89 42
  • Os números grandes son máis complicados para entender. Ex: podemos utilizar " maís de 3000" en vez do número 3825
IMAXES
  • Non se debe de utilizar unha imaxe como fondo dun texto
  • Se se utilizan imaxes + texto, é recomendable colocalas a un lado mellor que intercaladas.
  • Se se utilizan debuxos, esquemas, débense facer con trazos sinxelos e grosos pero con poucos detalles.
ASPECTOS A TER EN CONTA NAS PRESENTACIÓNS

  • Regla do 6: 
    • Non máis de 6 palabras por liña
    • Non máis de 6 liñas de texto
    • Non máis de 6 elementos nun gráfico
  • Letra, espacios e títulos
    • Tamaño: 28 puntos
    • Non máis de 30 caracteres por liña
    • Interliñado 1,5 ou 2 veces máis grande que o que separa as palabras
    • Usar maiúsculas con coidado xa que son difíciles de ler
    • Os títulos non deben de levar máis de 5 palabras
  • Gráficos sinxelos e con datos claros. Non máis dun gráfico por diapositiva



  • Cores
    • Non máis de 3 colores por diapositiva
    • Mellor fondo oscuro e texto claro que fondo claro e texto oscuro
    • A cor vermella provoca moita saturación. Debe de evitarse.
  • Transicións
    • Utilizar as transicións que son de desvanecer, disolver e aparecer porque manteñen mellor a atención
    • Evitar ruídos, clicks, disparos salvo en momentos concretos para chamar a atención
    • Evitar transicións longas, aparicións letra a letra
    • Evitar tamén os xiros e voltas porque fatigan e descentran.
Ligazóns para ampliar información:


lunes, 4 de noviembre de 2019

TRINTA CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO NA CONTORNA DE OLEIROS

Velaquí tes cada un destes ciclos. Descubre: 
  • Que vas aprender
  • Donde podes traballar
  • Cales son as principais ocupacións laborais
  • Donde podes estudar cada ciclo
  • Aptitudes que preciso ter

martes, 15 de octubre de 2019

OS TITORES DE BACHARELATO REÚNENSE COAS FAMILIAS

Mañán xoves, día 16,  levaranse a cabo as reunións dos titores coas familias de cada grupo Nesta presentación recóllese algunha información de interese para as nais e pais do alumnado de bacharelato:

domingo, 13 de octubre de 2019

OUTRA OPCIÓN: O BACHARELATO STEM

O STEMBach é un bacharelato que tenta promover a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica, favorecendo unha mentalidade , rigurosa, ordenada e crítica; así como o desenvolvemento da creatividade, sentido da iniciativa ou do emprendemento e da resolución de problemas.

O alumnado que curse este bacharelato, ben sexa na modalidade de Humanidades, Ciencias ou Artes, no segundo ano deberá de desenvolver un proxecto de investigación individual ou grupal con posterior defensa pública.

Consulta nesta infografía interactiva máis información, clicando nos botóns.

domingo, 6 de octubre de 2019

PRIMEIRA REUNIÓN DOS TITORES DA ESO COAS FAMILIAS

Xa queda moi pouco para que cada titora e titor teña unha xuntanza coas familias da súa titoría. Mentras tanto e para ir sabendo, estes  son algúns dos temas , que posiblemente se traten nas reunións. 




Xa comentábamos o curso pasado que a familia é unha peza clave no proceso de formación do alumnado. Polo tanto a colaboración é fundamental. Algunhas consideracións xa aparecen recollidas na presentación, máis, queremos facer fincapé nas seguintes:

Comunicación cos fillos
  • O manexo dun fill@ adolescente pode ser complicado para todas as familias.
  • Debe de haber un acordo entre a parella para afrontar a educación nesta etapa
  • Encubrir os fill@s frente á parella, rompe acordos ou simplemente desentenderse, é unha forma pouco axeitada.
  • O respaldo familiar, as palabras de ánimo e reforzó serán fundamentais, tanto se hai progreso académico, como se non o hai.
  • É aconsellable estar atentos á posibles cambios de humor e de conduta: cambios bruscos nas súas costumes, excesivo nerviosismo. Todo isto pode ser unha sinal de alerta. Neste caso, aborde o tema co seu fill@ e se isto non fose efectivo, infórmese a través dos profesores do Instituto. 
  • Manter unha comunicación en relación ós estudos e a vida do instituto. Neste aspecto, mellor que facer un interrogatorio, estade dispoñibles cando o voso fill@ vos conte ou  formule preguntas abertas.
  • É importante escoitar sen xulgar. Cando vos conte algún acontecimiento poderedes preguntar: E ti que pensas diso? Que vas facer ti?
O estudo na casa

  • Cada persoa ten unha forma característica de aprender, que non coincide ca doutras persoas. É importante que axuden ao seu fill@ a descubrir cal é a mellor maneira de estudar
  • Non hai unha única fórmula de organizar o tempo de estudo. É difícil precisar cantas horas deben adicarse a estudar, porque depende da dificuldade das materias, os deberes que haxa para ese día, a capacidade ou o estado de ánimo de cada estudante. Como norma xeral, é aconsellable adicar un tempo diario ( períodos de 25 minutos intercalados por pequenos descansos ) e, sobre todo, aprender a planificar as tarefas: decidir canto nos levará cada actividade, por cal imos a comezar, en que momentos poderemos descansar...
  • Sempre hai algo que facer. Aínda que non haxa deberes, pódese repasar o que se explicou na clase, pasar a limpo os apuntes, facer un traballo pendente, darlle un vistazo a un tema que se dará mañán... e pódese tamén ler un libro.
  • Convén manter ante o estudo unha postura activa. Isto se consigue relacionando o que se estuda con aspectos da vida diaria, profundizando e ampliando, pensando en qué cousas das materias poden ser interesantes... Se pensan que o seu fillo só se limita a memorizar ou volver a ler os temas unha e outra vez, anímeno a suliñar, facer esquemas, facer gráficas, consultar libros ou enciclopedias...
  • Cada persoa ten un ritmo diferente para estudar. Hai quen prefire empezar polo máis difícil e outros polo máis fácil. En xeral, é aconsellable non sobrecargarse de traballo ( por exemplo antes dun exame ) e facer descansos periódicos en cada sesión de estudo.
  • O ambiente de estudo é importante, temos que ter en conta que cada persoa ten as súas propias preferencias. Permitan as súas fillas e fillos estudar onde mellor o fagan, e incluso escoitando música ( non demasiado alta ), se eso lles axuda. Pero se vostedes ven que se distrae con frecuencia, o aconsellable é que busquen un lugar tranquilo, sen interrupcións nen ruídos.
  • Para estudar con proveito hai que estar en boa forma. É convinte ter unha alimentación axeitada, dormir o suficiente e facer algún tipo de deporte ou exercicio físico.
  • Estudar é importante, pero outras cousas tamén o son. É necesario que os seus fill@s aprendan a utilizar o tempo de ocio dunha maneira saludable. Ó longo da tarde debe haber tempo para estudar e tamén para outras ocupacións. 
  • Convén que os pais se interesen polo que fan os fill@s. Debe facerse sen transmitir a impresión de que estamos supervisando e vixiando. Se a súa filla leva un caderno de tarefas ou algo similar, revíseno periódicamente e estén moi atentos ás anotacións que poida ter escrito pola profesora ou profesor.
  • Estudar conleva esforzo. Animen ós fill@s e recorden que soe dar mellores resultados un premio ou alabanza verbal que un castigo.

miércoles, 2 de octubre de 2019

BECAS PARA ESTUDAR 1º DE BACHARELATO NO ESTRANXEIRO

Anualmente a Fundación Ortega convoca becas para que o alumnado de 4º de ESO teña a posibilidade no curso que ven, cursar 1º de bacharelato, en Estados Unidos ou Canadá. Estas axudas levan incluído:
  • 100% do custe dos servizos
  • viaxe de ida e volta
  • matrícula nun instituto, aloxamento e manutención nunha familia de acollida
  • seguro médico e de accidentes
  • convalidación do curso académico
  • asignación mensual para gastos menores

O procedemento de selección ten unha primeira fase donde  os 1800 participantes con puntuacións máis altas, terán que facer unha proba oral e entrevista a través dunha videochamada.
Amplía información consultando esta presentación interactiva.

miércoles, 18 de septiembre de 2019

A TRANSEXUALIDADE É UNHA CARACTERÍSTICA MÁIS DO SER HUMANO

Este título é o que se me ven á cabeza para tratar de resumir a charla que tivemos hoxe co alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. Xa é a segunda vez que tratamos este tema ( podes consultalo aquí ) no noso centro e é un orgullo dicir que está naturalizado. Explícome... vese que a nosa comunidade educativa vai eliminando esos estereotipos de xénero, eses prexuizos que causan tanta dor e sufrimento nas persoas que son vítimas. 

Esta vez foi Chrysallis, asociación de familias de menores trans, quen tivo presencia no noso centro. Pili Ponte, membro da Xunta Directiva da nosa Comunidade Autónoma, fixo unha exposición, na que aclara unha serie de conceptos antes de adentrarse no que é e non é a transexualidade. 

Velaquí tedes a presentación. Máis abaixo hai unha charla TED dunha nena trans, que vos convido a ver para poder poñerse na pel destas persoas.



martes, 3 de septiembre de 2019

AÍNDA QUEDAN PLAZAS NA FORMACIÓN PROFESIONAL MEDIA E SUPERIOR

Consulta nesta presentación interactiva as plazas liberadas para ciclos de grao medio e superior tanto no réxime ordinario como de adultos.

ADMISIÓN NA FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

Como todos estes anos, chega setembro e ábrese o prazo para cursar a solicitude na Formación Profesional Básica. Recorda o que acostumo a dicir sempre nas aulas, dende un ciclo básico tamén podes chegar ata a universidade ou outros estudos superiores. Nelson Mandela dicía isto " SEMPRE PARECE IMPOSIBLE HASTA QUE SE FAI" así que xa sabes os límites polos ti.

viernes, 16 de agosto de 2019

BECAS NON UNIVERSITARIAS  2019/20


BECAS UNIVERSITARIAS 2019/20




miércoles, 14 de agosto de 2019

AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO 2019/20


jueves, 27 de junio de 2019

TIRANDO DO FÍO DE TWITTER PODES CONTACTAR CON ALUMNOS DA UNIVERSIDADE OU CICLOS

María Romero é unha twitera que decidiu facer un fío para que os estudantes que xa están na universidade ou en ciclos, arrimaran o ombreiro poñendo que estaban a facer e onde. Fixo esto para poñelos en contacto con alumnos de 2º de bacharelato que están nestes días solicitando praza e así poder ter a oportunidade de facerlles todo tipo de preguntas. 

Tivo tanto éxito que hai case 1000 respostas en tan só dous días. Como o número seguramente irá en aumento, aconséllase que para facilitar a búsqueda por titulacións, se proceda poñendo no buscador de twitter o seu user xunto coa carreira que se desexe buscar, por exemplo: "mariaromeropz veterinaria" e desta maneira atoparedes todos os twits destes estudos.



ENXEÑARÍA CIVIL E  EDIFICACIÓN EN YOU TUBE

A Agrupación Estratéxica CITEEC, pertencente á Universidade de A Coruña, está a impulsar unha canle de You Tube con videos sobre as titulacións relacionadas coa Enxeñaría Civil  e a Edificación. 
Os videos son breves e entretidos. Os protagonistas son estudantes de grao, mestrado e doutoramento e persoal docente e investigador da propia universidade. 
Están realizados coa colaboración da ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos 4.0, que supón un novo horizonte de innovación en sectores como o transporte, a enerxía ou as comunicacións. 
Para isto, ponse especial atención en como a Enxeñería Civil xestiona os novos escenarios de información cos que resolver problemas actuais da sociedade. 
Outra das temáticas destes vídeos é a presenza da Enxeñería Civil no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentables, que son os retos fixados polas Nacións Unidas para tomar medidas contra a pobreza, frear o cambio climático ou a reutilización de recursos, entre outras.

Hecho con Padlet

miércoles, 19 de junio de 2019

ADMISIÓN CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR CURSO 2019/20

Consulta aquí toda a información.

sábado, 15 de junio de 2019

PREMIOS EXTRAORDINARIOS EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA


Clica nos botóns interactivos para acceder a toda a información

viernes, 14 de junio de 2019

OS ALUMNOS DO NEIRA VILAS FAN DE PROFES: 3ª ENTREGA


José Ardao Mirás e Denise Ambroa González, alumnos de 2º de ESO, presentaron a materia de Oratoria, esta semana nas tres aulas de 1º de ESO. Polo que puiden observar, a súa explicación espertou o interese dalgúns, pola mesma. Foron tan convicentes, que houbo ata quen, tendo pensado cursar Educación Financieira, cambiou de parecer para matricularse en Oratoria. 

Ides ver no video que convencer é un aspecto moi importante nesta materia. Para facelo hai que saber argumentar e esto foi o que fixeron os alumnos, durante o segundo e terceiro trimestre. Debatiron sobre o movemento mundial que loita contra o cambio climático #Fridaysforfuture , simulando un debate no salón de actos.





jueves, 13 de junio de 2019

OS ALUMNOS DO NEIRA VILAS FAN DE PROFES: 2ª ENTREGA

Esta vez foi Sofía Miranda Vázquez, quen lles presentou a materia de Cultura Científica ao alumnado de 3º de ESO. Gústalle moito Genially para facer presentacións e esta ferramenta foi a que utilizou para facer algún traballo que tivo que expoñer durante o curso. Foi o caso da enfermidade da "anorexia" que utilizou como exemplo para contarlles ós alumnos, o que traballaron este ano nesta asignatura. 

Como ben sabedes, Cultura Científica é unha das materias que se oferta como específica en 4º de ESO e que podedes escoller para cursar. 

Se tedes curiosidade por saber cal foi o enfoque que lle deu a profesora de Bioloxía, este curso, non deixes de mirar este video. Ides  comprobar cómo pode haber distintas maneiras de avaliar e calificar.




sábado, 8 de junio de 2019

OS ALUMNOS DO NEIRA VILAS FAN DE PROFES: 1ª ENTREGA

Sara Castro Sosa e Aldara Pernas Suárez son alumnas de 4º de ESO que están a cursar  Economía durante este curso. Cando lles propuxen facer de profes en 3º de ESO, para que lles contasen aos alumnos que se estudaba nesa materia, de seguida se animaron e ata prepararon unha presentación en Drive ( está máis abaixo ) para utilizar nas aulas. Como din elas, ogallá o curso pasado alguén nos contase que era Economía, porque non sabíamos moi ben que escoller.

Tampouco lles importou poñerse diante da cámara para gravar este video e así poder dispoñer  dun archivo dixital para futuras promocións.

Así que, como di o refrán " é de ben nacidos ser agradecidos". Os meus agradecementos a estas dúas alumnas pola súa inestimable colaboración.



jueves, 6 de junio de 2019

FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL ( ESTUDA + TRABALLA )


Neste taboleiro accederás a toda a información que precises, clicando nos botóns interactivos. 

jueves, 30 de mayo de 2019

AXIÑA VOU PARA O INSTITUTO!

Como di o refrán " o tempo pasa volando".  Xa estamos coa cabeza, pensando en facilitar ese período de adaptación para o novo alumnado que a partires do próximo setembro, formará parte da nosa comunidade educativa.  

Este proceso, dará comezo mañán mesmo, a partires das 10:30 que é cando temos previsto que cheguen os alumnos de 6º de Primaria do CEIP Valle-Inclán. Xa temos todo preparado para que esa primeira toma de contacto sexa cercana, cargada de ilusións por empezar unha nova etapa e ata podendo chegar a ser memorable, despois  dos anos.  De seguro que se preguntamos a algún profe, nos seus recordos, estarán como foron eses primeiros días no Instituto. 

Dicía antes, cargado de ilusións porque así foi como algúns alumnos, que xa están no centro estiveron dende a semana pasada, preparando este acto de benvida e explícovos como:

  • Algúns fixeron de guionistas do vídeo que podedes ver máis abaixo
  • Outros, ós que non lles importaba estar diante da cámara, puxeron voz a esas palabras.
  • A profe de Lingua Castelá de 1º ESO C axudoume a facer os ensaios antes de darlle a PREPARADOS, LISTOS, CÁMARA, ACCIÓN...
  • Ata houbo quen me suxeriu algunha recomendación para que o vídeo tivese mellor calidade en You Tube
  • E como seguramente xa sabedes, os que visitades este bloque,  é un clásico que os alumnos mediadores fagan non soamente de gúías para ensinarlles o Instituto, senón tamén de facilitadores para crear eses vínculos que debe de haber entre os membros dunha comunidade.  Son CÍRCULOS DE DIÁLOGO,  unha ferramenta máis da convivencia positiva que debe de haber nos centros.  Por certo, ata fixeron unha ronda de preguntas para  propiciar este diálogo, cunha simple pelota de pin-pong que se van pasando de un a un. Velaquí tes a tarxeta coas cuestións.



viernes, 24 de mayo de 2019

DESCUBRINDO OS ESTUDOS SUPERIORES


Cando se está a cursar o bacharelato, parece lóxico pensar, que as miras son plantexarse facer algo, entre as distintas opcións de estudos superiores. Se é asi no que estás a cavilar, revisa esta presentación que de algún aspecto xa falei, cando estiven nas aulas. 

Teño que agradecer ao Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña, por facilitarme a presentación que utilizou cando estivo no noso centro, para presentar a UDC. Moita da información aparece máis abaixo é grazas ao SAPE.

E xa sabes, se tes algunha dúbida ou non tes claro o que facer, non deixes de acudir ao departamento de orientación para poder axudarche. Non te esquezas de que para personalizar a orientación é mellor facelo de xeito individual. O que tratamos nas clases, ten un caracter máis xeral.

RECORDA: nos expositores e estanterías que hai diante do departamento de Orientación, tes moita información en formato papel. Nos andeis hai dípticos que podes coller, tanto da universidade como da formación profesional.


APLICACIÓN WEB PARA SABER COMO ESCOLLER NA UNIVERSIDADE


Un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato na materia de Tecnoloxía no IES Chan do Monte de Marín, desarrollaron unha aplicación web, na que será doado acceder a certa información de interese: 
  • Para cantos graos universitarios pondera, cada unha das materias de 2º de Bacharelato, que che permiten subir nota nas probas ABAU
  • Como ponderan en cada un destes grãos
  • Contidos que se imparten en cada unha destas materias
  • Titulacións que se ofertan en Galicia,  nota de corte no presente curso e  plazas que se ofertaron.
  • Ligazón a cada titulación.



sábado, 11 de mayo de 2019

HORARIO DAS ABAU E OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE

1. DATAS ABAU:
  • Convocatoria ordinaria: 12, 13 e 14 de Xuño de 2019
  • Convocatoria extraordinaria: 10, 11 e 12 de Xullo de 2019
2. MATRÍCULA ABAU
Efectúase na secretaría do Instituto. Os plazos oficiais son do 23 ao 27 de Maio. Neste enlace podedes ver como foron os impresos da convocatoria do curso pasado. No momento de matricularse, entregaranvos o código de activación na aplicación NERTA para poder consultar as notas das abau, facer reclamacións ós resultados ( se fóse o caso ), socitar os graos universitarios. Máis abaixo, tedes un documento con toda as datas máis importantes para facer todos estes trámites

3. RECOMENDACIÓNS PARA ACUDIR Ó EXAME
  • Tedes que ir provistos do DNI ou pasaporte, pluma ou bolígrafo, e do material axeitado para realizar as probas de Debuxo, así como dicionarios de Latín e Grego para facer os exames.
  • Non está permitida a asistencia ao lugar dos exames con teléfonos móbiles nin outros dispositivos electrónicos, excepto calculadoras non programables e sen capacidade gráfica. Todo o alumnado deberá de manter os pavillóns auditivos despexados para a verificación de que non se usan dos dispositivos auditivos non permitidos. O incumplimento desta norma, ao igual que por copia ou suplantación de identidade, poderá ser motivo de medida disciplinaria. Consulta o resto de instrucións aquí.
4. LUGAR DAS PROBAS: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de A Coruña

5. HORARIO DAS PROBAS

Loading...
Loading...




Todos estos documentos están na páxina da CIUG que é a comisión encargada de organizar as probas abau e todo o proceso de admisión. Convén que te familiarices con ela para realizar todos os trámites. 
Ten en conta que a matrícula das probas da selectividade faise no instituto, pero despois xa tes que acudir ao LERD no que estivemos cando fomos a visitar a UDC.