martes, 10 de diciembre de 2019

NOVIDADES DA UDC, CAMBIOS NAS ABAU E OUTROS ASPECTOS DE INTERESE


O pasado luns, 10 de decembro a Universidade de A Coruña convidou ós directores e orientadores a unha xuntanza para darnos a coñecer as novidades para o curso 2019/20 e incidir en outros aspectos.

Como xa é sabido por todos nós no curso 2018/19 implantáronse os seguintes graos (se premes aquí tes máis información ):

  • Grao en Xestión da Moda ( impártese no campus de Ferrol)
  • Grao en Paisaxe ( grao interuniversitario) 
No curso actual 2019/20 os graos que están empezando son:
  • Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos. 
    • Teñen previsto nun futuro ofertar o dobre grao en Comunicación Audiovisual e Creación Dixital, Animación e Videoxogos
  • Grao en Ciencia e Enxeñaría de datos
  • Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación.
1ª NOVIDADE DE INTERESE

- Paro o curso 2020/21 este é o grao que se vai implantar:
  • Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Moisés Canle López , profesor da UDC, foi que presentou este grao. Aspectos que explican estes novos estudos:
  • manipulacións de partículas moi pequenas en tamaño nano para poder cambiar as súas propiedades. 
  • unha das numerosas  aplicacións prácticas que pode ter será no múndo da  cosmética.
  • o grao será bilingüe tendo que acreditar nun plazo de 6 meses dende a matrícula o equivalente a un B1 en Inglés. Esta acreditación pode ser:
    • Con certificacións académicas oficiais
    • Tendo unha media de 7 nos dous cursos de bacharelato en Inglés
    • Tendo cursado un ano académico fóra en un país de fala inglesa
  • os obxectivos serán o estudo de fenómenos físicoquímicos a escala nanoscópica.
2ª NOVIDADE DE INTERESE
O Grao de Turismo pasa a ser de oferta pública:

  • O custo da matrícula estará ó redor de 400 Euros
  • Vai estar situado na facultade de filoloxía na Zapateira e posiblemente co tempo teña un edificio propio.
3ª NOVIDADE DE INTERESE EN RELACIÓN ÁS ABAU

  • Os exames terán lugar os días 9, 10 e 11 de xuño e 7, 8, e 9 de xullo (martes, mércores e xoves en ambos os casos, que é distinto ao que se viña facendo).
  • Amplíase o horario de exames da ABAU, que inclúe a tarde do terceiro día (11 de xuño e 9 de xullo). Esta nova franxa horaria está reservada para posibles incidencias que poidan xurdir.
  • Para evitar a difícil decisión que existía dos dous procesos para subir a cualificación, xúntanse nun único proceso as Reclamacións, as Segundas correccións e as Reclamacións á segunda corrección que pasan a chamarse Revisión. ( Preme aquí para ter máis información)
BOLSAS E AXUDAS PROPIAS DA UDC

  • Transporte urbano e metropolitano ( con tarxeta bonobus o precio pode chegar a ser 0'30 euros.
  • Residencias Universitarias Públicas en A Coruña e Ferrol.
    • En A Coruña está ubicada aredor do IES Calvo Sotelo e chámase Elvira Bao e ten un prezo  medio de 100 Euros ao mes.
    • En Ferrol a residencia pública está no barrio da Magdalena, no centro.
  • Comedor. Concédense 200 axudas para situacións económicas de poucos ingresos.
  • Axudas para alumnado con dificultades económicas sobrevidas:
    • alumnado que non lle fose aprobada a beca do MEC ( ten en conta a renta do ano fiscal anterior ) con menos ingresos no ano en curso.
    • alumnado en situación de orfandade reciente.
  • Alumnado deportista e alto nivel: debido ás horas que ten que adicar á adestramento non pode chegar ó nivel académico esixido para disfrutar da beca xeral do MEC.  
  • Becas de colaboración nos departamentos para poñer en práctica o estudado.
Para ter máis información sobre este apartado, preme aquí.

SOLICITUDE DE INFORMACIÓN DURANTE O CURSO

A USC a través do SAPE ( Servizo de asesoramento e promoción do estudante ) dá a posibilidade de facer calquer consulta sobre graos, acceso ós estudos universitarios, becas ... premendo nesta imaxe.






No hay comentarios:

Publicar un comentario