TELEORIENTANDO EN 1º DE ESO
Xa cubriches algun test sobre habilidades e intereses profesionais, coa idea de saber cales son as túas fortalezas, aquelo que se che da ben, cousas coas que disfrutas. Así xa te vas coñecendo, descubrindo como eres....
Esta pandemia, non ten porque ser un impedimento para seguir orientándote e ter a información que precisas para cursar 2º de ESO.
Nesta segunda actividade terás que ver un primeiro video, de duración moi curta, soamente serán 2 minutos e medio. Aprenderás cal é a estructura da ESO e as materias que terás que cursar en 2º de ESO.
É un video interactivo. Cada certo tempo, detense para que contestes a diferentes preguntas, e comprobar o que aprendes. A vantaxe é, que podes velo cantas veces queiras e mesmo podes darlle o play para diante e para atrás.
Estes son os deberes que terás que facer na plataforma de EDMODO. Tes unha semana de plazo de entrega. Neste recuncho que temos para comunicarnos, non dubides en plantexar calquer dúbida, preguntar ou facer comentarios.
Para poder comprobar o que fixeches, envía capturas de pantalla a EDMODO, das preguntas que van aparecendo no video, despois de respondelas.