sábado, 21 de noviembre de 2020

  AS EMOCIÓNS SON PURA ENERXÍA

As emocións son pura enerxía que van de dentro a fóra. Para tomar pulso delas e ver con qué grao de intensidade se manifestan aquí tes unha clasificación que aprendín de Jon Berástegi

Outro mantra que debemos de ter presente é que non somos responsables de sentir emocións pero sí do que facemos con elas.

lunes, 9 de noviembre de 2020

A EMPATÍA TEN QUE SER UN FONDO DE ARMARIO 


A empatía deberia de ser como un uniforme que teríamos que vestir sempre. Sería ese traxe que aínda que pase o tempo, seguimos a levalo porque combina ben con todo. 

Se nos vestimos con el seremos máis empáticos e seremos máis habilidosos nas nosas relacións interpersoais. Por non falar da eficacia en todos os entornos nos que nos movemos, familiares, laborais, educativos...

En realidade forma parte dese constructo que define a intelixencia, entendida como multifactorial e que Howard Gardner denominou como teoría das intelixencias múltiples. Estou falando da intelixencia intrapersoal e interpersoal, na que a empatía ten un papel fundamental.

Hoxe en día sabemos que a nosa capacidade intelectual non é algo fixo, estático, senón que se pode modificar. Así que, aquí tes unha actividade de adestramento.

sábado, 7 de noviembre de 2020

 COMPROMISO EN 60 SEGUNDOS ANTE A COVID-19


Este é o título dun concurso de micro-cine, que Cultura Inquieta organizou, en colaboración con Iberdrola. 
Esta estupenda iniciativa trata de aumentar a responsabilidade individual para frenar a expansión da pandemia. 

Aproveitando un dos videos gañadores deste concurso, ben pode tratarse nas aulas para espertar  conciencia entre todos nós. 

Convén ter sempre na cabeza estas etiquetas, como cando pos nas paredes posits sobre algo que necesitas ter presente a todas horas.

#EstoeCousadeTodos
#EstamosTodosNisto
#ContamosContigo
#DoblegamosaCurvaEntreTodos
#ONadalEstáCerca


lunes, 26 de octubre de 2020

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Este curso todo cambia por mor da Covid-19 e as clásicas reunións dos titores coas familias do seu grupo, tamén se ven afectadas. 
Xa levamos un mes de curso e consideramos que algunha da información máis relevante pode chegar a todos desta maneira, tendo como aliada as novas tecnoloxías. Sen dúbida, o presencial sería unha alternativa mellor pero temos que adaptarnos a nova realidade

miércoles, 14 de octubre de 2020

 DEZ COUSAS QUE SANAN

Proba a facer esto,  para poder sair a flote desta pandemia. 

domingo, 11 de octubre de 2020

 NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA

Este dito que tanto acostumamos a decir, é o que se me ven á cabeza, para presentar esta actividade e traballar nos centros educativos a saúde emocional. Se xa era antes importante, agora máis, polos tempos que estamos a vivir.
Esta é outra das tiritas emocionáis para darlle máis contido ó bloque de educación emocional que forma parte do cartafol dos titores e que poderás atopar no menú superior, nunha das pestanas. 

viernes, 18 de septiembre de 2020

AS TIRITAS EMOCIONAIS CURAN 


Identificar as emocións vividas e tomar conciencia delas é o primeiro paso para saber que nos está pasando. Temos que ser quen de recoñecer eses síntomas emocionais que nos produce malestar, como cando temos dor físico,  para poder explicalo na consulta, cando vamos ó médico. Por suposto, tamén saber todas aquelas que nos aportan benestar. Así saberemos diferencialas unhas das outras.

Unha vez que se teñen controladas, será máis fácil saber cales son as que precisan algo do botiquín. Mira estas pócimas milagreiras... 


miércoles, 16 de septiembre de 2020

O PREGUNTOIRO 


Moi pronto voltaremos ás clases e algúns teredes novos compañeiros e compañeiras. Para crear grupo e sentir que se pertence, é necesario coñecer ós teus iguais. Crear comunidade axuda a sentirse parte do grupo no que estás. 
Ter habilidades de comunicación que faciliten as relacións sociais cos outos e outras, axuda a esa acollida e integración. Ás veces, non queda máis remedio que ser PREGUNTÓN, querer saber para iniciar conversacións. Aquí che deixo unhas cantas preguntas. 
Tamén valen para os profes para facilitar os círculos de diálogo e facer un chequeo emocional da aula, tendo en conta as circunstancias nas que estamos a vivir e despois de máis de seis meses, sen volver a estar en contacto coa rapazada . Este ano, terémolo máis complicado, polas distancias de seguridade para sentarnos en círculo todos xuntos. Algo se nos ocurrirá ó equipo de convivencia.

miércoles, 2 de septiembre de 2020

 AS COSTUMES NAS ENTRADAS E SAÍDAS DO INSTITUTO TAMÉN MUDARON 

Xa non podemos ir a tropel, como facíamos antes. Para que nos sexa máis doado gardar as distancias de seguridade e manter unha certa orde nas entradas e saídas, e mesmo cando poidamos disfrutar dos períodos de lecer se fai bo tempo, temos que cambiar de ruta.

Aínda que o titor/a estará esperando por ti na entrada do Instituto, non está demáis que mires e remires esta presentación, para levalo máis entrenado e tamén saber, donde está ubicada a túa aula. Xa quedaron atrás as aulas materia para os alumnos de curso superiores e que lles obrigaba a mudar de aula, entre clase e clase. Agora todo o alumnado terá unha única aula para a meirande parte das materias.

martes, 1 de septiembre de 2020

 AS NORMAS COVID E ALGUNHA TIRITA EMOCIONAL


Achégase o inicio do curso, a volta á escola. Quen nos diría que ía pasar tanto tempo, sen volver a pisar o Instituto, dende que quedamos confinados nas nosas casas. 

A nova normalidade fai que algunhas das cousas que adoitábamos facer no Insti, xa non son iguais. De seguro que nas vosas casas e mesmo cando saídes á rúa, as costumes mudaron. 

A nova realidade obríganos a ter unha serie de precaucións para estar sans e fortes e tamén para cando estamos tristeiros, saber qué facer... A esto chamámoslle benestar emocional. Entra dentro do noso autocoidado persoal e tamén dos demáis. 

Pero... sabemos como facelo? Eu diría, que ás veces, está ben recordar cousas para non esquecelas.

É máis... eu retaríate a que axudes a Brúxula Violeta.  Cos seus poderes máxicos podes facer unha labor grandiosa para a humanidade. Se te animas segue os seus pasossss...

domingo, 9 de agosto de 2020

BECAS MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO 

BECAS MEC PARA  ESTUDOS UNIVERSITARIOS

 

 BECAS MEC PARA ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS


martes, 28 de julio de 2020

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE  BACHARELATO AO RENDEMENTO ACADÉMICO 2020


lunes, 27 de julio de 2020

PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO 2020


sábado, 25 de julio de 2020

QUERO CAMBIAR DE GRAO E /OU UNIVERSIDADE


jueves, 16 de julio de 2020

COMO FAGO PARA RECLAMAR AS ABAU



CALENDARIO DE PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA NA UNIVERSIDADE


jueves, 2 de julio de 2020

RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS EN GALICIA


Consulta aquí toda a información sobre estes aspectos e algún outro de interese.
  • Prazos
  • Residencias en oferta
  • Número de prazas
  • Solicitude

sábado, 20 de junio de 2020

FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL ( ESTUDA + TRABALLA )


A semana que ven, empeza o prazo para solicitar esta modalidade de Formación Profesional. 

Ten en conta que calquer alumno que esté a cursar o 2º curso ,dun ciclo formativo en réxime ordinario, ten a posibilidade de participar na modalidade dual, no período de xaneiro a xuño.

Preme nos botóns + para ter máis información.

PROCESO DE ADMISIÓN EN CICLOS MEDIOS E SUPERIORES

Xa logo empeza o prazo para solicitar praza nos ciclos medios e superiores. Mira esta presentación, premendo nos distintos aspectos,  para ter máis información.

IMPORTANTE: No inicio da aplicación web para realizar a solicitude, aparece a opción de código de persoal de consulta que servirá para consultar listas de solicitudes e adxudicacións , introducindo o DNI e código de solicitude.

Ten en conta que calquer alumno que esté a cursar o 2º curso , dun ciclo formativo en réxime ordinario, ten a posibilidade de participar na modalidade dual, no período de xaneiro a xuño.


jueves, 4 de junio de 2020

XORNADAS DE ACOLLIDA VIRTUAIS


Este coronabicho que nos ten confinados, sen poder ir ó Instituto para poder recibir ó alumnado de 6º do CEIP Valle-Inclán, fai agudizar o inxenio. 

Olla esta presentación interactiva. Se tes mente investigadora, condición fundamental para ser un máis no Instituto, non che será complicado resolver uns  retos que terás que ir resolvendo

Os investigadores son curiosos por natureza. Antes, rastrean todas as pistas para dar solución ós desafíos

Se sigues as INSTRUCCIÓNS ó pé da letra, descifrarás o código secreto que abre a porta do Instituto, donde atoparás algo INCRIBLE.



lunes, 25 de mayo de 2020

NOVO CALENDARIO DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

sábado, 23 de mayo de 2020

OS ALUMNOS TELORIENTAN DENDE A CASA: 3ª ENTREGA


Sofía Álvarez Fernández de 3º de ESO tamén quixo facer a súa contribución, explicando a materia de Cultura Clásica,  para o alumnado de 2º de ESO.


Merece a pena vela! Sofía nos dá outro enfoque, que complementa o que nos explica Guada, no seu video

Parabéns, Sofía! Dígoche o mesmo que a  Guada: Unha aperta de colores e as miñas grazas por esto bo facer!!!

jueves, 21 de mayo de 2020

VIDEOS DOS GRAOS UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA


A Universidade de A Coruña  levou a cabo unhas Xornadas de Portas Abertas Virtuais, nas que os visitantes ( estudantes e familiares) coñeceron por dentro a UDC e puideron interactuar cos responsables das titulacións, os pasados 23 e 24 de abril.

Tamén coñeceron os servizos e unidades, que lles van facer máis fácil e atractiva, a VIDA UNIVERSITARIA
  • UDC Internacional
  • residencias públicas, 
  • centro de linguas
  • cultura
  • deporte
  • cooperación e voluntariado
  • atención á diversidade
  • acción titorial
  • asociacións estudantís
  • emprego...
Unha gran parte destas videoconferencias están grabadas como repositorio de contidos na páxina da UDC.

Nesta ligazón pódese consultar o listado xeral con todas as gravacións:
Nesta outra ligazón aparecen as videoconferencias organizadas por ramas de coñecemento:


miércoles, 20 de mayo de 2020

OS ALUMNOS TELORIENTAN DENDE A CASA: 2ª ENTREGA


Velaquí temos a Guadalupe Ghosn, explicando a materia de Cultura Clásica. A súa forma de presentar, con tanto entusiasmo, os contidos desta materia optativa, aportan un valor engadido á mesma. Dalle moita cor e sabor! 
A axuda entre iguais tamén ten cabida na orientación académico-profesional!!
Parabéns, Guada! Unha aperta de colores e as miñas grazas por esto bo facer!!!

lunes, 18 de mayo de 2020

OS ALUMNOS TELORIENTAN DENDE A CASA: 1ª ENTREGA

Esta vez foi Hugo Alonso Agulló, alumno de 2º de ESO, quen quixo contribuir a explicar a materia de Educación Financieira para o alumnado de 1º de ESO

Xa vedes, en tempos de confinamento, a aprendizaxe entre iguais tamén é posible poñéndolle gana, como fixo este benquerido alumno.

Moitas grazas Hugo!

domingo, 17 de mayo de 2020

¿QUE QUERO ESTUDAR? GUÍA 2020. A VOZ DE GALICIA

A Voz de Galicia, publicou hoxe  17 de maio,  a segunda edición da guía de estudos superiores. 

CONTIDOS:
  • Graos universitarios e ciclos de F.P. de grao superior  agrupados por cores  para unha fácil identificación, segundo a rama de coñecemento.
  • Estudos de Artes Plásticas e Artes Escénicas 
  • Másteres
  • Na explicación de cada grao universitario aparece:
  1. Centros universitarios de Galicia onde se poden cursar
  2. Nota de corte en cada universidade 
  3. Plazas libres no curso anterior se é o caso 
  4. Se se trata dun doble grao 
  5. Materias de Bacharelato que ponderan para cada grao
  6. Características e salidas profesionais de cada título.
  • Na explicación de cada ciclo superior de Formación Profesional figura:
  1. Centros educativos onde se poden cursar
  2. Características do ciclo e saídas profesionais
  3. Nota de corte de Bacharelato se é o caso.

Fai click para a descarga en PDF

Aquí podes atopar un visión interactiva que facilita a búsqueda dos diferentes estudos. 

sábado, 16 de mayo de 2020

NORMAS PARA REALIZAR OS EXAMES ABAU

Aquí están.

NORMAS DE REALIZACIÓN DAS ABAU 2020 by analiliotero

DATAS DE PUBLICACIÓN E RECLAMACIÓNS DAS ABAU

Mira ese canvas

CUALIFICACIÓNS ABAU 2020 de analiliotero

DATAS MATRÍCULA  DAS ABAU


Mira este canvas.


lunes, 11 de mayo de 2020

GRAO ABERTO NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

No próximo curso, dará comezo un grao aberto no campus de Lugo. O nome que lle dá a Universidade é  5USC Enxeñarías porque permite ao alumnado escoller libremente materias de 5 graos diferentes durante o primeiro e segundo ano de carreira para despois decidirse por unha carreira concreta no ámbito da enxeñaría.
Os graos son:
  • Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
  • Grao en Enxeñaría Civil
  • Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
  • Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
  • Grao en Robótica
Aquí tes o díptico con máis información.

domingo, 10 de mayo de 2020

TELEORIENTANDO CUN VIDEO SOBRE AS ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL

Velaquí tes o video interactivo con preguntas.

jueves, 7 de mayo de 2020

TELEORIENTANDO CON ESTE VIDEO SOBRE O PROCEDEMENTO DE PREINSCRIPCIÓN NA UNIVERSIDADE

Poñámonos na situación de que superaches as ABAU e tes que solicitar praza na Universidade. Que tes que facer? Velaquí tes este video no que che explico o procedemento. Contesta ás preguntas para comprobar que che queda claro.

martes, 5 de mayo de 2020

TELEORIENTANDO EN 1º DE BACHARELATO


Mira este video respondendo ás preguntas que van aparecendo. Fíxate ben nas materias que vas  escoller en 2º de Bacharelato. Faino vendo que posibiliades che dá de cara a Universidade.
Tamén che falo doutros aspectos que precisas saber:
  • Notas de corte e prazas que se ofertan neste curso para cada grao.
  • Graos internacionais na universidade de A Coruña
  • Grao abertos na universidade de A Coruña
  • Sistema de créditos
  • Dobre graos en Galicia
  • Graos de nova implantación para o curso vindeiro.

lunes, 4 de mayo de 2020

TELEORIENTANDO CON ESTE VIDEO SOBRE AS ABAU


Velaquí tes este video sobre as ABAU, no que che explico:

  • Materias das cales te examinarás na fase obrigatoria e voluntaria.
  • Cualificación das mesmas
  • Cálculo de nota de admisión á Universidade
  • Peso de cada materia para cada grao universitario segundo os grados de ponderación
  • Ligazóns de interese.
No video aparecerán preguntas para, de cando en vez, para ir comprobando o que sabes...

TELEORIENTANDO CUN SEGUNDO VIDEO EN 3º DE ESO

Neste segundo video explicareiche a relación que teñen as materias de cuarto de ESO con cada modalidade de Bacharelato.

OLLO: Fíxate ben en como escolles en de ESO,  porque dependendo de como o fagas estarás definindo un tipo de bacharelato.

Ponlle sentidiño e escolle con cabeza.


GRAOS ABERTOS NA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA


Se estás indeciso sobre que estudo universitario escoller, estes son os graos indicados para ti. Trátase de adquirir unha formación en diferentes aspectos que forman parte dunha rama de coñecemento. A oferta é a seguinte:
  • Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas: Neste grao participan:
    • Administración e Dirección de Empresas
    • Economía
    • Empresariais
    • Dereito
    • Turismo
    • Socioloxía
    • Educación Social
  • Grao Aberto en Enxeñaría Industrial. Neste grao participan:
    • Tecnoloxía Industrial
    • Mecánica
    • Electrica
    • Electrónica Industrial e Automática
Consulta este documento para saber número de plazas e outros aspectos de interese.

viernes, 1 de mayo de 2020

TELEORIENTANDO CON ESTE VIDEO DAS MATERIAS OPTATIVAS EN 2º DE ESO

Dalle ó rato para saber máis e AUTOAVALÍATE respondendo ás preguntas.

jueves, 30 de abril de 2020

TELEORIENTANDO CON ESTE VIDEO SOBRE OS PARÁMETROS DE PONDERACIÓN

Se non sabes moi ben que é eso dos parámetros de ponderación, este é o teu video.

TELEORIENTANDO CON ESTE VIDEO DA FP BÁSICA


Velaquí tes este video, no que che conto que é a FP Básica e para que  che vale

TELEORIENTANDO CON ESTE VIDEO DE FP MEDIA


Esta vez é a FP Media a que ocupa o papel principal nesta publicación. Seguirás descubrindo máis cousas respondendo ás preguntas que che fai o video.

TELEORIENTANDO CON ESTE VIDEO DE FP SUPERIOR


Agora que xa sabes cousas da FP Básica e Media, quedaches o ultimo nivel, a FP Superior,  e despois se queres rumbo á Universidade.

Este video ten 10 minutos de duración escasosComo sempre terás que respoder a preguntas moi sinxelas para ver o que aprendiches. 

miércoles, 29 de abril de 2020

TELEORIENTANDO SOBRE OS TRES NIVEIS DA FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA

Para ter unhas nocións básicas e saber  como se ordena a Formación Profesional Específica, mira este video de pouco máis de 7 minutos
Como sempre terás que respoder a preguntas moi sinxelas para ver o que aprendiches.
En posteriores videos explicareiche, con máis detalles,  cada un deses niveis.

lunes, 27 de abril de 2020

TELEORIENTANDO EN 2º DE ESO

Xa cubriches algun test sobre habilidades e intereses profesionais, coa idea de saber cales son as túas fortalezas, aquelo que se che da ben, cousas coas que disfrutas. Así xa te vas coñecendo, descubrindo como eres....

Esta pandemianon ten porque ser un impedimento para seguir orientándote e ter a información que precisas para cursar 3º de ESO. 

Nesta segunda actividade terás que ver un primeiro video, de duración  6 minutos e medio. Nel aprenderás 

  • cal é a estructura da ESO  
  • materias que terás que cursar en 3º de ESO
  • relación das materias de 3º de ESO cos itinerarios de 4º de ESO

É un video interactivo. Cada certo tempo, detense para que contestes a diferentes preguntas, e comprobar o que aprendes. A vantaxe é, que podes velo cantas veces queiras e mesmo podes darlle o play para diante e para atrás.

Estes son os deberes que terás que facer na plataforma de EDMODO. Tes unha semana de plazo de entrega. Neste recuncho que temos para comunicarnos, non dubides en plantexar calquer dúbida, preguntar ou  facer comentarios. 

Para poder comprobar o que fixeches, envía capturas de pantalla a EDMODO, das preguntas que van aparecendo no video, despois de respondelas. 

sábado, 25 de abril de 2020

TELEORIENTANDO EN 4º DE ESO



Xa cubriches algun test OrientaLine no que chegabas a uns resultados:

  • Idoneidade de cursar un Bacharelato
  • Modalidade de bacharelato aconsellada
  • Grupo de carreiras aconsellables
  • Outras suxerencias 



Agora precisas ter informacón. Para esto nesta segunda actividade terás que ver un primeiro video no que aprenderás:  


  • Cálculo da nota media da etapa.
  • Matrícula de honra.
  • Opcións co título da  ESO e sen el.
  • Modalidades do bacharelato.
  • Tipos de materias no bacharelato.
  • Oferta de materias en 1º de Bacharelato.

É un video interactivo. Cada certo tempo, detense para que contestes a diferentes preguntas, e comprobar o que aprendes. A vantaxe é, que podes velo cantas veces queiras e mesmo podes darlle o play para diante e para atrás.

Estes son os deberes que terás que facer na plataforma de EDMODO. Tes unha semana de plazo de entrega. Neste recuncho que temos para comunicarnos, non dubides en plantexar calquer dúbida, preguntar ou  facer comentarios. 

Para poder comprobar o que fixeches, envía capturas de pantalla a EDMODO, das preguntas que van aparecendo no video, despois de respondelas. 


jueves, 23 de abril de 2020

TELEORIENTANDO EN 1º DE ESO


Xa cubriches algun test sobre habilidades e intereses profesionais, coa idea de saber cales son as túas fortalezas, aquelo que se che da ben, cousas coas que disfrutas. Así xa te vas coñecendo, descubrindo como eres....

Esta pandemianon ten porque ser un impedimento para seguir orientándote e ter a información que precisas para cursar 2º de ESO. 

Nesta segunda actividade terás que ver un primeiro video, de duración moi curta, soamente serán 2 minutos e medio. Aprenderás cal é a estructura da ESO  e as materias que terás que cursar en 2º de ESO.

É un video interactivo. Cada certo tempo, detense para que contestes a diferentes preguntas, e comprobar o que aprendes. A vantaxe é, que podes velo cantas veces queiras e mesmo podes darlle o play para diante e para atrás.

Estes son os deberes que terás que facer na plataforma de EDMODO. Tes unha semana de plazo de entrega. Neste recuncho que temos para comunicarnos, non dubides en plantexar calquer dúbida, preguntar ou  facer comentarios. 

Para poder comprobar o que fixeches, envía capturas de pantalla a EDMODO, das preguntas que van aparecendo no video, despois de respondelas. 

miércoles, 22 de abril de 2020

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS NA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA


  • A UDC nun clic!

Como futuro estudante universitario, a Universidade da Coruña quere amosarche nestas Xornadas de Portas Abertas: como é, que fai e que pode ofrecerche para que se vexan cumpridas as túas expectativas vitais e profesionais na a túa traxectoria universitaria. 

Outros anos, puido abrir literalmente as  portas e manter un contacto estreito e persoal contigo. Nesta ocasión, a COVID-19 obríga a facelo de forma virtual, mais iso non será impedimento para ensinarche a UDC con todo o seu agarimo. Achégate!

  • A quen vai dirixida ?
Tanto estudantes como familiares poderán coñecer como é a Universidade por dentro e poderase interactuar cos responsables das diferentes titulacións

  • Cando será ?
Xoves 23 e venres 24 de abril

  • Que podes ver?
Podes ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos que lles ofrecemos para o vindeiro curso 2020-2021.

Esta é a ligazón para acceder: 


E na aplicación móvil UDC.gal para Android e para IOS

Disporedes de:
  • Videoconferencia en directo de cada titulación
  • Vídeos de Centros Universitarios
  • Vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumando titulado
Tamén teredes á vosa disposición dous postos permanentes para guialos polas Xornadas: un de Información Xeral e outro no que poderán facer as a consultas relacionadas co Acceso e Admisión na Universidade.
Temos un apartado especial con obradoiros e retos en vivo, con premios para quen os consiga superar.

  • Que outras cousas podes descubrir?

Tamén se darán a coñecer os servizos e unidades dos que dispón a Universidade: 
  • Residencias universitarias
  • Centro de Linguas
  • Cooperación e voluntariado
  • UDC Internacional
  • Instalacións deportivas
  • Asociacións estudantís
  • UDC saudable