O PREGUNTOIRO
Moi pronto voltaremos ás clases e algúns teredes novos compañeiros e compañeiras. Para crear grupo e sentir que se pertence, é necesario coñecer ós teus iguais. Crear comunidade axuda a sentirse parte do grupo no que estás.
Ter habilidades de comunicación que faciliten as relacións sociais cos outos e outras, axuda a esa acollida e integración. Ás veces, non queda máis remedio que ser PREGUNTÓN, querer saber para iniciar conversacións. Aquí che deixo unhas cantas preguntas.
Tamén valen para os profes para facilitar os círculos de diálogo e facer un chequeo emocional da aula, tendo en conta as circunstancias nas que estamos a vivir e despois de máis de seis meses, sen volver a estar en contacto coa rapazada . Este ano, terémolo máis complicado, polas distancias de seguridade para sentarnos en círculo todos xuntos. Algo se nos ocurrirá ó equipo de convivencia.
Está xenial Lourdes. Grazas e bicos.
ResponderEliminar