sábado, 30 de diciembre de 2017

OS MEUS FIRMES PROPÓSITOS

Todos os anos cando chegan estas datas, lembrámonos de marcar unhas metas, uns obxectivos. Debe de ser por aquelo que dí o refrán de " ano novo, vida nova" A verdade é, que no meu caso, acórdome máis en setembro, cando empezamos o curso. Aínda así, aí van os meus firmes propósitos

A ver se os dou cumprido!!! A ver se non me pasa o mesmo ca cos típicos tópicos como: 

Deixar de fumar.
Empezar unha dieta.
Estudar inglés.
Facer deporte dúas veces á semana.
Ir a clases de yoga.



viernes, 29 de diciembre de 2017

CHEGOU A FORTUNA!!

Non, non me tocou a lotería pero tiven un agasaio moi especial para min!!!! 

Recibín este honor o día 19 deste mes, así que xa me era tempo de dar as grazas polo premio que me otorgaron na 5ª edición dos premios OrienTapas de "Boas Prácticas en Orientación Educativa con TIC e en rede".

Dí o refrán que é de ben nacidos ser agradecidos... 


viernes, 15 de diciembre de 2017

GAMIFICANDO EN ORIENT(ACIÓN)


Como xa dixen nalgunha entrada anterior,  no meu centro facemos aproximacións a metodoloxía do traballo por proxectos. Este curso o equipo da biblioteca propuxo traballar a paisaxe, como temática.

A paisaxe como realidade e entelequia está na mirada de cada un de nós. Nesta proposta aparece recollido que pode haber múltiples paisaxes. Por tanto, un deles, pode ser esa mirada no horizonte ou plan de ruta, a seguir polo alumnado. 

Agora que xa chega o Nadal e temos máis tempo de lecer, explora e descubre a paisaxe da ESO e outras realidades, xogando con esta argallada. 

Pero... como sempre é mellor xogar con máis xente. Todo é máis divertido e emocionante... e sobre todo cando se compite para gañar puntos, nesa gimkana que se organizará o xoves de coller vacacións.

Mentras tanto, podes ir probando. Todo xogo ten unhas regras e tamén un kit de instruccions:
  • Hai dúas maneiras de xogar: todos contra todos ou por equipos. Esta opción aparece cando clicas na imaxe que aparede máis abaixo.
  • É acosellable dispoñer dun teléfono móbil, tablet ou calquer outro dispositivo.
  • O programa Kahoot, darache un código para empezar a xogar.
  • Despois cada xogador introduce o seu nome que aparecerá na pantalla do ordenador
  • Unha vez feito o paso anterior xa todo está listo para empezar a XOGARRRR... De seguro que tamén aprenderá moitas cousas que ó mellor non sabías.

miércoles, 6 de diciembre de 2017

SON MÁIS FORTES AS MULLERES POR CALAR COS HOMES POR BERRAR

O luns 13 de novembro, publiquei unha entrada sobre a violencia de xénero. Neste artigo animaba ós titores para que abordasen este tema, con algunha proposta de actividades para desenvolver nas aulas.
A resposta e a alta participación do alumnado non se fixo esperar,  grazas á colaboración das titoras e titores.  
O encabezamento que leva este texto, está recollido nunha das ilustracións que aparece no percorrido virtual que podes facer máis abaixo, para observar como o noso alumnado quixo expresar a súa rabia e indignación ante o maltrato, despois de tratalo nas hora de titoría. 
Merecen tamén mención, as seguintes ideas, destacadas polas nosas alumnas e alumnos:
  • "Ni golpes que hieran, ni palabras que duelan"
  • "Ni una menos"
  • "El maltrato no cabe en una sociedad justa"
  • "Aunque la disfracen con amor sigue siendo violencia"
  • "Que el miedo no te impida denunciar"
  • "No a la violencia de género porque eres libre, y callada no estás más guapa"
  • "¿Qué haces así vestida? ¿Que pasa, no había ropa de tu talla?
  • "¿A dónde vas maquillada? Pareces un payaso.
  • "Si te pega, no te quiere. Los únicos que pueden hacerle daño a una mujer son sus tacones".
  • "El único que puede darle patadas a una mujer es su hijo, antes de nacer"
  • "Ponte fin para tener un principio"
  • "No hagas trato con el maltrato"
Powered by emaze

sábado, 18 de noviembre de 2017

NOVIDADES NA OFERTA DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA E OUTRAS INFORMACIÓNS VARIAS


O pasado Luns, 6 de novembro, a Universidade de A Coruña, convidou ós directores e orientadores dos centros, a participar  nunha xuntanza. Tivo por finalidade dar a coñecer a oferta de actividades, que esta universidade ten programado para o futuro estudantado do curso 2017/18. A continuación, expoño un resumo das consideracións máis importantes:

DOUS NOVOS TÍTULOS DE GRAO ( curso 2018/19 )

  1. Grao  en Xestión Industrial da Moda: Ofertaranse 50 prazas e POSIBLIMENTE estará vinculado a rama de coñecemento de Ciencias Sociais e Xurídicas e lóxicamente os parámetros de ponderación aínda están por determinar. Aínda que está máis orientado á Xestión Industrial tamén incluirá coñecementos en deseño de moda. Na elaboración e deseño do título contouse coa colaboración coas empresas do sector téxtil como é o caso de INDITEX. Para disfrutar dalgún programa de ERASMUS en universidades estranxeiras van a esixir un B2 en Inglés.
  2. Grao en Paisaxe: trátase dun grao interuniversitario. Os dous primeiros cursos impartiranse na Universidade de Santiago ( campus de  Lugo ) e o resto na universidade de A Coruña. Teñe previsto regular o plan de materias ou créditos non superados de 2º curso para 3º, priorizando estar matriculado na universidade na que están a cursar máis materias e facilitarlles algunha titoría, ben presencial ou á distancia, para superalas .É unha aposta grande dende diferentes institucións. Tamén ofertarán 50 prazas. Igual  que no caso anterior, están por regular os parámetros de ponderación.
TITULACIÓNS PREVISTAS PARA O CURSO 2019/20 ( pendentes de aprobación)

  1. Ciencias e Enxeñaría de datos e Informática: haberá 50 prazas.
  2. Creación, Animación e contidos dixitais : será simultánea con Comunicación Audiovisual: haberá 50 prazas.
TITULACIÓNS QUE PODERÁN  ADOPTAR ALGUNHA TRANSFOMACIÓN (curso 2019/20 ) 

  1. Grao en Información e Documentación: Incorporación de contidos dixitais para responder ás necesidades do mercado laboral. Haberá pasarelas para incorporarse ó novo grao, para aqueles alumnos que non teñan rematada a titulación.
  2. Doble grao en Administración e Dirección de Empresas e empresarias: tamén terá cambios.
  3. Grao en Enxeñaría Eléctrica: terá un formato dual. Esto quere dicir que parte da súa formación académica levarase a cabo en empresas.
TITULACIÓNS QUE DESAPARECEN

  1. Doble grao de Ciencias Empresariais e Arquitectura: pouca demada deste grao

ACCIÓNS ENCAMIÑADAS A DAR A COÑECER A OFERTA FORMATIVA DA UDC 

  1. Visitas dos alumnos ós campus de A Coruña.
  2. Visitas dos alumnos ós campus de Ferrol.
  3. Visita ó Centro de Investigación de Ciencias Avanzadas (CICA)
  4. Visita ó Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil ( CITEE )
  5. Visita ó Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicación ( CITIC)
  6. Visita ó Instituto Universitario de Medioambiente
  7. Visita o Centro de Innovación Tecnolóxica ( campus de Ferrol )
  8. Charlas informativas sobre titulacións universitarias.
  9. Charlas de divulgación científica.
  10. Charlas genéricas: ABAU, EEES, becas e axudas, grados da UDC...
LIGAZÓN RELACIONADO: ( novidades nas tres universidades galegas )

lunes, 13 de noviembre de 2017

#25 NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO


A violencia de xénero é unha lacra na nosa sociedade. As estadísticas son alarmantes. É necesario polo tanto, atopar formas de convivencia nas que mulleres  e homes vivan nunha sociedade libre e igualitaria. Unha maneira de loitar contra esta monstruoisidade, é educando as nosas alumnas e alumnos, na tolerancia e no respeto. 

Proposta para abordar este tema dende as titorías:

  • Para centrar ou introducir o tema utiliza esta presentación interactiva. Tamén se pode visualizar o video que aparece a continuación e que merece especial interese, pola significatividade que ten para os nosos alumnos do centro. Foi realizado o curso pasado na materia de Educación Plástica pola profesora Isabel Aller coa colaboración do alumnado de 4º de ESO. Nel aparece recollido o sufrimento, as inxustizas e o horror humano que desgraciadamente algún colectivo máis desfavorecido da nosa sociedade  padece. Esta curta formou parte do proxecto inhumano que traballamos dun xeito interdisciplinar o curso pasado.
  • A segunda parte consistiría en facer unha labor de investigación coas ligazóns que aparecen máis abaixo, para recoller distintas testemuñas de mulleres afectadas por situacións de maltrato e finalmente expoñelas  no corredor do Instituto.
  • Outra proposta é facer unha análise dalgún tema musical, canción ou videoclip, no que se considere que se poñen de manifesto aspectos discriminatorios.






Ligazóns para buscar información 
  • La escalera de la violencia
  • La historia de Pepe y Pepa
  • Mi novio me controla normal 
  • Soy una chica mala
  • https://smoda.elpais.com/moda/actualidad/entrevista-mujer-maltratada-dia-internacional-de-la-eliminacion-de-la-violencia-contra-la-mujer/
  • http://www.20minutos.es/noticia/880483/0/supervivientes/maltrato/machista/
  • http://www.enfemenino.com/feminismo-derechos-igualdad/testimonios-victimas-violencia-de-genero-s1999572.html.
  • http://www.eldiario.es/zonacritica/Carta-abierta-Ana-Mato-maltratada_6_303479675.html
  • http://ibasque.com/mujeres-muertas-en-espana-por-violencia-machista/

sábado, 11 de noviembre de 2017

INCLU(IMOS) ACEPTANDO AS DIFERENZAS 


A realidade das aulas é unha representación en pequeno,  da nosa sociedade. A diversidade humana abrangue un amplo abano. Moitas veces esas características que nos fan únicos e singulares son un acicate para a intolerancia. Estas situacións acontecen nos centros educativos, e é cando debemos de intervir para cambiar a mirada, aceptando as diferenzas como enriquecedoras, auténticas oportunidades para aprender. Sería unha mirada inclusiva. Una escuela igualitaria debe ser  para todas e todos os nenos.   

Este foi o enfoque que Eva Sanz Santás, orientadora no IES de Curtis, adoptou para preparar estas dúas presentacións. Nesta mesma liña,  tamén aparece un audio, en favor desta campaña de inclusión educativa que gravei, para contribuir a esa labor de sensibilización.






Ligazón relacionado:
http://www.juntadeandalucia.es/educacion/webportal/ishare-servlet/content/2c241c7b-fe72-4228-bf24-03a7b57c081f

sábado, 4 de noviembre de 2017

XORNADA DE CONVIVENCIA COS MEDIADORES


O pasado venres, 27 de Outubro, un grupo de mediadores e varios profesores fixemos unha ruta entre Baldaio e Caión. Esta xuntanza é sumamente importante, para lograr un sentimento de unidade e cohesión grupal. Reforza os sentimentos de seguridade e pertenza a un grupo, cun papel relevante na mellora da convivencia escolar. É unha ocasión para reforzar as relacións basadas no respeto mutuo, tolerancia e igualdade. Tamén e un xeito de expresar a nosa gratitude ós noso alumnos mediadores que participan activamente na resolución de procesos de mediación, e como consecuencia, no establecemento dun mellor clima no noso centro.







jueves, 2 de noviembre de 2017

QUE VAS SER O DÍA DE MAÑÁN?

Esta e outras preguntas similares, forman parte dun amplo repertorio, que seguramente moitos de nós recordamos dende ben pequenos. Os máis afortunados son aquelas personas vocacionais que enseguida atoparon unha resposta, pero non sempre este proceso de descubrimento é así, e tampouco garantiza que sexa acertado. 

A selección de videos, que aparecen neste taboleiro poden axudar nesta procura. Fai a escolla atendendo a estes criterios:
  • Corto de PIPAS: A importancia de ter uns coñecementos culturais mínimos que avalan a consecución do título de Graduado en Educación Secundaria.
  • Videos de motivación persoal.
  • Establece un plan de vida, tendo claro que supón, salir da túa zona de confort para pasar a unha zona de aprendizaxe, aumentando en seguridade e confianza persoal. Este proceso axuda a conseguir os teus soños, desexos.
  • Loita polos teus anhelos, por aquelo que queres, desenvolvendo os teus talentos, aínda que as circunstancias do teu entorno, non sexan favorables e incluso amenazantes.
  • Decide ó que che gustaría adicarte nun futuro, sen que os cartos medien de por medio.
  • Como escoller que estudar: reflexiona sobre as túas capacidades, actitudes, intereses, actitudes, posibilidades do entorno, habilidades...
  • O éxito como resultado de talento máis esforzo.
  • Enfrentarse á vida dunha maneira optimista e intelixente, cambiando a túa actidude.
  • Proxecto de vida: aportación e contribución a mellora da sociedade.
  • Elementos que condicionan as túas decisións: medos, creenzas, dudas, entorno, familia, amigos...
  • 5 cousas que podo facer para saber que me apasiona: non ter en conta os aspectos económicos, poñerlle ganas ó que xa estás a facer, rodearse de persoas que lles apasionan o que fan, pasar tempo solo para descubrir o que che gusta e probar a facer cousas novas.
  • 10 pedras nas que todos tropezamos cando tomamos decisión.

Hecho con Padlet

lunes, 30 de octubre de 2017

SE ESTUDO NON ME PILLA O TORO

A estudar que xa estamos na metade do trimestre!! Hai que poñer as pilas. Tampouco se trata de estudar máis, senón mellor, dunha maneira máis efectiva. Esta colección de videos poden axudarche a saber como enfocar o estudo. O

A selección inclúe:

  • Técnicas para controlar os nervios nos exames.
  • Métodos de concentración.
  • Trucos para memorizar.
  • Como estudar para un examen. Sete pasos fáciles.
  • Como ter un caderno limpo e con boa presentación.
  • Como estudar a última hora.
  • Métodos de concentración. Cinco claves para manter a atención.
  • Secreto para mellorar a memoria.
  • Como facer mapas conceptuais.
  • Como facer esquemas.
  • Como facer resumos. Sete pasos clave
  • Tres claves para ter bos hábitos de estudo.
IMPORTANTE: Este taboleiro está en constante renovación. Irase actualizando con recursos visuais que podan ser de interese.
Hecho con Padlet

domingo, 29 de octubre de 2017

CORTOS PARA EDUCAR EN VALORES

No blogue de Manu Velasco " axuda para maestros" aparece esta recopilación de 50 cortos para traballar nas aulas. Tamén está recollida unha breve reseña de cada un. 

Hecho con Padlet

viernes, 20 de octubre de 2017

CLUB DE DEBUXO NO NEIRA VILAS



Poi asi foi como empezou todo. Ós nosos alumnos non lles faltan ideas para facer cousas xuntos. Esta iniciativa ven da mán, de tres alumnos que temos no centro, que con moita ilusión viñeron a plantexarme, que me parecía facer un club de debuxo temático. No primeiro en que pensamos foi, en como difundilo entre o alumnado do centro, para que se apuntasen. Así que decidimos,  que un xeito de publicitalo, era facer un audio de sonido, para animar ós alumnos a participar. Escoita o que nos teñen que dicir:
  • Miguel Pozo González , alumno de 4º de ESO
  • Noela Mato López, alumna de 3º de ESO
  • Sara Orro Burés, alumna de 3º de ESO

  1. ¿ Te gusta dibujar pero solo encuentras escusas para no hacerlo?
  2. ¿ No quieres pagar para aprender a dibujar?
  3. ¿ Siempre te sale un ojo más grande que el otro?
  4. ¿ Dibujas manos pero parecen albóndigas?
  5. ¿ Te gustan los retos a la hora de dibujar?
  6. ¿ Buscas que tus dibujos tengan vida ?
  7. ¿ Tus personas son monigotes de palitos?
  8. Pues únete a nuestro club de dibujo, donde tus bocetos serán obras de arte.

Tamén crearon este fantástico blogue para ir creando galerías de debuxos. 


Pincha na imaxe para acceder ó blogue

viernes, 6 de octubre de 2017

EMPEZANDO O CURSO

Esta presentación contén aquela información que nos parece máis relevante con motivo do inicio de curso. Son cuestións básicas que as familias deberían coñecer sobre:
  • Organización:horarios de entrevistas co titor/a, funcionamento e normativa do centro, criterios de promoción, avaliacións, calendario.
  • Suxerencias de colaboración e participación dos pais no centro e no desenvolvemento académico dos alumnos.
  • Outras cuestións de interese.

Aproveito tamén, para lembrar outras características específicas da etapa, segundo os distintos cursos e outras máis xerais


FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º DE ESO
Recordar que aumenta o número de materias con respecto á Educación Primaria, sendo estas:

Educación Plástica e Visual
Investigación e Tratamento da Información/Programación
Francés
Unha hora semanal de Titoría

    É IMPORTANTE saber que a exención de Francés dedícese por lei no centro de secundaria, cando comezan as clases e tras revisar os seus expedientes e segundo os informes de Primaria.
    Aumenta o número de profesores que imparten clase: un profesor por materia.

    FAMILIAS DO ALUMNADO DE 2º DE ESO 
    As materias novas en 2º curso son:
    Física e Química
    Tecnología
    Música
    Oratoria/Educación Financieira

    FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º DE ESO: 
    As materias optativas son: Relixión e Cultura Clásica. 
    Diferéncianse dous tipos de Matemáticas. As que están orientadas ás ensinanzas académicas e aplicadas. Esta elección non é vinculante para 4º de ESO


    FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º DE ESO
    Destacar a importancia de acadar o título de ESO e do cerca que están para elo. Se a situación continúa a ser como o curso pasado independentemente do itinerario cursado en 4º ( académico ou aplicado)  poderán escoller bacharelato ou FP. 

    SECCIÓN BILINGÜE E PLAN PLURILINGÜE

    Como xa comprobastes, no noso centro impártese unha sección bilingüe en Física e Química e temos un Plan Plurilingüe na materia de Ciencias Sociais en Francés. Aínda que no documento de matrícula existe a posibilidade de solicitalo, non é acosellable para todo aquel alumnado que ten dificultades nas linguas ou que esté a recibir algunha medida de atención á diversidade.

    PLAN DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES
    Lembrar a existencia do plan de  recuperación de pendentes no curso seguinte: exames parciais e finais, boletíns de traballo, atención personalizada en reunións cos xefes do departamento, materias de avaliación continua.


    MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
    Dentro das medidas de atención á diversidade, a lexislación contempla a posibilidade de cursar  en 2º ou 3º de ESO un Programa de Mellora do Aprendizaxe e Rendemento Académico. Para poder impartirse require que haxa un número determinado de alumnos proposto polos equipos educativos. Aínda que sí houbo algunha proposta, non houbo alumnado suficiente para formar grupo. Outra das medidas que recolle a normativa son os agrupamentos específicos que iniciamos o ano pasado e seguimos a continuar no presente curso.


    SABER DETECTAR O ACOSO ESCOLAR
    O Colexio Oficial de Psicólogos elaborou unha guía que asesora ás familias ante o acoso escolar. Dentro da comunidade educativa as familias son  as máis vulnerables. Moitas veces non saben que facer e/ou a quen dirixirse ante esta problemática. Téndese a pensar ás veces  que o silencio vai acabar co problema, cando é todo o contrario, co silencio o problema crece e convertese en síntomas psicosomáticos, que se non se tratan a tempo coas estratexias psicolóxicas axeitadas, chegan a instalarse e converterse en traumas. 

    miércoles, 4 de octubre de 2017

    APRENDENDO A MEDIAR


    Como se aprende a mediar? Pois, como todo nesta vida, a base de práctica. Esta foi a consigna, que o equipo de convivencia e mediación, lle deu ós formadores que impartiron este Obradoiro. 

    Asistiron un total de 20 alumnos que xa tiñan coñecementos neste tema, é dicir, xa en cursos pasados,  recibiran formación teórico-práctica. A realización do cursiño rematou a semana pasada. Tivo unha duración de 12 horas. 

    Traballaronse as técnicas de mediación, partindo de supostos prácticos que eles mesmos plantexaron e que viven en primeira persoa nas aulas. Esta cuestión é de relevancia, porque axuda a tomar conciencia de que os conflitos forman parte das nosas vidas diarias e ante eles debemos de adoptar un enfoque restaurativo, que axuda a reestablecer as relacións que estaban deterioradas. Tamén axuda a crear sentimento de grupo, entre os alumnos que asistiron,  chegando a facer propostas, sumamente interesantes para facer máis visible a mediación na vida do centro, se ben é certo,  que a mediación como ferramenta de resolución pacífica, leva xa varios anos implementada no Instituto. 







    martes, 3 de octubre de 2017

    QUERO ESTUDAR 1º DE BACHARELATO NO ESTRANXEIRO


    Se eres dos que che gusta vivir novas experiencias, esta é unha gran ocasión para probar sorte e inscribirte nas becas que anualmente convoca a Fundación Amancio Ortega. Os países acolledores son Estados Unidos e Canadá. Son un total de 80 becas para a nosa Comunidade Autónoma. Mira esta presentación interactiva para saber como tes que facer...

    sábado, 30 de septiembre de 2017

    ACI-PROGRÁMAME


    Oscar Abilleira , na súa páxina recursoseducativos.net,  ten varias aplicacións para axuda dos docentes e tamén para o colectivo de orientadores. De seguro, que trala avaliación inicial,  se toman medidas como a de elaborar Adaptacións Curriculares Significativas para determinados alumnos. Polo tanto, ésta é unha ferramenta, da cal podemos votar man, é o que é máis importante, aforrar tempo que sempre é escaso, para todas as labores que temos encomendadas.

    sábado, 16 de septiembre de 2017

    CAMPAÑA PREVENTIVA PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA NOS CENTROS

    Xa temos ó noso dispor a información relativa e como solicitar as charlas informativas que dende fai algúns anos, pon en marcha a Alta Inspección de Educación en colaboración co Ministerio do Interior, para aprender a convivir nos espazos nos que nos relacionamos e tamén no ciberespacio.

    domingo, 10 de septiembre de 2017

    MÁIS BECAS PARA ESTUDAR FP


    Se vas estudar un ciclo de grao medio ou superior nas ramas profesionais que aparecen nesta presentación interactiva, en algún centro de A Coruña e Arteixo, debes de darlle ó rato para saber máis. Adiántoche un dato IMPORTANTE!!!: non é incompatible coa solicitude doutas axudas, como pode ser a beca do MEC.

    jueves, 7 de septiembre de 2017

    ÚLTIMAS PRAZAS NOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR!!!!!


    Se estabas pendente por saber como che foi nos exames de setembro e tes claro que queres probar sorte nun ciclo formativo de grao medio ou superior, ésto é o que precisas saber. DALLE Ó RATO AXIÑA QUE MAÑÁN MESMO REMATA O PRAZO.

    miércoles, 6 de septiembre de 2017

    ESTAMOS EN PRAZO PARA SOLICITAR UN CICLO DE FP BÁSICA


    Se estás pensando en facer un ciclo de Formación Profesional Básico, e agora o tempo de solicitalo. Non esquezas que dende aquí tamén podes chegar á universidade se lle pós ganas. Olla este presentación interactiva para saber qué tes que facer,  e se aínda tes dúbidas,  ven axiña a Orientación que o tempo corre...

    lunes, 28 de agosto de 2017

    OCUPACIÓNS LABORAIS DAS FAMILIAS PROFESIONAIS

    Que podo descubrir con este panel interactivo?

    • Postos de traballo das familias profesionais
    • Aptitudes que preciso
    • Estudos de FP que teño que facer para cada ocupación
    • Onde podo cursar estes estudos
    • Datos de inserción laboral ( actualizados a Xuño de 2017 )
    E como sempre, non te esquezas de pasar o rato,  para acceder ás ligazóns

    lunes, 21 de agosto de 2017

    BECAS PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS 2017/2018

    BECAS E AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO


    1. Destinatarios

    • Alumnos afectados por TDAH que requiran apoios e atencións educativas específicas.
    • Alumnos que presenten necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conducta para familias numerosas
    • Alumnos con necesidades específicas de apoio educativo asociados a altas capacidades

    2. Documentación

    Para o alumnado con discapacidade ou trastorno grave de conducta  deberán acreditar:

    • Certificado dun equipo de valoración e orientación dun centro base do Instituto de Maiores e de Servizos Sociais
    • Certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou departamento de orientación
    • Certificado de discapacidade
    Para o alumnado con reeducación pedagóxica da linguaxe, ademáis da mencionada, deberá presentar: 
    • Certificación expedida polo inspector de zona na que se acredite a necesidade de recibir estes tratamentos pola inexistencia ou insuficiencia da atención pedagóxica proporcionada polo centro e a inviabilidade de matriculación do alumno nun centro no que dispoña do servicio.
    • Informe específico do equipo de orientación específico ou departamento de orientación no que se detalle o número de horas semanais para a súa corrección. 
    • Memoria expedida polo centro reeducador que preste os servizos. 
    Para o alumnado con altas capacidades intelectuais

    • Certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou departamento de orientación
    • Memoria expedida polo centro reeducador 
    3. Prazo de presentación

    Desde o 13 de Agosto de 2017 ata o 28 de Septiembre de 2017

    4. Presentación da solicitudes

    Acceso ó servizo online

    AXUDAS E CUANTÍAS
    Enseñanza

    Ata 862 Euros
    Transporte Interurbano
    Ata 617 Euros

    Comedor Escolar
    Ata 574 Euros

    Residencia Escolar
    Ata 1. 795 Euros

    Transporte fin de semana
    Ata 442 Euros

    Transporte urbano
    Ata 308 Euros

    Libros e material didáctico
    Ata 105 Euros: EP, ESO, FPB
    Resto de niveis postobligatorios: 204 Euros


    Reeducación logopédica e da linguaxe
    Ata 913 Euros

    Alumnos con  altas capacidades
    Ata 913 Euros


    UMBRAIS DE RENTA
    Familias dun membro

    11.937 Euros
    Familias de dous membros
    19.444 Euros
    Familias de tres membros
    25. 534 Euros
    Familias de catro membros
    30. 287 Euros
    Familias de cinco membros
    43. 370 Euros
    Familias de seis membros
    38. 313 Euros
    Familias de sete membros
    42. 041 Euros

    Familias de oito membros
    45. 744 Euros



    Para ampliar información:

    Acceso ó texto da convocatoria
    Páxina do Ministerio de Educación


    lunes, 3 de julio de 2017

    AMPLÍANSE AS MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN NA ESO


    A Consellería de Educación amplía a oferta das materias de libre configuración para cursar en 1º e 2º da Educación Secundaria Obrigatoria. A carga lectiva é de unha hora semanal e só se poden cursar nun dos dous cursos. 
    No seguinte coleccionable podes descargar os curriculums de todas as materias de catágo, publicadas ata agora:
    • Identidade dixital 
    • Consumo responsable 
    • Valores democráticos europeos 
    • Mobilidade escolar sostible e segura ( páxina web  con material didáctico de axuda para esta materia ) 
    • Obradoiro de Música ( só se oferta en 1º de ESO )
    • Igualdade de xénero
    • Educación financieira
    • Investigación e tratamento da información
    • Oratoria
    • Paisaxe e sustentabilidade
    • Programación
    • Promoción de estilos de vida saudables
    • Xadrez

    Hecho con Padlet

    Tamén podes acceder a normativa que regula o currículo nas seguintes ligazóns:

    Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...