I FEIRA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL NO CONCELLO DE OLEIROS
O pasado venres día 25 de marzo, tivo lugar esta feira. Estes eventos son de especial relevancia para a labor das orientadores e orientadores dos centros educativos dándolle pulo a orientación vocacional.
Son oportunidades para que o alumnado se achegue ós stands, e ter información de primeira man, sobre as diferentes opcións académicas e profesionais.
A organización desta feira empezou no mes de decembro, con varias reunións entres as orientadoras dos tres institutos do Concello de Oleiros, a concelleira de educación e personal da Casa da Mocidade.
Estas xornadas foron a porta cerrada en horario de mañán para o alumnado de 4º de ESO e xa pola tarde estiveron abertas a todo o público.
O abano de participantes foi bastante amplo. Houbo presenza, entre outros de:
- Universidade pública e privada
- Formación Profesional
- Escola de Pilotos
- Escola de Tripulantes de Cabina
- As Forzas Armadas
- Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia