Mostrando entradas con la etiqueta Orientación 3º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Orientación 3º ESO. Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de mayo de 2021

INFORMACIÓN ACADÉMICA EN 3º DE ESO 


O paso de 3º a 4º de ESO é clave para ir construíndo o teu proxecto de futuro. En certa maneira,  terás que albiscar máis alá da oferta de materias no próximo curso. Case a vista de paxaro, deberás ter en consideración as materias de bacharelato para elexir ben en 4º de ESO.

Require certa pericia e ter un horizonte de futuro. Por outra banda, avecíñanse cambios coa aplicación da LOMLOE, cando comeces o bacharelato.

lunes, 4 de mayo de 2020

TELEORIENTANDO CUN SEGUNDO VIDEO EN 3º DE ESO

Neste segundo video explicareiche a relación que teñen as materias de cuarto de ESO con cada modalidade de Bacharelato.

OLLO: Fíxate ben en como escolles en 4º de ESO,  porque dependendo de como o fagas estarás definindo un tipo de bacharelato.

Ponlle sentidiño e escolle con cabeza.


martes, 21 de abril de 2020

EMPEZANDO A TELEORIENTAR EN 3º DE ESO

Estar confinados nas nosas casas, non vai a ser un impedimento para ter a información que precisas, de cara a saber que facer en 4º de ESO.

Neste primeiro video, de duración non máis de 5 minutos, aprenderás cales son os dous itinerarios de 4º de ESO e as materias de cada unha destas opcións.
É un video interactivo. Cada certo tempo, detense para que contestes a diferentes preguntas, para comprobar o que aprendes. A vantaxe é,  que podes velo cantas veces queiras e mesmo podes darlle o play para diante e para atrás.

Estes son os deberes que terás que facer na plataforma de EDMODO. Terás unha semana de plazo de entrega. Neste recuncho que temos para comunicarnos, non dubides en preguntar calquer dúbida, preguntas ou  comentario. 

Para poder comprobar o que fixeches, envía capturas de pantalla a EDMODO, das preguntas que van aparecendo no video, despois de respondelas.

lunes, 29 de abril de 2019

CAMIÑO DE 4º DE ESO


Do 2 ao 22 de maio, terás que facer entrega, dun documento sobre elección de materias para o vindeiro curso, ao teu titor/a. Esto permíteche dispoñer coa antelación, suficiente, da información que precisas para realizar unha axeita elección.
Aínda que non é VINCULANTE, sí será tida en conta para a oferta de materias optativas definitiva.

Esto está supeditado ás necesidades de organización do centro e outras medidas determinadas pola administración educativa como o mínimo legal de alumnos matriculados por materia ( 10 ALUMNOS en materias específicas ). Polo tanto, é IMPORTANTE que cubras este documento como se fose a matrícula definitiva.

Nestes días estarei nos distintos grupos para proporcionar información e orientación sobre este aspecto e outros que atoparedes na presentación. Se aínda así,  tes DÚBIDAS podes vir ao departamento de orientación para tratar de resolvelas.

RECORDA:  nos expositores e estanterías que hai diante do departamento de Orientación, tes moita información en formato papel. Nos andeis hai dípticos que podes coller, tanto da universidade como da formación profesional.

martes, 29 de mayo de 2018

QUE DEBEN DE SABER OS ALUMNOS DE 3º DE ESO

Nestes días terás que facer entrega da pre-matrícula ao teu titor. Para facer eleccións correctas precisas saber algunha información que tes na presentación e que xa che expliquei nas aulas. Se aínda así,  tes dúbidas podes vir ao departamento de orientación para tratar de resolvelas.

jueves, 1 de junio de 2017

RUMBO A 4º DE ESO


Xa estamos na recta final de 3º de ESO e enseguida vas ter que tomar decisións super-super importantes. Velaquí tes esta presentación para axudarche na complicada tarea de delimitar ben,  o camiño a seguir,  no próximo curso. Os puntos a tratar son:
  • Opcións co título de 4º de ESO  
  • Criterios de promoción a 4º de ESO
  • Relación entre os itinerarios de 4º de ESO e as modalidades de bacharelato
  • Materias prioritarias para cada modalidade
  • Consellos prácticos para escoller en 4º de ESO
  • Graos universitarios de cada rama de coñecemento
  • Un exercicio práctico


domingo, 8 de mayo de 2016

domingo, 1 de mayo de 2016

ORGANIZACIÓN DAS MATERIAS DE TERCEIRO DA EDUCACIÓN SECUNDARIA SEGUNDO A   LOMCE


3º ESO
MATERIAS TRONCAISMATERIAS ESPECÍFICAS
  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Física e Química
  • Xeografía e Historia
  • Lingua Castelá e Literatura
  • Matemáticas Académicas/Aplicadas
  • Primeira Lingua Estranxeira
  • Educación Física
  • Relixión/ Valores Éticos
  • Educación Plástica e Visual
  • Música
  • Tecnoloxía
  • Segunda Lingua Estranxeira/Cultura Clásica
  • Titoría


MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA
  • Lingua Galega e Literatura
  • Materia de libre configuración ofertada polo centro

LIGAZÓNS DIRECTOS ao currículum de cada materia de ESO LOMCE (publicados no portal da Consellería):

Materias troncais

Materias específicas


Materias de libre configuración autonómica


Materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes en educación secundaria obrigatoria


Lexislación que regula a distribución das materias neste curso:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...