ESCRITO A POST-A
Como moitos de vós sabedes, no día de onte, houbo outra folga para derogar a LOMCE. Seguramente vos dades conta, de que non son devota desta lei por non decir que me dá noxo, pero se a estas alturas temos que rediseñar a organización do ensino, menuda feira...
Escoitei ou lin, que os nosos xerifaltes, andan a debatir sobre o tan desexado pacto social para unha lei educativa, que sexa para moito tempo, que sexa transformadora, que responda ás necesidades sociais do século XXI... Serán capaces de entenderse? Deixarán de lado os seus intereses partidistas para chegar a un consenso? Daranse conta de que teñen que elborar unha lei, na que todas as alumnas e alumnos teñan cabida? que sexa inclusiva e non segregadora?, que sexa capaz de dar unha resposta educativa a todos eles? , que non se perdan talentos e potencialidades de tantos alumnos que abandonan ó noso sistema educativo e que poderían ser esenciais para esas futuras profesións, que aínda están por inventar....?

Como dicía máis arriba a web 2.0... bueno agora debemos de ir por unha versión máis... 3.0 ou que sei eu... supuxo unha eclosión ( entre outras cousas ) de blogues de moitos profesionais que traballamos no eido educativo. Para min persoalmente foi algo máxico, por moitas razóns, pero se teño que destacar algunha, sería albiscar o que outros fan, facer o que outros fan, sendo un aprendiz en prácticas que aínda se está formando, aprendendo deses "profesores pico"...
Se escribo toda esta parrafada é, porque moitas veces penso, que se os nosos dirixentes fixeran o mesmo... poderían deixar a un lado todos os seus escarceos políticos e poñerse a ler tantas opinións, experiencias, reflexións, desacougos, debates dos que estamos a pé de obra, para poñerse a falar dun verdadeiro pacto pola educación. No Nadal de fai dous anos, escribín unha carta os Reis Magos na que lles pedía algo parecido ó que acabades de ler, pero non me trouxeron os agasaios que pedín e máis penso que cumprín coas miñas obrigas...