Mostrando entradas con la etiqueta O Paso a Secundaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O Paso a Secundaria. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de junio de 2023

 XORNADAS DE ACOLLIDA 

O pasado venres, día 19 de Xuño, a rapazada de sexto de Primaria do CEIP Valle Inclán, estivo con nós. Viñeron acompañados das súas titoras e titores xunto ca orientadora.

Eles serán a nova promoción, que formarán parte da nosa comunidade educativa, para o novo curso que empezará o 11 de setembro, tal e como marca o calendario escolar do curso 2023/24. 

Como en anos anteriores, o alumnado mediador tivo un especial protagonismo,  ensinándolles as instalacions e facilitando círculos de diálogo para crear vínculos emocionais e fortalecer as relacións interpersoais. O número de alumnas e alumnos que viñeron ás xornadas foron arredor de 60. Dividíronse en 5 grupos acompañados de 3 mediadores en cada un deles. 

O guión, a modo de esquema. que seguiron os mediadores foi este:

NORMAS:

  • Sentarse no chan en círculo.
  • Os mediadores séntase formando un triángulo  para axudar a controlar o grupo.
  • Só pode falar quen ten a pelota na man. 
  • Os demáis teñen que escoitar.
  • Os mediadores tamén participan nas preguntas que se fagan no círculo.
PREGUNTAS DO CÍRCULO

  • Dime o teu nome
  • Que foi o que máis che gustou do que pasou  hoxe?
  • Que che axudaría ou che faría sentir ben cando estés no Instituto?
  • Que é o que máis che da medo do centro?
  • Dime algunha cousa do cole de Primaria que recordes como agradable.


sábado, 4 de junio de 2022

UNHA NOVA AVENTURA: VAMOS PARA O INSTITUTO

A progresiva volta á normalidade permitiu levar a cabo as xornadas de acollida, tal e  como eran antes. Xa ía sendo tempo!!
Os mediadores foron os axentes principais, tanto na súa organización como na súa realización. A pesares de andar moi atareados cos exames deste terceiro trimestre, sacaron tempo para as varias xuntanzas que tivemos e para gravar un video, donde falan daqueles aspectos que se consideraban de interés. Idelo ver na presentación de máis abaixo. 
A participación deles é fundamental, tanto nos días previos como no propio día que se recibe ó alumnado de Primaria. Ademáis de ser guías para ensinarlles as instalacións do centro, son tamén facilitadores de círculos de diálogo. Esto ven sendo o broche final das xornadas. Posto  que o tempo nos acompañou, rematouse esta actividade, sentándose no chan do patio en grupos de aproximadamente de 14 alumnos con cada dous mediadores. Coa axuda dunhas pelotas de goma, fóronlles dando o turno de palabra a todos para participar con preguntas que teñen arte... Ides tamén ver as fotos na presentación. 

sábado, 5 de junio de 2021

 XORNADAS DE ACOLLIDA 

Esta semana, estiveron con nós o alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Valle Inclán. Viñeron por tandas por mor da Covid. Cada día veu un grupo burbulla durante tres días lectivos. Escollemos os dous períodos lectivos da mañán para poder dispor de tempo de darlles a benvida ó centro e visitar as instalacións.O tempo tamén nos acompañou para poder estar no patio e tomar a merenda. 
Este curso non foi posible que as nosas alumnas e alumnos mediadores fixesen de anfitrións. O tempo de lecer do alumnado, que xa está cursando estudos no Instituto, non se puido compartir para poder disfrutar dese espazo de convivencia, que tanto lles gustaba...
Este é o video, no que todos os anos colaboran a rapazada de 1º de ESO, para aportar as súas experiencias no paso ó Instituto. Sen dúbida contar con eles, é un plus engadido a estas xornadas. 

Pasar de Primaria a Secundaria é embarcarse nunha nova aventura no IES Neira Vilas. Mira esta publicación anterior. 

viernes, 28 de mayo de 2021

QUENTANDO MOTORES PARA RECIBIR Ó ALUMNADO DE PRIMARIA

Estes son os preparativos deste ano, para recibir a rapazada do cole. Este curso si que vai haber xornadas de acollida de verdade, das que nos vemos as caras. Non vai ser como o curso pasado, que estabamos agochados nas nosas casiñas para non facerlle fronte ó coronavirus. Moi pronto estaredes aquí con nós. Mentras tanto, ide albiscando...
   

jueves, 4 de junio de 2020

XORNADAS DE ACOLLIDA VIRTUAIS


Este coronabicho que nos ten confinados, sen poder ir ó Instituto para poder recibir ó alumnado de 6º do CEIP Valle-Inclán, fai agudizar o inxenio. 

Olla esta presentación interactiva. Se tes mente investigadora, condición fundamental para ser un máis no Instituto, non che será complicado resolver uns  retos que terás que ir resolvendo. 

Os investigadores son curiosos por natureza. Antes, rastrean todas as pistas para dar solución ós desafíos. 

Se sigues as INSTRUCCIÓNS ó pé da letra, descifrarás o código secreto que abre a porta do Instituto, donde atoparás algo INCRIBLE.



jueves, 30 de mayo de 2019

AXIÑA VOU PARA O INSTITUTO!

Como di o refrán " o tempo pasa volando".  Xa estamos coa cabeza, pensando en facilitar ese período de adaptación para o novo alumnado que a partires do próximo setembro, formará parte da nosa comunidade educativa.  

Este proceso, dará comezo mañán mesmo, a partires das 10:30 que é cando temos previsto que cheguen os alumnos de 6º de Primaria do CEIP Valle-Inclán. Xa temos todo preparado para que esa primeira toma de contacto sexa cercana, cargada de ilusións por empezar unha nova etapa e ata podendo chegar a ser memorable, despois  dos anos.  De seguro que se preguntamos a algún profe, nos seus recordos, estarán como foron eses primeiros días no Instituto. 

Dicía antes, cargado de ilusións porque así foi como algúns alumnos, que xa están no centro estiveron dende a semana pasada, preparando este acto de benvida e explícovos como:

  • Algúns fixeron de guionistas do vídeo que podedes ver máis abaixo
  • Outros, ós que non lles importaba estar diante da cámara, puxeron voz a esas palabras.
  • A profe de Lingua Castelá de 1º ESO C axudoume a facer os ensaios antes de darlle a PREPARADOS, LISTOS, CÁMARA, ACCIÓN...
  • Ata houbo quen me suxeriu algunha recomendación para que o vídeo tivese mellor calidade en You Tube
  • E como seguramente xa sabedes, os que visitades este bloque,  é un clásico que os alumnos mediadores fagan non soamente de gúías para ensinarlles o Instituto, senón tamén de facilitadores para crear eses vínculos que debe de haber entre os membros dunha comunidade.  Son CÍRCULOS DE DIÁLOGO,  unha ferramenta máis da convivencia positiva que debe de haber nos centros.  Por certo, ata fixeron unha ronda de preguntas para  propiciar este diálogo, cunha simple pelota de pin-pong que se van pasando de un a un. Velaquí tes a tarxeta coas cuestións.



lunes, 11 de junio de 2018

AS XORNADAS DE ACOLLIDA CREAN COMUNIDADE

Como xa ven sendo costume no noso centro, todos os anos organizamos unhas xornadas de acollida e convivencia co alumnado de sexto curso de Primaria do noso centro adscrito ao Instituto. Foron o pasado venres 8 de xuño.

Con este acto de benvida pretendemos facilitar ese tránsito de Primaria a Secundaria, unha primeira toma de contacto ou achegamento. Moi pronto pasarán a formar parte da nosa comunidade educativa, ou porqué non dicilo, dunha familia grande de algo menos de 300 alumnos. Crear comun(idade) educativa é establecer lazos e vínculos en común para facelas máis fortes, máis unidas, para que cada membro sinta que pertence a ela. Esto é realmente o verdadeiro sentido de organizar estas xornadas, tender pontes entre nós, crear redes para INCLUIR. Sí, eso que agora se oe tanto no eido educativo, "inclusión educativa" tamén ten sitio, nesto que conto.

É tamén un clásico, que os nosos alumnos mediadores fagan de guías para ensinarlles o centro así como intentar darlles respostas a aquelas dúbidas ou cuestións que lles puideran plantexar. Teño que dicir que mesmo temos "overbooking" entre a rede amplia de mediadores, para desempeñar esta labor de acompañamento. 

Este ano introducimos algunhas modificacións no percorrido que fixeron os alumnos grazas a colaboración dos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía, que sen dúbida deulles máis valor.  ( Máis abaixo podedes ver unha pequena mostra do que lles tiñan preparado así como a presentación utilizada para falarlles da etapa de Secundaria e outros aspectos do Instituto )

Tamén tiven a axuda dunha titora para amosarlles unha das aulas de referencia que posiblemente ocuparán cando cheguen en setembro. 

Non me podo esquecer destas catro alumnas de 1º de ESO,  colaborando na posta en escena deste video, no que contan as súas experiencias e vivencias nos primeiros días de Instituto.  


viernes, 9 de junio de 2017

EN SETEMBRO XA VAMOS PARA O INSTITUTO


Hoxe como cada ano, tivemos as xornadas de acollida do alumnado de 6º, que deseguida empezan unha nova etapa no IES. A máquina do tempo non para! Fai coma quen dí nada,  empezabas no cole e agora dentro de dous meses e pouquiño... xa tes que vir para o Instituto. BENVIDO ó IES Plurilingüe Neira Vilas!!! 

Como non deu tempo a tratar todos os temas, por mor do tempo. Aquí estan todos os puntos que me parecen os máis importantes para asomarte á fiestra do noso centro, para escudriñar que facemos. Tamén che recomendo consultar a páxina do Instituto. Alí atoparás cachiños de cousas que amosan a vida académica . Resúmoche o que vas atopar nesta presentación:

  • Unha esquema  do percorrido académico que terás que facer para ter unha formación
  • Que é a Educación Secundaria Obrigatoria e como se estructura
  • Materias de 1º de ESO e o documento de matrícula
  • Horario de clases
  • Unha breve explicación das materias de libre configuración
  • Cualifiación das materias
  • Criterios de promoción ó seguinte curso
  • Un video breve no que inteveñen varios alumnos, explicando como foi o seu período de adaptación
  • Saídas escolares en 1º de ESO
  • Hora de ler
  • Consellos prácticos para empezar a Secundaria
  • Plan Plurilingüe  en Ciencias Sociais e Sección Bilingüe en Física-Química
  • Bachibac: Titulación en Bacharelato Español e Francés
  • Equipo de Mediación

sábado, 3 de diciembre de 2016

OS PRIMEIROS DÍAS NO INSTITUTO


Xa queda moi pouco para que finalice este primeiro trimestre. Os alumnos están a voltas coa morea de exames, entrega de traballos, láminas de debuxo,  maquetas  e un desenfreado ecétera, ecétera. Aínda así buscan tempo nos seus períodos de lecer para contarme as súas sensacións, temores, impresións que tiveron dende os seus comenzos no Instituto. Son testemuñas que  teñen un grande valor para asomarse á ventá do noso centro. A GOLPE DE CLIC!

jueves, 2 de junio de 2016

E... FALANDO DE TODO UN POUCO... 

Que lles imos contar os profes, ós alumnos de 1º de ESO, que imos a ter en Setembro? Gustaralles saber algo do que aparece neste flower power ? 



 VOUME PARA O INSTITUTO!!!!


Xa queda moi pouco para que o alumnado de 6º, do noso centro adscrito, veña para o Instituto. Seguimos argallando para facilitar ese tránsito á secundaria,  e que mellor que o alumnado de 1º de ESO, o  mais cercano a eles,  lles conten como viviron ese cambio. Así que poñede as orellas ben grandes para escoitar o que nos dín...


miércoles, 11 de mayo de 2016

O PASO Ó INSTITUTO


Achégase  final de curso e no noso centro xa estamos argallando,  para ver como podemos facilitarlle o tránsito,  o novo alumnado que teremos o vindeiro curso. Coñecer as preocupacións e inquedanzas que poden ter os  futuros alumnos  é básico para garantizar que o proceso de adaptación sexa o máis axeitado posible. Con este fin,  anexo este formulario,  para que o alumnado de 6º de Primaria poida expresar todas aquelas inquietudes e así poder darlles resposta, cando teñamos a xornada de acollida con todos eles. 
Benvidos ó Instituto!!

viernes, 20 de noviembre de 2015

Recreos con emoción


Tirando do fío de vcuevas e a través dos seus recreos a golpe de timbre, descubrín as @chococharlas, esas maravillosas tertulias con sabor a chocolate, a emoción... Que subidón me deu cando vín, eses proxectos colaborativos. Sen pensalo dúas veces animeime a participar con este mesmo post, que estará tamén no blogue das chocolaterías. 

No meu caso, ese sabor a doce é ese tempo de lecer dos recreos de "tómate un respiro, tómate un kit kat" O meu departamento de orientación convírtese nun espazo, donde debería de haber un felpudo, que levase como nome " Bienvenido a la república indepediente de tu casa". Os habitantes son algúns dos alumnos do Instituto. Como en toda casa que se precie ten algunha xanela. Unha deles é este blogue. A través del podes albiscar algunha das cousas que se cociñan. 

Algún destes moradores fainos a boca a mel, con ese chocolate de rechupe. Ese sabor que queda no paladar, despois de contarnos  como foi e como se sentiu, cando o primeiro día, tivo que atravesar pola porta grande e os corredores, e alí se atopou cos veciños das casas do lado. 


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...