Este blogue está dividido nas seccións que aparecen máis abaixo e a maiores todas as entradas están clasificadas con diferentes etiquetas.Podes atopalas no marxe dereito, na parte inferior.
sábado, 13 de enero de 2024
domingo, 7 de enero de 2024
PROTOCOLO DE PROTECCIÓN DE DATOS
En setembro de 2022, a Consellería de Educación publicou o protocolo de protección de datos persoais, xunto cunha guía de preguntas e respostas frecuentes para saber como actuar nos centros educativos.
Nela inclúesen numerosos aspectos que aportan claridade ás numerosas cuestións que se plantexan no día a día da nosa práctica docente e tamén orientadora. A modo de exemplos, podemos atopar os seguintes:
- dentro do exercicio dos dereitos en materia de protección de datos, hai un apartado referido aos informes psicopedagóxicos
- dereitos en materia de videovixilancia nas instalacións do centro educativo
- uso de whatsapp e mensaxería instantánea
- captación e difusión de imaxes do alumnado
- publicación das cualificacións do alumnado
- idade minima para o tratamento de datos persoais
- recollida de datos para a función educativa e orientadora
Todos estos apartados, e algún máis recóllense nesta presentación. Tamén aparecen modelos editables do procolo de protección de datos que nos proporcionan modelos de autorizacións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)