martes, 20 de junio de 2017

CAMBIO DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS/CONTINUIDADE DOS MESMO NOUTRA UNIVERSIDADE


Os estudantes con estudos universitarios iniciados e non rematados poden solicitar:

  • Facer outros estudos distintos.
  • Continuar os mesmos noutra universidade distinta
Precisas ter 30 créditos aprobados na universidade de orixe para poder solicitar un cambio de expediente.

Cada universidade establece o número de prazas reservadas para traslado e tamén o seu procedemento. 

No seguinte taboleiro tes información en relación a este tema, nas tres universidades galegas.

NOTAS ACLARATORIAS: 

  • O número de prazas establecido pola Universidade de Santiago está pendente de actualizarse na USC.
  • O traslado de espediente na USC só é posible para continuar os mesmo estudos, non permiten o cambio dun grao a outro. 
  • A Universidade de A Coruña establece un porcentaxe máximo dun 20% para cada titulación, no que se terá en conta o expediente académico ( aparece destacado no documento do taboleiro ). SE PRECISAS SABER O NÚMERO DE PRAZAS, TES QUE CONSULTAR A PÁXINA WEB DE CADA FACULTADE, XA QUE NON DISPOÑEN DA INFORMACIÓN NOS LERD DA UNIVERSIDADE.


Hecho con Padlet

PREINSCRIPCIÓN EN UNIVERSIDADES DE FÓRA DE GALICIA



  • Debes ter en conta que para matricularte nunha Universidade de fora da nosa Comunidade deberías solicitar cambio de distrito. Para facer este trámite terás que ir ó LERD que che corresponda coa seguinte documentación:
       - Fotocopia do DNI
       - Tarxeta de cualificación das PAU
       - Carta de admisión da Universidade donde estás admitido.

Deste xeito aboando unhas tasas daranche unha xustificación para presentar no distrito donde efectúes a matrícula.


jueves, 15 de junio de 2017

OS PARÁMETROS DE PONDERACIÓN SUMAN


Para cantos graos universitarios pondera cada unha das materias de 2º Bacharelato? Esta conta pódela ver nos gráficos que xunto. É un enfoque que me parece oportuno facer, cando estou nas aulas co alumnado.  Imos velo con algúns exemplos:

Rama de coñecemento Artes e Humanidades
  • Debuxo Técnico, Deseño e Economía da Empresa e Matemáticas aplicadas ás CCSS  só pondera en 3, 5, 6 e 5  graos universitarios respectivamente
  • Sen embargo, Artes Escénicas, Cultura Audiovisual, Fundamentos da Arte, Historia da Arte e algunha materia máis que podes ver nas táboas, ponderan para un total de 19 graos que se poden cursar na nosa Comunidade Autónoma.
Rama de Enxeñaría e Arquitectura
  • Bioloxía, Deseño, e Xeoloxía son as materias que ponderan en menos carreiras
  • Polo contrario, Debuxo Técnico, Eonomía, Física, Matemáticas e Química son as que teñen máis peso.
É importante facerlle ver ó alumnado de que, aínda que a Economía é materia específica da modalidade de Ciencias Socias é importante para os graos desta rama.

Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas
  • É salientable que materias máis propias de Ciencias como a Bioloxía e Química, aínda que só ponderan en 4 e 5 graos respectivamente, se algún alumno quere cursar un grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte ou algunha carreira das Ciencias da Eduación, son aconsellables. Tanto é así que ponderan con 0,2. 
  • O Latín e o Grego, ponderan para as 23 carreiras desta rama. Pero se te fixas nas táboas verás que o Latín pondera con 0,2 ( destacado en cor amarelo ) en máis graos que Grego. 
E tí.... a que conclusións chegas? Que outros exemplos suliñarías ti? Anímate a deixar algún comentario ou observación que sexa de interese, despois de albiscar as tábas, que aparecen máis abaixo.  

É posible que lles axude a ver,  un pouco mellor, o peso que teñen por ramas de coñecemento. Pensa que pode ser útil para cando as eleccións aínda non están moi maduras e polo tanto deben de facelo en bloque, para máis adiante ir acotando o que
queren. 

ACCEO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS


Clica nesta presentación interactiva para saber como accedo a estes estudos que pertencen ás ensinanzas de réxime especial


martes, 13 de junio de 2017

XA LOGO TEÑO QUE PASAR A 3º DE ESO



Deseguida estarás en 3º de ESO! Aquí che deixo o máis importante que debes de coñecer, de cara o novo curso,  que empezarás en setembro:

  • Características da Educación Secundaria Obligatoria
  • Criterios de promoción 
  • Organización das materias en 3º de ESO
  • Documento de elección das materias de 3º e 4º de ESO para formalizar a matrícula
  • Criterios para a obtención do título da ESO
  • Diversas opcións para acadar o título e outras alternativas
  • A Formación Profesional
  • O Bacharelato
  • As ensinanzas de réxime especial
  • Contidos dalgunhas materias de 3º de ESO

lunes, 12 de junio de 2017

NOVOS CICLOS FORMATIVOS SUPERIORES NA MODALIDADE DE FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL

1. Que é a Formación Profesional Dual?

Trátase dunha formación combinada entre o centro educativo e unha empresa, sendo ésta quen facilita os seus espazos, as súas instalacións e/ou as persoas expertas para realizar parcialmente determinados módulos profesionais. O alumnado podería percibir algún tipo de remuneración.

2. Que duración ten?

Ten a mesma duración co resto dos ciclos: dous cursos académicos

3. Nova oferta na nosa contorna educativa

  •  CS de Química Industrial no IES A Sardiñeira. Teñen dous convenios: un deles coa "Empresa Repsol" con 18 prazas e o outro con "Estrella Galicia" con 12  prazas.
  • CS de Mecatrónica no IES Universidade Laboral. Teñen un convenio en colaboración coa empresa Hijos de Rivera S.L. ( Estrella Galicia )
4. Prazo de presentación

Desde o 22 de xuño ata ás 13:00 horas do día 30 de Xuño de 2017.
Velaquí tes os folletos con toda a información e máis abaixo a oferta para o curso 2017/18 para toda Galicia



LIGAZÓNS:
A FP Dual en Galicia
Admisión na FP Dual 
Convenios FP Dual 

A CONSELLERÍA PUBLICA AS CONDICIÓNS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO


O Venres, 9 de Xuño, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa publica a Resolución pola que se regulan as condicións para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Requerimentos para a obtención do título
  • Ter avaliación positiva en todas as materias ou negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Matemáticas. A estos efectos:
  • As materias con idéntica denominación en diferentes cursos considéranse como materias distintas
Sen prexuizo do anterior, para obter  o título será preciso que o equipo docente considere que o alumno ou alumna ten acadados os obxectivos da etapa e adquiridas as cometencias correspondentes.

Cualificación da etapa

  •  A media da etapa será a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas na etapa, expresada nunha escala de 1 a 10 con dúas cifras decimáis, redondeada á centésima máis próxima e, no caso de equidistancia, á superior. A estes efectos, a situación de NP na avaliación extraordinaria equivalerá á cualificación numérica obtida para a mesma materia na proba ordinaria.
  • O alumnado que, despois da avaliación ordinaria do mes de xuño do cuarto curso, obtivera unha nota media da etapa igual ou superior a 9, poderlá obter a distinción de Matrícula de Honra. Esta distinción concederase a un número non superior ao 5%, ou fracción resultante superior a quince do conxunto do alumnado matriculado no centro educativo no cuarto curso.
  • En todo caso, esta distinción adoptarase conforme aos criterios previamente acordados e establecidos na Comisión de Coordinación Pedagóxica e consignarase nos documentos de avaliación mediante unha dilixencia específica.
  • Na avaliación final de cada curso realizarase unha valoración das competencias clave. Os resultados reflectiranse no consello orientador, expresándose nos termos de: Insuficiente ( IN ), para as cualifiacións negativas, e Suficiente ( SU ), Ben ( BE ), Notable ( NT ) ou Sobresaliente ( SB ), para as cualificacións positivas.
  • No caso do alumnado que finalice a etapa despois de cursar un programa de mellora da aprendizaxe e o rendemento, o cálculo da cualificación final farase sen ter en conta as cualificacións obtidas nas materias que no superase antes da data da súa incorporación ao programa, cando ditas materias estivesen incluídas nalgún dos ámbitos previstos no RD polo que se establece o currículo básico da ESO e do Bacharelato, e o alumno superase o devandito ámbito.
Opcións co título de Graduado en Educación Secundaria

  • Os títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria permitirán acceder indistintamente a calquera das ensinzanzas postobligatorias recollidas na LOMCE e aclarado un RD publicado o 2 de xuño ( publicado neste post ).
  • Os alumnos e as alumnas que obteñan un título de Formación Profesional Básica poderán obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria sempre que, na avaliación final do ciclo formativo, o equipo docente consider que teñen acadados os obxectivos da Educación Secundaria Obrigatoria e adquiridas as competencias correspondentes. Nestes casos, a cualificación final de Educación Secundaria Obrigatoria será a cualificación media obtida nos módulos asociados aos bloques comúns regulados na LOMCE.
Consello orientador

  • Ao final de cada curso da ESO entregaráselles ao pais de cada alumno un consello orientador, que incluirá unha proposta a pais, nais ou titores legais ou, de ser o caso, ao alumno, do itinerario máis adecuado para seguir, así como a identificación, mediante informe motivado, do logro dos obxectivos da etapa e de adquisición das competencias correspondentes que xustifica a proposta. De considerar necesario, o consello orientador poderá incluír unha recomendación aos pais e , de ser o caso, ao alumno sobre a incorporación a un programa de mellora de aprendizaxe e do rendemento, ou a un ciclo de formación profesional básica.
  • Este consello orientador elaborarao o profesorado titor, logo da información recollida na sesión de avaliación final e co asesoramento do Departamento de Orientación. Levará a sinatura do profesorado titor, do xefe do Departamento de Orientación e o visto e prace da dirección do centro docente. O consello orientador incluirase no expediente do alumno.
Ligazóns

domingo, 11 de junio de 2017

PROCEDEMENTO PARA O ACCESO ÓS CICLOS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO


Clica na presentación interactiva para ver o procedemento

viernes, 9 de junio de 2017

EN SETEMBRO XA VAMOS PARA O INSTITUTO


Hoxe como cada ano, tivemos as xornadas de acollida do alumnado de 6º, que deseguida empezan unha nova etapa no IES. A máquina do tempo non para! Fai coma quen dí nada,  empezabas no cole e agora dentro de dous meses e pouquiño... xa tes que vir para o Instituto. BENVIDO ó IES Plurilingüe Neira Vilas!!! 

Como non deu tempo a tratar todos os temas, por mor do tempo. Aquí estan todos os puntos que me parecen os máis importantes para asomarte á fiestra do noso centro, para escudriñar que facemos. Tamén che recomendo consultar a páxina do Instituto. Alí atoparás cachiños de cousas que amosan a vida académica . Resúmoche o que vas atopar nesta presentación:

  • Unha esquema  do percorrido académico que terás que facer para ter unha formación
  • Que é a Educación Secundaria Obrigatoria e como se estructura
  • Materias de 1º de ESO e o documento de matrícula
  • Horario de clases
  • Unha breve explicación das materias de libre configuración
  • Cualifiación das materias
  • Criterios de promoción ó seguinte curso
  • Un video breve no que inteveñen varios alumnos, explicando como foi o seu período de adaptación
  • Saídas escolares en 1º de ESO
  • Hora de ler
  • Consellos prácticos para empezar a Secundaria
  • Plan Plurilingüe  en Ciencias Sociais e Sección Bilingüe en Física-Química
  • Bachibac: Titulación en Bacharelato Español e Francés
  • Equipo de Mediación

sábado, 3 de junio de 2017

DENDE Ó BACHARELATO ÓS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR


Se a túa idea é facer un ciclo superior despois de rematar o bacharelto, mira este taboleiro para ver que modalidades e materias son as axeitadas para cada un deles. 
Hecho con Padlet

ESCOLLE CON SENTIDIÑO


Cando se trata de tomar decisións que van afectar as nosas vidas persoais e profesionais, temos que utilizar ese sexto sentido, que os galegos chamamos "sentidiño". Pono en práctica, facendo este exercicio práctico.

jueves, 1 de junio de 2017

RUMBO A 4º DE ESO


Xa estamos na recta final de 3º de ESO e enseguida vas ter que tomar decisións super-super importantes. Velaquí tes esta presentación para axudarche na complicada tarea de delimitar ben,  o camiño a seguir,  no próximo curso. Os puntos a tratar son:
  • Opcións co título de 4º de ESO  
  • Criterios de promoción a 4º de ESO
  • Relación entre os itinerarios de 4º de ESO e as modalidades de bacharelato
  • Materias prioritarias para cada modalidade
  • Consellos prácticos para escoller en 4º de ESO
  • Graos universitarios de cada rama de coñecemento
  • Un exercicio práctico


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...