Este blogue está dividido nas seccións que aparecen máis abaixo e a maiores todas as entradas están clasificadas con diferentes etiquetas.Podes atopalas no marxe dereito, na parte inferior.
jueves, 19 de octubre de 2023
miércoles, 20 de septiembre de 2023
PROGRAMA EDUCATIVO " INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL E ÁS REDES SOCIAIS"
Ter competencia dixital implica algo máis que ser competetente dixitalmente. É tamén, adoptar un pensamento crítico e unha convivencia dixital responsable.
As tecnoloxías afectan á educación, á formación e á aprendizaxe. A transformación dixital que experimenta a nosa sociedade ofrécenos unha ampla variedade de opcións, fake news, publicidade...
Antes estas situaciones, o desenvolvemento do pensamento crítico é unha necesidade que busca a veracidade e pensar con criterio e reflexión crítica.
A creatividade é outra capacidade que proporciona solucións flexibles e posibilita alternativas ante os problemas.
A ética desenvolve un pensamento que está orientado a buscar as consecuencias e efectos que ten o noso comportamento.
Estas é outras ideas son as que están detrás deste programa convocado pola Consellería de Educación.
domingo, 10 de septiembre de 2023
domingo, 18 de junio de 2023
XORNADAS DE ACOLLIDA
- Sentarse no chan en círculo.
- Os mediadores séntase formando un triángulo para axudar a controlar o grupo.
- Só pode falar quen ten a pelota na man.
- Os demáis teñen que escoitar.
- Os mediadores tamén participan nas preguntas que se fagan no círculo.
- Dime o teu nome
- Que foi o que máis che gustou do que pasou hoxe?
- Que che axudaría ou che faría sentir ben cando estés no Instituto?
- Que é o que máis che da medo do centro?
- Dime algunha cousa do cole de Primaria que recordes como agradable.
viernes, 26 de mayo de 2023
PROCEDEMENTO PARA MATRICULARSE FÓRA DE GALICIA
domingo, 21 de mayo de 2023
martes, 9 de mayo de 2023
OBRADOIROS TALENTO MOZO
- Estudar o que a un lle guste
- Petar nas portas e que non lle poñan barreiras a nada
- Estudar idiomas
- Formación continua ó longo de toda a vida
- Aportar experiencias e formación non formal ( por exemplo voluntariado no caso de Uxía ) nunha entrevista laboral, porque todo o que corresponde a parte académica, xa figura no currículum que ten o entrevistador.
- Cómo afectan os avances tecnológicos ó mercado laboral?
- Qué é o que máis e menos lles gusta do seu traballo?
- A Uxia preguntarónlle, que cousas cambiaría do sistema educativo?
- A Jacobo, como aborda os despidos laborais cando ten que facelo con algún trabajador?
jueves, 4 de mayo de 2023
jueves, 27 de abril de 2023
BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO
domingo, 23 de abril de 2023
ITINERARIOS EDUCATIVOS LOMLOE
viernes, 21 de abril de 2023
miércoles, 22 de marzo de 2023
lunes, 20 de marzo de 2023
II FEIRA DE ORIENTACIÓN EN OLEIROS
- Se fago un ciclo de grao superior de formación profesional de .........a que estudos universitarios podo acceder?
- Que materias de bacharelato son fundamentaris para cursar os estudos de.....?
- Se fago un ciclo medio de formación profesional de......podo facelo en modalidade DUAL?
- Se empezo a cursar un grao universitario de........podo acceder a este outro de......?
- En que podo traballar ou cales son as ocupacións laborais se estudo......?
- Que teño que estudar se me matriculo en.....?
- Tería que facer prácticas e donde as faría se estudo.....?
- En que curso podo irme de Erasmus e cales son os países acolledores se fago un grao universitario de....?
- Teño que pagar algo se estudo.....?
- Teño becas se estudo....?
jueves, 16 de marzo de 2023
MOZAS E MOZOS REFERENTES
- Promover o esforzo, desenvolvemento e as habilidades persoais como clave para conseguir aquelo que queremos na vida.
- Poñer en valor a importancia do camiño que todos desenvolvemos para chegar ós nosos obxectivos.
- Comunicar a realidade e non tanto as mensaxes negativas que escoitamos a diario en relación ó emprego e a empregabilidade.
- Falar de experiencias cercanas e reais para que se convirtan en referentes reais para os participantes.
- Pasar polos distintos departamentos ou áreas dentro dunha empresa axuda a desenvolver as habilidades para ter unha visión global. Ao mesmo tempo capacita para poder asumir a responsabilidade de estar ó mando dunha seccción ou da propia corporación.
- A formación continua é a clave. Un título univesitario ou de Formación Profesional non aporta todo o que precisas saber cando te enfrentas ó mundo laboral.
- Non hai carreiras universitarias con saídas. Hai persoas con saídas.
- Hai que intentar escoitar e ver os problemas que ten a xente para poder proporcionarlle axuda.
- Non se chega a ter éxito por sorte como se quere vende a través das redes sociais. A sorte hai que buscala.
- Na nosa sociedade, o erro e o fracaso ten unhas connotacións moi negativas. Sen embargo, son necesarios para avanzar e mellorar. O fracaso implica aprender. Nas entrevistas de traballo en EE.UU non confían nas persoas que manifestan que nunca tiveron fracasos ou se equivocaron.
martes, 28 de febrero de 2023
A FP DUAL
- A FP Dual como modalidade compartida entre o centro educativo e a empresa.
- Diferenzas entre a FCT ( Formación en centros de traballo) e a FP Dual:
- A FCT non é remunerada e a FP Dual si( cóbrase un mínimo de SMI ( 540 Euros)
- A FCT dura 2 meses e medio e a Dual ten unha duración entre 6 e 18 meses.
- A FCT non cotiza a seguridade social e a FP Dual si.
- Diferenzas entre FP Dual de grupo completo e FP de ordinario:
- FP DUAL de grupo completo: os dous cursos son mixtos entre o centro educativo e a empresa. Cada curso dura 1 ano completo
- FP de ordinario: 1º curso no centro educativo e o 2º curso é mixto
- Empresas que teñen convenio coa oferta de Dual que hai na contorna.
- Formación complementaria á que poden acceder na empresa.
domingo, 26 de febrero de 2023
viernes, 17 de febrero de 2023
OS CÍRCULOS DE DIÁLOGO AXUDAN A MELLORAR A CONVIENCIA NOS CENTROS EDUCATIVOS
domingo, 5 de febrero de 2023
ENCONTROS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
- Ciencias da Educación e Traballo Social
- Mediciña e Enfermaría
- Económicas e Empresariais
- Matemáticas e Física
- Psicoloxía
- Despois de Mediciña é a segunda facultade máis grande de Galicia
- Na actualidade, a devandita facultade ten dous edificios.
- Un está no campus Norte, que é onde se imparten os graos de:
- Grao en Mestre de Educación Infantil
- Grao en Mestre de Educación Primaria
- Dobre Grao en Mestre en Educación Infantil e Primaria
- O outro edificio está no campus Sur. Neste pódense estudar:
- Grao en Educación Social
- Grao en Pedagoxía
- Co tempo, desaparecerá o edificio do campus norte e todos os graos, citados antes, estudaranse no campus Sur.
- Unha vez cursados os dous primeiros anos, nos graos de Educación Infantil e Primaria, hai tres mencións para poder especializarse:
- Mención en Inglés
- Mención en Atención á Diversidade
- Mención en Música
- No campus de Lugo, que pertence ,a UDC, na facultade de Ciencias de Educación pódese cursar a mención en Eduación Física.
- Os prácticum pódense facer tanto en escolas de educación infantil como en colexios de educación infantil e primaria. Tamén se poderían cursar en aulas hospitalarias, aínda que na actualidade só se ofertan no Grao en Pedagoxía.
- É un centro adscrito a USC. Para que nos fagamos unha idea do que esto supón, podería ter unha equivalencia co que coñecemos como ensinanza concertada.
- Impártese tamén en Ourense.
- Aínda que o proceso de preinscripción se inicia, dun xeito regular, a través de NERTA como no caso dos restantes graos, a finalización remata na propia facultade por tratarse dun centro adscrito.
- Este grao require:
- Un elevado compromiso social.
- Boa disposición para traballar en grupo ( psicólogos, educadores sociais...)
- É a antigua titulación de asistente social.
- Ámbitos nos que intervén un traballador social:
- Servizos de atención a adicións
- Servizos de proteción a menores
- Xulgados de menores
- Gabinetes de orientación familiar
- Servizos de atención á persoas imigrantes
- Centros de atención á persoas maiores
- Centros de atención á persoas con discapacidade
- Centros de atención á muller.