A FP DUAL
Ana Álvarez e Germán Vázquez, estiveron o luns 17 de febreiro no noso centro para proporcionar información sobre a FP Dual ó alumnado de 4º de ESO.
Estes foron os temas nos que centraron a súa explicación:
- A FP Dual como modalidade compartida entre o centro educativo e a empresa.
- Diferenzas entre a FCT ( Formación en centros de traballo) e a FP Dual:
- A FCT non é remunerada e a FP Dual si( cóbrase un mínimo de SMI ( 540 Euros)
- A FCT dura 2 meses e medio e a Dual ten unha duración entre 6 e 18 meses.
- A FCT non cotiza a seguridade social e a FP Dual si.
- Diferenzas entre FP Dual de grupo completo e FP de ordinario:
- FP DUAL de grupo completo: os dous cursos son mixtos entre o centro educativo e a empresa. Cada curso dura 1 ano completo
- FP de ordinario: 1º curso no centro educativo e o 2º curso é mixto
- Empresas que teñen convenio coa oferta de Dual que hai na contorna.
- Formación complementaria á que poden acceder na empresa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario