OS CÍRCULOS DE DIÁLOGO AXUDAN A MELLORAR A CONVIENCIA NOS CENTROS EDUCATIVOS
O catálogo de actividades palanca do Programa Proa + ( Programa par a Orientación, Avance e Enriquecimento educativo ) do Ministerio de Educación, inclúe os círculos de diálogo como unha delas. Está codificada con código A309.
Esta actividade palanca foi a que escollemos no noso centro como eixe central do Plan Estratéxico de Mellora. É algo que levamos facendo fai anos dende o equipo de convivencia.
Garda relación coa Axenda 2030 adoptada polas Nacións Unidas en septembro de 2015, na que se inclúen 17 obxectivos de desenrollo sostible. Un deles é proporcionar unha educación inclusiva que garanta a igualdade de oportunidades, sendo os círculos de diálogo unha ferramenta que posibilita este clima inclusivo.
Nesta presentación, recóllense diferentes aspectos para poñelos en práctica e os materiais bibliográficos utilizados para a súa elaboración. Podes acceder a cada apartado clicando dende o menú superior
No hay comentarios:
Publicar un comentario