lunes, 10 de febrero de 2020

UNHA PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO COA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO


Xa é o terceiro ano que o noso alumnado de 1º de Bacharelato visita os distintos centros universitarios da USC  ( antes chamados facultades). Asistimos un total de 37 alumnos e 3 profesores, o pasado xoves 6 de Febreiro. 

Cada un dos alumnos escolleu un itinerario da súa preferencia.Cada un destes percorridos
permite ver dous centros universitarios. 

Este ano quixen estar cos alumnos que escolleron visitar a facultade de Psicoloxía e Ciencias da Educación. 

En Psicoloxía recibiunos a vicedecana no salón de actos. Fixo a presentación destes estudos, destacando os seguintes aspectos:
  • Trátase dunha ciencia que estuda mediante o método científico, a forma en que as persoas peciben, senten, pensan e actúan. Tamén se podería definir como a ciencia que estuda a conduta.
  • Nos dous primeiros anos estúdanse os procesos psicolóxicos básicos: atención, percepción, memoria...
  • No plan de estudos hai materias relacionadas coa bioloxía e as matemáticas.
  • Os ámbitos de actuación son tres:
    • Psicoloxía social situada no eido das empresas dentro dos departamentos de recursos humanos e tamén facendo intervencións en problemáticas sociais. Tamén chamada Psicoloxía do traballo e as Organizacións que se ocupa do desenvolvemento persoal e profesional dos traballadores e a xestión de recursos humanos.
    • Psicoloxía da educación estuda o desenvolvemento do ser humano e as distintas etapas evolutivas para poder optimizar e previr disfuncións da aprendizaxe e o desenvolvemento psicolóxico.
    • Psicoloxía clínica para intervir en problemas de saúde mental. Avaliación, diagnóstico, tratamento e prevención que afectan á saúde mental e á conducta adaptativa, en condicións que podan xerar malestar subxectivo e sufrimento dos individuos. Existe a figura do PIR ( Psicólogo interno residente ) para obter o título de psicólogo clínico. Convócanse oposicións a nivel estatal para optar a esta titulación. Na última convocatoria sacaron 120 prazas para toda España.
  • Actualmente na facultade de psicoloxía hai tres unidades de investigación e asistencia:
    • Unha delas está dirixida ao deporte prestando servizos en federacións deportivas.
    • Outra delas está enfocada no tabaquismo e trastornos adictivos.
    • A terceira está enfocada en temas de violencia de xénero.
  • Tamén hai o GIPCE, grupo de intervención psicolóxica en catastrofes e emerxencias. Este grupo foi de vital importancia no accidente ferroviario de Angrois.
  • E xa por último indiciou que afortunadamente, trátase dun profesional que está máis presente na sociedade ca fai uns anos. 
Posteriormente visitamos un laboratorio, algunha aula e o museo de psicoloxía ( único en España ).



A medida que nos foron amosando as instalacións, tamén nos respostaron a  algunhas das dúbidas e preguntas que os estudantes de novo ingreso acostuman a plantexar:
  • Impedimentos cando un alumno non cursa o bacharelato de Ciencias: para os alumnos que non cursaron Bioloxía, o profesorado facilita material complementario e adicional para cubrir esta falta de coñecementos.
  • En bioloxía estúdanse as bases biolóxicas do Sistema Nervioso Central para coñecer a relación entre conduta e cerebro. Poderíamos dicir que o cerebro é o noso comandante xeral. No laboratorio hai maquetas para coñecer as distintas estructuras cerebrales. Déronnos a coñecer unha ferramenta online que facilita o seu estudo http://www.g2conline.or
  • As matemáticas que se cursan en Psicoloxía non son excesivamente complicadas
  • Os exámenes son de tipo test, agás nas materias relaciondas coas Matemáticas.
E xa por último fomos recibidos por profesores de Ciencias da Educación que comprenden:
  • Mestres nas diferentes especialidades que están ubicados no campus norte
  • Pedagoxía que está no campus sur ( no edificio pegado a psicoloxía ). Disciplina que estuda os proceso de cambio, mellora e innovación das persoas e institucións, dentro do sistema educativo e organización comunitaria e laboral
  • Educación Social: estes profesionales traballan con colectivos de exclusión social, grupos máis vulnerables con adicions, vitimas de violencia de xénero, persoas maiores e dependentes. Desenvolven a súa labor en ONGs, concellos, asociacions, centros de día...


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...