lunes, 4 de enero de 2016

ESTILOS DE APRENDIZAXE



Cada persoa pensa e aprende de maneira diferente. Algúns recordan información escrita de xeito moi doado. Sen embargo outros aprenden se escoitan falar.  E tamén hai quen prefire probar a facer cousas.

Ti podes ter unha mezcla de estilos de aprendizaxe ou descubrir que tes unha predominancia nun deles. Saber máis sobre cales son as túas preferencias para aprender, poden axudarche a ser máis efectivo . Velaiquí tes unha análise dos estilos maís comúns:

 A) VISUAL

  • Se ti eres dos que utilizan o canal visual para procesar a información seguramente che gusta ler libros con ilustracións, diagramas. 
  • Pode que tamen che guste debuxar diagramas cando explicas algo ós demáis e recordas cousas visualizándos na túa mente. Normalmente tes boa orientación  espacial por iso manexas ben os mapas.
  • Non esqueces as caras da xente
Aplicacións prácticas para o estudo

-Utiliza rotuladores de cores para estudar
-Debuxa diagramas ou debuxos para ilustrar o que tes que aprender
-Estuda nun lugar tranquilo lonxe de ruídos ou distraccións
-Utiliza mapas mentais
-Mira videos do que estás estudando. Hoxe en día hai videos tutoriais de todas as materias. You tubeeducation é un  dos canais que podes utilizar 
-Fai posters para colgar en murais o que tes que aprender


B) AUDITIVO



Este estilo de aprender implica que che resulta doado expresarte oralmente e por escrito. Seguramente che gustará ler e escribir. Tamén disfrutas aprendendo rimas, trabalinguas, poemas. Serás dos que aprenden cousas máis fácilmente cando tes que contarllas a alguén. 


Aplicacións prácticas para o estudo

-Lé en alto

-Escoita podcasts ou programas de radio sobre os temas que tes que estudar
-Fala con outras persoas sobre o que estás estudando
-Usa acrónimos.
-Iventa frases para memorizar cousas que queres aprender.
-Usa audios grabados previamente para aprender contido.
-Inventa unha historieta ou palabras que rimen que che axuden a recorder cousas


C) KINESTÉSICO OU MOVEMENTO




Son os que aprenden movéndose. Son persoas ás que lles gustan as actividades prácticas ou manuais, xogar algún deporte ou bailar. É probable que recordes cousas máis fácilmente se te estás movendo e seguramente eres dos que xesticulas moito coas mans, cando estás falando coa xente. 

Aplicacións prácticas para o estudo


-Cando fagas descansos móvete
-Podes utilizar posits para poñer nas paredes ou corchos
-Masca chicle ou bebe auga mentras estás estudando

-Usa técnicas de relaxación e respiración para tomar conciencia do teu estado cando estás aprendendo cousas. Este foi un gran secreto do rendemento dos atletas rusos nas pasadas décadas.
-A técnica do role-playing solo ou con alguén máis,  tamén é efectiva para estimular o que estás aprendendo.
-As fichas e tarjetas do que tes que estudar poden axudarche a memorizar a información , porque podes tocalas e movelas.

Fontes de información: 
http://www.opencolleges.edu.au/informed/features/whats-your-learning-style/
http://www.learning-styles-online.com/overview/

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...