DOBREGAR A CURVA DO MEDO
Quen nos diría que un bicho tan pequeniño, que nin siguiera se ve, nin tampouco o sentimos cando se pousa enriba de nós, é capaz de alterar as nosas vidas, ata facernos ficar nas nosas casas para estar a salvo e sentirnos seguros.
Si... seguros nas nosas casiñas! Que palabra tan fermosa "casiña"! Neste estado de inquietude e medo que as veces podemos sentir, os fogares deben de ser lugares que nos aportan calma e tranquilidade.
Temos que pensar que estando nas nosas casiñas, non hai medo que se nos poña por diante. Así tamén estaremos dobregando a curva do medo para evitar que o coronavirus non cause estrago en nós, facéndonos fortes para axudar a esos soldados que están na primeira liña de combate e que están protexéndonos. Hai quen di, que o medo ou pánico corre máis co coronavirus. É máis CONTAXIOSO. Así que non permitamos que cunda o pánico.
Xa escribín tamén por aquí, que escribir pode chegar a ser terapéutico e sanador. Non se trata de crear ningunha obra literaria, senón de dobregar a curva do medo da que falábamos antes. Velaquí os efectos beneficiosos:
- Axuda a estar máis serenos, menos ansiosos.
- Mellora o ánimo se o comparas con antes de empezar a escribir.
- Axuda a detectar eses avisos que o corpo nos dá, e que xa sabes: sudoración, respiración acelerada, sensación de mareo...
- Actúa como antídoto para enfermedades mentais máis graves como a depresión
- Axuda a detectar eses pensamentos que van e veñen nunha viaxe con tanto frenesí que non hai quen lles poña freno.
- Pon en orde esas palabras, que na nosa cabeza poden chegar a ter tal velocidade, que se atropellan unhas a outras, producindo un choque en cadea.
Podes empezar por facelo a modo de diario, relatando os teus medos, preocupacións. Pero tamén cousas boas, sensacións, vivencias positivas e satisfactorias que estás descubrindo estes días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario