sábado, 4 de abril de 2020

SEGUIMOS EN CUARENTENA TELE-ORIENTANDO



O transcurso do tempo vainos dicindo que a volta ás clases non vai ser tan axiña como nos gustaría. Para chegar a esa normalidade tan ansiada, aínda teñen que pasar algunhas semanas ou meses. É probable que no eido educativo, a espera sexa, se cabe máis longa. 

Mentras tanto, cales son as ferramentas telemáticas coas que contamos para seguir orientando? Nunha entrada anterior, facilitábanse os nosos enderezos electrónicos para salvar as distancias. Este blog tamén pretende ser unha ventana aberta á comunidade educativa

Con todo, tamén sabemos que a fenda dixital está presente nalgunhas casas. Para salvala e poder minimizar estas desigualdades, de acceso ás novas tecnoloxías,  poñémonos en contacto con Servizos Sociais para facerlles achega de material e dar continuidade ós procesos de aprendizaxe.  O contacto telefónico con estas familias, tamén é outra liña de traballo, e non só para facer seguimento académico, senón  tamén para contribuir a ese equilibrio e benestar  emocional, se cadra máis importante nestes tempos de confinamento.

Nesta última semana, a Consellería de Educación puxo a disposición da comunidade docente, unha plataforma de videoconferencia . Estamos a dar os primeiros pasos, na súa utilización e xa lle demos uso nalgunha reunión de coordinación entre nós. Polo tanto, esto abre a posibilidade de acortar distancias entre nós e chegado o caso,  de establecer contacto cos alumnos e coas familias, sempre e cando se estime necesario e respectando os horarios presenciais establecidos de atención á pais e alumnos, antes de declararse o estado de alarma.

Por sorte, os departamentos de orientación, contamos con redes de apoio. Unha delas xa citada anteriorimente, son os servizos sociais de cada concello. Pero hai máis... para remar todos xuntos:
  • Aseia Galicia  é unha asociación para a saúde emocional na infancia e na adolescencia. 
    • Está dando cobertura de apoio emocional e orientación psicolóxica, social e educativa, a aqueles menores e aos seus coidadores, que se atopen en dificultades de desbordamento emocional derivadas da situación de distanciamento social a causa do estado de alarma decretado pola pandemia do Covid-19. Atende a adolescentes de entre 12 e 18 anos, e a coidadores de nenos e nenas de 0 a 11 anos. 
    • O teléfono de contacto é 622 245 545. Mail aseia.galicia@gmail.com

  • O Equipo de Orientación Específico da provincia de A Coruña, que é un  servizo de apoio ós departamentos de orientación,  tamén é defensora de proporcionar axuda que vaia máis aló da atención curricular e facer unha labor de acompañamento. Este foi o comunicado que nos chegou nestes días:





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...