UN ANO MÁIS VISITAMOS A UNIVERSIDADE DE A CORUÑA
Xa é o terceiro ano que o alumnado de 2º de Bacharelato visita as facultades e escolas universitarias do campus de Elviña, Oza e A Zapateira. Sempre que os acompaño, vénseme ó pensamento que cantos deles serán enxeñeiros, biólogos, químicos, fisiterapéutas e un largo etc, etc ou quen sabe que desempeños profesionais terán nun futuro. É a primeira toma de contacto co mundo universitario, que seguramente permanecerá na memoria de moitos deles. Algúns, aínda non saben o que facer, con todo quedar ben pouco para iniciar o seus estudos na universidade.
O Sape ( Servizo de Asesoramento e Promoción do Alumnado) é quen organiza estas visitas. Establece varios percorridos segundo as ramas de coñecemento. Fomos dous profesores, os que acompañamos ó alumnado nas visitas.
O Sape ( Servizo de Asesoramento e Promoción do Alumnado) é quen organiza estas visitas. Establece varios percorridos segundo as ramas de coñecemento. Fomos dous profesores, os que acompañamos ó alumnado nas visitas.
Este ano estiven co alumnado que escolleu as facultades da rama de enxeñaría e arquitectura. Así que empezamos por Arquitectura e Arquitectura Técnica. Alí nos explicaron as diferenzas que hai entre estas dúas titulacións. Básicamente e para facerme entender, a primeira das citadas estaría relacionada co deseño e o proxecto dunha obra de edificación e a segunda, é dicir, o arquitecto técnico sería quen executa ese proxecto. Polo tanto estes dous profesionais teñen que traballar en equipo. O arquitecto técnico é o aparellador. Tamén nos contaron que o grao en Arquitectura necesita un ano de máster para poder exercer a súa profesión, esto supón un cómputo de 6 anos en total.
Despois de agasaiarnos cun chocolate con churros a media mañán, fomos á Escola de Naútica. Penso que a todos nos quedou ben claro o perfil profesional do graduado en Náutica e Tecnoloxías Mariñas e o graduado en Náutica e Transporte Marítimo. Trátase, no primeiro caso, do encargado de reparar as máquinas dun buque e que unha vez completados os seus estudos e con horas de navegación chegarían a ser xefes de máquinas. O segundo grao mencionado, son os que van na ponte dos buques, os que pilotan os barcos e poden chegar a ser futuros capitáns de mariña mercantes. As saídas profesionáis son múltiples, dende traballar nunha torre de control marítimo, clubes náuticos, consignatarias que xestionan a documentación dun buque.... En ámbolos casos necesitan do master para chegar a ser, como xa se citou antes, capitán de mariña mercante e xefe de máquinas.
A continuación fomos á Facultade de Informática. Parece que vai ser a máis escollida entre o noso alumnado. Ensináronos as instalación máis destacadas, como o centro de cálculo. Tamén nos comentaron que teñen grupos de docencia en Inglés, o cal significa que algunhas das materias se imparten nesta lingua estranxeira, permitindo optar a unha dobre titulación, por ter un convenio cunha universidade do sur de Gales. Para isto, o alumnado ten que facer nesta universidade un dos cursos. Outra cuestión de interese é que as prácticas na empresa en 4º curso son remuneradas, segundo o número de horas.
E xa para rematar, tamén nos atenderon na Escola de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos. Alí se imparten os Graos de Enxeñaría en Tecnoloxía Civil e Enxeñaría en Obras Públicas. Amosáronnos varias maquetas para explicarnos a importancia que ten o cálculo de estructuras para as construccións, que hoxe en día, fanse con ferramentas tecnolóxicas. Con estos cálculos pódese saber a resistencia dos materiais para facer as construccións, tendo en conta os condicionamentos ambientais para poder propoñer un deseño. A finalidade é reducir peso, gañando en resistencia. Tamén explicaron que o aluminio é máis lixeiro co aceiro e que se están a utilizar materiais compostos como a fibra de carbono.
No hay comentarios:
Publicar un comentario