AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS CONVOCADAS POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
1. Sabes o que son axudasle? Tal e como dí o título, son estadías durante o verán que che permiten ter máis competencia lingüística en Inglés
2. Donde se desenvolven? Lévanse a cabo na nosa Comunidade Autónoma. A súa xestión e organización corresponde a empresas coa debida cualificación, contratadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
3. Quen pode beneficiarse destas axudas? Están destinadas ó alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, ou 1º e 2º de Bacharelato
4. Que requisitos hai que ter?
- Ter superadas todas as materias no curso 2015/16
- Ter acadado no curso 2015/16 na materia de Lingua Ingles, unha cualificación mínima de "6"
- Non ter condedida outra axuda da mesma finalidade.
- Estar en posesión do DNI ou NIE , tamén valería o pasaporte.
6. Como fago para cubrir a solicitude? Tes varias opcións:
- Podes completar en liña o formulario electrónico premendo aquí, sempre e cando dispoñas dun certificado dixital por ter DNI eletrónico ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Tamén podes acceder se estás rexistrado na Consellería de Educación e , polo tanto, tes un usuario e un contrasinal.
- Imprimir os anexos I e II da convocatoria, cubrilos debidamente e achegar a certificación de matrícula do curso no que estamos, certificación académica da materias cursadas no curso 2015/16 e a nota media obtida, autorización do titor/a legal para cosultar os datos económicos na Axencia Tributaria e aquela outra documentación que se recolle na orde que regulan estas axudas. Para ampliar información consulta a guía de axuda anexada máis abaixo )
No hay comentarios:
Publicar un comentario