MANNEQUIN CHALLENGE CON VALOR EDUCATIVO
Aproveitando o tirón que os mannequins challenges están a ter na nosa sociedade e por ende o noso alumnado, propúxenlles, a un grupo de 1º de ESO que está a cursar a materia de valores éticos, que fixéramos como producto final unha gravación de este estilo. A actividade foi moi ben acollida e a producción de ideas foi fantástica.
Son un total de dezaoito alumnos. Ides ver como se puxo de manifesto a intelixencia colaborativa. O primeiro que lles dixen foi, que tiñamos que representar algo que tivese que ver coa materia que nos ocupa. Dende o primeiro día de clase, todos eles saben, que todo o que traballamos ten que ver cos valores que se proclaman como universais. Enseguida, alguén dixo, que podíamos facer unha perfomance sobre os " refuxiados ". Todo encaixaba moi ben e ademáis tamén se enmarcaba dentro do proxecto, que se está a traballar no centro de xeito interdisciplinar, que leva como título "HUMANO".
Despois, formos repartindo distintos roles e o material que tiñamos que traer entre todos, para vestir e darlle ambiente as imaxes petrificadas que se iban representar:
- Un periodista coa súa cámara fotográfica
- Os refuxiados que chegan enfermos e deshidratados
- Os refuxiados que perden a súa vida no intento de atravesar o océano
- Os refuxiados lisiados con muletas
- Os nenos famentos
- Personal das ONGs repartindo auga e alimentos
- Un refuxiado pedindo auxilio cun cartel SOS
Velaquí o video
No hay comentarios:
Publicar un comentario