UN DÍA COMA UN DE TANTOS...
Fai algún tempo lín un artigo dun orientador ou orientadora (xa non me acordo ben) e contaba o día a día na nosa profesión. Pareceume unha boa idea. Así que agora eu sinto a mesma necesidade, contarlle ó mundo enteiro, que diantres fago un dia dos tantos, que vou ó meu centro de traballo.
Dende fai aproximadamente dous meses teño a costume de anotar nun diario todo o que vou facendo. Ás veces non é dotado lévalo ó día, pero máis ou menos vou cumplindo. Cundo empecei pensei que non iba a ser moi sistemática pero co tempo funme dando conta de que para min é como unha especie de memoria externa que, visto o visto, doulle uso para un sinfín de cousas: reunións de titores, entrevistas con nais/pais, alumnas/os...
Como seguramente moitos de vós, a primera cousa que fago ó chegar pola mañán, é encender o ordenador e xa de paso abro o arquivo deste diario, que permanece minimizado no escritorio, ata que me marcho. Vou escribindo según vou arranxando as cousas para que queden rexistradas.
Pero neste post non quería falar do meu diario e non me quero ir do tema.... Ben... que fago no traballo? Poñamos por caso o día de hoxe:
O primero que tiven que facer foron esas odiosas labores burocráticas, que de vez en cando a administración nos pide e que por máis que o pense, non lles atopo ningunha explicación e a esta en concreto, menos. Chámase DRADI, trátase dunha recollida de datos estadísticos do alumnado, que tanto lles gustan ós que nos governan. Como se o ensino , fora tan fácil darlle unha solución cas "catro reglas" que decían antes !! Estas siglas responden a " recollida de datos sobre atención á diversidade, que falando en cristiano son os alumnos que temos con "necesidades específicas de apoio educativo". Hai que poñerlles unha categoría ( eu chámolle o San Benito). Unha etiqueta máis para segregar, excluir e xustificar metodoloxías que deberían de estar no caixón dos recordos e que responden ó diagnóstico clínico. Ou sexa máis números e non é que renegue dos números porque se eso valera, para facerlles ver a quen nos governan, de que as ratios en Secundaria non poden ser de 30 e se traducirá en máis recursos, benditos sexan os números, como se teño que estar toda a mañán, pero esto non é así , e xa non son unha nena nesta profesión.
Mientras estaba co reconto, tiña unha alumna no departamento que estaba facendo unhas probas para avaliar as súas capacidades e entre tanto e tanto, co ordenador. Cando fago esta tarefa gústame por os catros ollos, para ter a máxima información posible e sobre todo aquela que non vas a acadar cos resultados das mesmas, pero hoxe, esto non foi posible, porque a administración poñía uns plazos para cubrir o DRADI ( e se lle chamamos ADN dos alumnos ...:). Finalmente como xa dixen antes, todo isto quedou grabado nesa memoria extraíble, da que falei antes.
As chamadas telefónicas tamén son outro frente en orientación. Ás veces síntome como se fose un "call center " e dáme moita rabia porque según me teñen contado, hai xente que non dá contactado conmigo. Cando penso isto, vénseme á cabeza aquelas veces que tiven que chamar a compañías de seguros ou de telefonía móvil... e póñenche a músiquiña en espera... e tanto que se esperas... podes estar toda unha mañán.
A mediamañán tiven que facer de pano de lágrimas dun alumno, que non foi capaz de xestionar ben , as relacións cos seus iguais e iso tivo como consecuencia unha trifulca entre eles. A escoita activa é fundamental para o noso traballo. Se sabes facelo ben, tes un 90% de posibilidades de que todo se resolva. Sirve para que a persoa que tes diante, se libere dese torrente de emocións e que volva á calma e así pode analizar a situación, sen que a amígdala nos xogue unha mala pasada. Por sorte, penso que as augas volveron ó seu cauce. Pero.... imos ver mañán... Entre medias, xa estaba esperando á porta do departamento, a logopeda que tiña citada. para facer labores de coordinación e poñernos dacordo na intervención cunha alumna.
Teño que confesar que o tema da formación ocupacional nunca foi un dos meus fortes pero chega un momento que tes que encarar a situación e sobre todo porque pode ser unha alternativa paralela e complementaria coa formación profesional reglada. Así que ese día chegou e hoxe pola mañán tiven que poñerme tamén con eso... pero esto será para cando escriba outro post. Aínda así, tampouco puiden poñerlle moita atención porque xa tocaba a nosa reunión semanal co equipo de convivencia e mediación. Por certo, concedéronnos o contrato-programa na modalidade de convivencia e grazas a esa axuda económica, vamos facendo algunha cousa, en pro da resolución pacífica dos conflitos , que forman parte das nosas vidas.
Como vedes un ten que ser experto en moitas cousas... pasamos de ser "paquistanís" a ser imprescindibles... esto é bo... significa que se puxo en valor ás orientadoras e orientadores.
E xa por último, e volvendo ó conto do diario, a miña memoria auxiliar quedou sen completar... cando volva mañán teño que escribir o que me falta... claro que será fácil porque escribir esto vaime axudar....o peor son outros días.
E agora sí que remato, dicindo que o que estou a contar foi o que fixen...sí sí hoxe día 25 de Xaneiro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario