ACHÉGASE O 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
Son varias as propostas, que se veñen recollendo nesta bitácora, dende fai varios cursos. É labor dos centros educativos, conmemorar esta data para visibilizar as inxustizas que padecen as mulleres e que aínda a día de hoxe, seguen sendo unha lacra na nosa sociedade.
Como exemplo de actividades a traballar co alumnado para promover a construción de sociedades máis xustas, éstas son algunhas:
- Actividade 1: Liña do tempo coas principais conquistas e feitos do movemento feminista e das mulleres
- Actividade 2: Análise da publicidade sexista, convidando ó alumnado a facer o traballo de críticos.
- Actividade 3: As nosas referentes, valorando as mulleres da nosa contorna que nos aportan valores engadidos no día a día.
- Actividade 4: Cartografía do machismo identificando os lugares, símbolos, tipos de machismo.
Nestas ligazóns tamén se pode consultar, o traballo de anos anteriores:
- https://orientateenperillo.blogspot.com/2018/03/loitando-por-romper-ese-teito-de.html?spref=tw
- https://orientateenperillo.blogspot.com/2018/01/as-mulleres-cientificas-sabias-que-o-11.html?spref=tw
- https://orientateenperillo.blogspot.com/2018/05/quero-ser-cientitica-as-profesions-nas.html?spref=tw
No hay comentarios:
Publicar un comentario