SABER MÁIS PARA PASAR A SEGUNDO DA ESO
Do 2 ao 22 de maio terás que facer entrega, dun documento sobre elección de materias para o vindeiro curso, ao teu titor/a. Esto permíteche dispoñer coa antelación suficiente, da información que precisas para realizar unha axeitada elección.
Aínda que non é VINCULANTE, sí será tida en conta para a oferta de materias optativas DEFINITIVA.
Esto está supeditado ás necesidades de organización do centro e outras medidas determinadas pola administración educativa como o mínimo legal de alumnos matriculados por materia ( 10 ALUMNOS en materias específicas ). Polo tanto, é IMPORTANTE que cubrades este documento como se fose a matrícula definitiva.
Nestes días estarei nos distintos grupos para proporcionar información e orientación sobre este aspecto e outros que atoparedes na presentación. Se aínda así, tes DÚBIDAS podes vir ao departamento de orientación para tratar de resolvelas.
Con esta presentación aprenderás:
- Como está organizado o Sistema Educativo
- Oferta das materias en 2º de ESO
- Breve explicación das materias optativas para saber como escoller
- Matemáticas académicas ou aplicadas en 3º de ESO
- Criterios de promoción e titulación en 4º de ESO
- Outras alternativas para poder ter o título da ESO
- Bacharelato
- Nocións básicas sobre os títulos universitarios
- A Formación Profesional de Grao Medio
- Outras ensinanzas: artes plásticas, música, danza, idiomas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario