AY QUE VER.... COMO TRABALLAN OS NOSOS ALUMOS DE 1º DE ESO!!!!
Acábase o curso, e síntome na obriga de rendir homenaxe ó noso alumnado de 1º de ESO. Son eses alumnos que sempre están dispostos a participar en todo, uns "todoterreno" que a calquer proposta que fagas, eles son os primeiros en apuntarse ó carro. Véxase:
- A entrevista a Pepe Carballude
- O video " Eu son Neira Vilas"
- Voume para o Instituto
E de seguro, que aínda me quedan cousas por citar...que quedaron agochadas nos buratos das paredes....
Algúns deles son emocionalmente moi intelixentes. Aínda me acordo dalgunhas horas de titoría que pasamos xuntos, e nas que tratamos o tema do respeto ás diferenzas. Lembro aquel video que visualizamos " O cazo de Lorenzo", e que foi acicate para construir ese coñecemento que é estracurricular pero que nos prepara para a vida. Son eses valores que hai que facer explícitos... algúns dín que van no paquete das materias ou que son implícitos, pero a mín gústame poñelos enriba da mesa porque ó mellor aquelo que non se debate queda sen clarificar.

Non sería honesta conmigo mesma, senón digo, que eu fun a primeira en aprender cousas con todos eles. Fomos quen de recoñecer a variabilidade da temperatura emocional de Lorenzo, que é o protagonista da curtametraxe. Para quen aínda, non tivo a oportunidade de poder velo, pode atopalo no seguinte link:
https://youtu.be/xQ_rbKMOzag
Como dicía máis arriba, estes alumnos " apúntanse a un bombardeo" e unha boa proba disto, son os estupendos traballos que desenvolveron sobre " o mundo das profesións" que aquí espoño. Non me podo esquecer de Inma Otero, a miña compi de Lingua Galega, titora dalgún destes alumnos, quen amosou interese pola actividade e que sen a súa implicación, esto non sería posible. Grazas Inma!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario