Este blogue está dividido nas seccións que aparecen máis abaixo e a maiores todas as entradas están clasificadas con diferentes etiquetas.Podes atopalas no marxe dereito, na parte inferior.
lunes, 25 de mayo de 2020
sábado, 23 de mayo de 2020
OS ALUMNOS TELORIENTAN DENDE A CASA: 3ª ENTREGA
Sofía Álvarez Fernández de 3º de ESO tamén quixo facer a súa contribución, explicando a materia de Cultura Clásica, para o alumnado de 2º de ESO.
Merece a pena vela! Sofía nos dá outro enfoque, que complementa o que nos explica Guada, no seu video
Parabéns, Sofía! Dígoche o mesmo que a Guada: Unha aperta de colores e as miñas grazas por esto bo facer!!!
jueves, 21 de mayo de 2020
VIDEOS DOS GRAOS UNIVERSITARIOS DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA
A Universidade de A Coruña levou a cabo unhas Xornadas de Portas Abertas Virtuais, nas que os visitantes ( estudantes e familiares) coñeceron por dentro a UDC e puideron interactuar cos responsables das titulacións, os pasados 23 e 24 de abril.
Tamén coñeceron os servizos e unidades, que lles van facer máis fácil e atractiva, a VIDA UNIVERSITARIA:
- UDC Internacional
- residencias públicas,
- centro de linguas
- cultura
- deporte
- cooperación e voluntariado
- atención á diversidade
- acción titorial
- asociacións estudantís
- emprego...
Nesta ligazón pódese consultar o listado xeral con todas as gravacións:
Nesta outra ligazón aparecen as videoconferencias organizadas por ramas de coñecemento:
miércoles, 20 de mayo de 2020
OS ALUMNOS TELORIENTAN DENDE A CASA: 2ª ENTREGA
Velaquí temos a Guadalupe Ghosn, explicando a materia de Cultura Clásica. A súa forma de presentar, con tanto entusiasmo, os contidos desta materia optativa, aportan un valor engadido á mesma. Dalle moita cor e sabor!
A axuda entre iguais tamén ten cabida na orientación académico-profesional!!
Parabéns, Guada! Unha aperta de colores e as miñas grazas por esto bo facer!!!
A axuda entre iguais tamén ten cabida na orientación académico-profesional!!
Parabéns, Guada! Unha aperta de colores e as miñas grazas por esto bo facer!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

