jueves, 30 de mayo de 2019

AXIÑA VOU PARA O INSTITUTO!

Como di o refrán " o tempo pasa volando".  Xa estamos coa cabeza, pensando en facilitar ese período de adaptación para o novo alumnado que a partires do próximo setembro, formará parte da nosa comunidade educativa.  

Este proceso, dará comezo mañán mesmo, a partires das 10:30 que é cando temos previsto que cheguen os alumnos de 6º de Primaria do CEIP Valle-Inclán. Xa temos todo preparado para que esa primeira toma de contacto sexa cercana, cargada de ilusións por empezar unha nova etapa e ata podendo chegar a ser memorable, despois  dos anos.  De seguro que se preguntamos a algún profe, nos seus recordos, estarán como foron eses primeiros días no Instituto. 

Dicía antes, cargado de ilusións porque así foi como algúns alumnos, que xa están no centro estiveron dende a semana pasada, preparando este acto de benvida e explícovos como:

  • Algúns fixeron de guionistas do vídeo que podedes ver máis abaixo
  • Outros, ós que non lles importaba estar diante da cámara, puxeron voz a esas palabras.
  • A profe de Lingua Castelá de 1º ESO C axudoume a facer os ensaios antes de darlle a PREPARADOS, LISTOS, CÁMARA, ACCIÓN...
  • Ata houbo quen me suxeriu algunha recomendación para que o vídeo tivese mellor calidade en You Tube
  • E como seguramente xa sabedes, os que visitades este bloque,  é un clásico que os alumnos mediadores fagan non soamente de gúías para ensinarlles o Instituto, senón tamén de facilitadores para crear eses vínculos que debe de haber entre os membros dunha comunidade.  Son CÍRCULOS DE DIÁLOGO,  unha ferramenta máis da convivencia positiva que debe de haber nos centros.  Por certo, ata fixeron unha ronda de preguntas para  propiciar este diálogo, cunha simple pelota de pin-pong que se van pasando de un a un. Velaquí tes a tarxeta coas cuestións.



viernes, 24 de mayo de 2019

DESCUBRINDO OS ESTUDOS SUPERIORES


Cando se está a cursar o bacharelato, parece lóxico pensar, que as miras son plantexarse facer algo, entre as distintas opcións de estudos superiores. Se é asi no que estás a cavilar, revisa esta presentación que de algún aspecto xa falei, cando estiven nas aulas. 

Teño que agradecer ao Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña, por facilitarme a presentación que utilizou cando estivo no noso centro, para presentar a UDC. Moita da información aparece máis abaixo é grazas ao SAPE.

E xa sabes, se tes algunha dúbida ou non tes claro o que facer, non deixes de acudir ao departamento de orientación para poder axudarche. Non te esquezas de que para personalizar a orientación é mellor facelo de xeito individual. O que tratamos nas clases, ten un caracter máis xeral.

RECORDA: nos expositores e estanterías que hai diante do departamento de Orientación, tes moita información en formato papel. Nos andeis hai dípticos que podes coller, tanto da universidade como da formación profesional.


APLICACIÓN WEB PARA SABER COMO ESCOLLER NA UNIVERSIDADE


Un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato na materia de Tecnoloxía no IES Chan do Monte de Marín, desarrollaron unha aplicación web, na que será doado acceder a certa información de interese: 
  • Para cantos graos universitarios pondera, cada unha das materias de 2º de Bacharelato, que che permiten subir nota nas probas ABAU
  • Como ponderan en cada un destes grãos
  • Contidos que se imparten en cada unha destas materias
  • Titulacións que se ofertan en Galicia,  nota de corte no presente curso e  plazas que se ofertaron.
  • Ligazón a cada titulación.



sábado, 11 de mayo de 2019

HORARIO DAS ABAU E OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE

1. DATAS ABAU:
  • Convocatoria ordinaria: 12, 13 e 14 de Xuño de 2019
  • Convocatoria extraordinaria: 10, 11 e 12 de Xullo de 2019
2. MATRÍCULA ABAU
Efectúase na secretaría do Instituto. Os plazos oficiais son do 23 ao 27 de Maio. Neste enlace podedes ver como foron os impresos da convocatoria do curso pasado. No momento de matricularse, entregaranvos o código de activación na aplicación NERTA para poder consultar as notas das abau, facer reclamacións ós resultados ( se fóse o caso ), socitar os graos universitarios. Máis abaixo, tedes un documento con toda as datas máis importantes para facer todos estes trámites. 

3. RECOMENDACIÓNS PARA ACUDIR Ó EXAME
  • Tedes que ir provistos do DNI ou pasaporte, pluma ou bolígrafo, e do material axeitado para realizar as probas de Debuxo, así como dicionarios de Latín e Grego para facer os exames.
  • Non está permitida a asistencia ao lugar dos exames con teléfonos móbiles nin outros dispositivos electrónicos, excepto calculadoras non programables e sen capacidade gráfica. Todo o alumnado deberá de manter os pavillóns auditivos despexados para a verificación de que non se usan dos dispositivos auditivos non permitidos. O incumplimento desta norma, ao igual que por copia ou suplantación de identidade, poderá ser motivo de medida disciplinaria. Consulta o resto de instrucións aquí.
4. LUGAR DAS PROBAS: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de A Coruña

5. HORARIO DAS PROBAS

Loading...
Loading...




Todos estos documentos están na páxina da CIUG que é a comisión encargada de organizar as probas abau e todo o proceso de admisión. Convén que te familiarices con ela para realizar todos os trámites. 
Ten en conta que a matrícula das probas da selectividade faise no instituto, pero despois xa tes que acudir ao LERD no que estivemos cando fomos a visitar a UDC. 

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...