sábado, 30 de marzo de 2019

CAMPUS CIENTÍFICOS 2019

Un ano máis, a Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía en colaboración co Ministerio de Educación, convoca unha nova edición de campus científicos, durante o verán.

Este ano ademáis e como NOVIDADE!!!! , hai 20 plazas adicionais para realizar unha estancia no CERN, en Ginebra, do 29 de setembro ao 12 de outubro de 2019. Están dirixidas a estudantes de 4º de ESO.

Consulta toda a información no panel e se estás interesado fai a solicitude axiña porque o prazo remata o 1 de abril, ás 13 horas.

jueves, 14 de marzo de 2019

OS SERES HUMANOS ASPERGER

Afortunadamente, cada vez sábese máis, das persoas con esta condición de ser Asperger. Desde un punto de vista educativo, debemos de considerala non como unha enfermidade, ou como unha patoloxía, senón como un funcionamento distinto do cerebro. Convén desterrar a idea de que ser Asperger significa estar enfermo. Así se explica na breve presentación.

Nos centros educativos, é bastante frecuente que haxa alum@s con estas singularidades. As dificultades para establecer relacións  poden ser unha fonte de conflitos. 

Os seus iguais ( neurotípicos en terminoloxía técnica) precisan ter coñecemento das características dos Asperger para lograr unha maior comprensión e entendemento. Esta medida poder mellorar a convivencia dentro das aulas. 

O noso centro non é alleo a esta situación. E así foi, que esta semana, nun dos grupos no que hai un alumno Asperger, tirando da presentación que tedes máis abaixo, explicámolles que dentro do amplo abano da diversidade, éste é un aspecto máis. 

A experiencia foi moi satisfactoria. O desenvolvemento da sesión foi da seguinte maneira:

ANTES
  • Previamente tivemos unha reunión coa familia para contar coa súa aprobación.
  • Un día antes de levar a cabo a sesión cos alumnos, o titor e máis eu, reunímonos co alumno para anticiparlle como tiñamos pensado estructurala.
DURANTE
  • A primeira parte da sesión de algo máis de 50 min ( collendo parte do recreo) consistiu nunha breve explicación cos rasgos máis característicos. 
  • Interesábanos que o alumno con esta condición, participase contando aquelo co que máis se sentía identificado, como así o fixo.
  • A continuación os compañeiros, foron indicando aspectos comentados anteriormente que observaban neste alumno. 
  • Dende fai anos, para certas dinámicas utilizamos os círculos restaurativos. A súa disposición de sentarse de esta forma, favorece o diálogo e a participación de todo o grupo. Temos un obxecto de palabra que vai pasando por todos os alumnos e nós como facilitadores somos un máis dentro do círculo.
  • A actitude durante a sesión foi de respecto e en algúns casos amosáronse moi empáticos, destacando as habilidades que presenta este alumno.

domingo, 24 de febrero de 2019

FORMACIÓN DE MEDIADORES


Estes son alumnos de 1º e 2º de ESO que recentemente remataron a formación como mediadores. O Obradoiro de formación tivo unha duración de seis sesións cunha duración total de 12 horas. 
Estivo impartido por educadores sociais e psicólogos de ADAFAD, asociación que colabora co Concello de Oleiros.
O equipo de mediadores sigue medrando cada ano. Na actualidade temos un unha media  de10 - 12 alumnos por curso. 
Trátase dun obradoiro con carácter predominantemente práctico, con dinámicas para que aprendan as técnicas que precisan poñer en práctica, cando teñen que mediar entre dous pares en conflito.

sábado, 23 de febrero de 2019

VISITA Á UNIVERSIDADE DE A CORUÑA.UNHA PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO


Xa é o quinto curso que o noso alumnado de 2º de Bacharelato, acude ás xornadas de benvida, que a Universidade de A Coruña ten planificadas. 
Como xa se indicou en publicacións anteriores sobre estas visitas, hai varios itinerarios segundo as ramas de coñecemento, ás cales están adscritos os diferentes graos universitarios. 
Este curso o itinerario máis escollido por parte dos alumn@s foi o de Ciencias Sociais e Xurídicas que agrupa á Facultades de Socioloxía, Ciencias da Educación, Dereito, Económicas e  Actividades Físicas e Ciencias do Deporte.

Pero antes de iniciar o percorrido polos distintos centros universitarios, recíbennos no SAPE( Servizo de Asesoramento e Promoción do estudantado). Este é un punto de referencia importante para os estudantes, xa que é alí onde poden atopar información moi variada que abrangue dende a propia oferta universitaria, preinscripción e matrícula nos graos, becas, residencias, servizos que ten a UDC...

Os alumnos puideron facerse con folletos, sobre os graos nos que estaban interesados e outra información en formato papel e ter unha primeira aproximación do que é a vida universitaria. 

En cada centro universitario, hai un profesor ou profesora que nos recibe, donde trata de proporcionar información básica e relevante para que os alumnos poidan ter unha idea en canto a aspectos que estudarán, saídas, competencias e ámbitos profesionais.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...