domingo, 24 de febrero de 2019

FORMACIÓN DE MEDIADORES


Estes son alumnos de 1º e 2º de ESO que recentemente remataron a formación como mediadores. O Obradoiro de formación tivo unha duración de seis sesións cunha duración total de 12 horas. 
Estivo impartido por educadores sociais e psicólogos de ADAFAD, asociación que colabora co Concello de Oleiros.
O equipo de mediadores sigue medrando cada ano. Na actualidade temos un unha media  de10 - 12 alumnos por curso. 
Trátase dun obradoiro con carácter predominantemente práctico, con dinámicas para que aprendan as técnicas que precisan poñer en práctica, cando teñen que mediar entre dous pares en conflito.

sábado, 23 de febrero de 2019

VISITA Á UNIVERSIDADE DE A CORUÑA.UNHA PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO


Xa é o quinto curso que o noso alumnado de 2º de Bacharelato, acude ás xornadas de benvida, que a Universidade de A Coruña ten planificadas. 
Como xa se indicou en publicacións anteriores sobre estas visitas, hai varios itinerarios segundo as ramas de coñecemento, ás cales están adscritos os diferentes graos universitarios. 
Este curso o itinerario máis escollido por parte dos alumn@s foi o de Ciencias Sociais e Xurídicas que agrupa á Facultades de Socioloxía, Ciencias da Educación, Dereito, Económicas e  Actividades Físicas e Ciencias do Deporte.

Pero antes de iniciar o percorrido polos distintos centros universitarios, recíbennos no SAPE( Servizo de Asesoramento e Promoción do estudantado). Este é un punto de referencia importante para os estudantes, xa que é alí onde poden atopar información moi variada que abrangue dende a propia oferta universitaria, preinscripción e matrícula nos graos, becas, residencias, servizos que ten a UDC...

Os alumnos puideron facerse con folletos, sobre os graos nos que estaban interesados e outra información en formato papel e ter unha primeira aproximación do que é a vida universitaria. 

En cada centro universitario, hai un profesor ou profesora que nos recibe, donde trata de proporcionar información básica e relevante para que os alumnos poidan ter unha idea en canto a aspectos que estudarán, saídas, competencias e ámbitos profesionais.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE  ACTIVIDADES EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2019

ORDE do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

IMPORTANTE: o alumnado que para o curso que ven inicie  1º ou 2º de Bacharelato, pode solicitar unha actividade de integración ( en familia ou residencia máis centro educativo ) fóra de España, durante tres ou catro semanas a principios do curso 2019/20.

miércoles, 20 de febrero de 2019

O SERVIZO DE ASESORAMENTO E PROMOCIÓN DO ESTUDANTE      ( SAPE ) PRESENTA A OFERTA DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA


O pasado venres, 15 de Febreiro, Laura Fraga, colaboradora do SAPE estivo no noso centro co alumnado de 1º e 2º de bacharelato. Estes foron algúns dos aspectos que clarificou:
  • Diferencias entre bolsas e axudas ao estudo. Estas últimas non implican cumprir requisitos económicos.
  • Quen son os equipos de goberno da universidade.
  • Espazo Europeo de Educación Superior ou máis coñecido por Tratado de Bolonia.
  • Simultaneidade dos estudos de grao e a súa oferta, indicando de que no caso de que unha vez iniciados, se surxen dificultades para abordar a esixencia que supoñen, poderían centrarse nun dos graos e retomar máis adiante o outro.
Fíxolles entrega de material en formato papel con toda a oferta universitaria dos dous campus da Universidade de A Coruña, así como dípticos sobre graos específicos a todo aquel alumno que estaba interesado. 

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...