lunes, 29 de mayo de 2017

CAMIÑO A SEGUNDO DE ESO


A un mes escaso de rematar o curso, debes de coñecer:
  • O percorrido que me queda por recorrer ata cursar estudos superiores. Convén ter unha meta.
  • Os criterios de promoción ou como paso de 1º a 2º de ESO
  • Organización das materias de 2º de ESO
  • Contido dalgunhas materias que vas a cursar 
ENLACE PARA A DESCARGA

domingo, 28 de mayo de 2017

O TÍTULO DE ENSINANZAS ACADÉMICAS É IGUAL Ó TÍTULO DE ENSINAZAS APLICADAS ????? 


Xa quedou atrás, aquelo que a normativa nos decía, de que as ensinanzas académicas e aplicadas implicaban camiños diferentes, a non ser que facendo a reválida puideses ter ambas posibilidades, é dicir, bacharelato e formación profesional. 

Xa é coñecido por todos de que as reválidas só quedaron como probas de muestreo a realizar en algúns centros, sen efectos académicos, sendo o noso centro, un dos escollidos pola Consellería.

Á espera de saber en que condicións ou con que criterios van poder titular o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria ( xa era tempo de sabelo), a normativa que anexo máis abaixo dí textualmente, no seu artigo 1, apartado 2:  

Los títulos de graduado en Educación Secundaria Obligatoria expedidos hasta la entrada en vigor de la normativa resultante del Pacto de Estado social y politico por la educación permitirán acceder indistintamente a cualquiera de las enseñanzas postobligatorias recogidas en el artículo 3.4 de la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo. 

Polo tanto, xa podemos aclarar ó alumnado e as familias de que o título de Graduado en Educación Secundaria posibilita indistintamente cursar tanto Bacharelato como Formación Profesional. 


Vaia por diante que isto é así, ata que se chegue a un Pacto de Estado Social e político.


viernes, 26 de mayo de 2017

MENTRES NON SON AS ABAU

PARABENS!!!! para todos os que rematastes  2º de Bacharelato . Agora queda dar un repaso a todo,  para ir ben preparado e sacar a máxima nota posible, sobre todo para os que tedes que ter unha cualificación alta para acceder ó grao universitario que queredes. Moita sorte!!! Mentras tanto, bota unha ollada a estas ligazóns,  por se podes atopar algo útil e algún consello práctico para as probas que che quedan por facer, así como axuda para o proceso de solicitude de praza na Universidade.

jueves, 25 de mayo de 2017

CONSULTA AS NOTAS DE CORTE DE TODAS AS UNIVERSIDADES DE ESPAÑA


Neste taboleiro están as notas de corte de todas as Universidades de España, tanto públicas como privadas. Están organizadas por Comunidades Autónomas. Recorda que a nota de corte, non é unha nota que esixa cada Universidade, senón que é a nota do alumno, a quen lle adxudicaron a última praza de cada grao universitario.

Hecho con Padlet
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...