viernes, 6 de octubre de 2017

EMPEZANDO O CURSO

Esta presentación contén aquela información que nos parece máis relevante con motivo do inicio de curso. Son cuestións básicas que as familias deberían coñecer sobre:
  • Organización:horarios de entrevistas co titor/a, funcionamento e normativa do centro, criterios de promoción, avaliacións, calendario.
  • Suxerencias de colaboración e participación dos pais no centro e no desenvolvemento académico dos alumnos.
  • Outras cuestións de interese.

Aproveito tamén, para lembrar outras características específicas da etapa, segundo os distintos cursos e outras máis xerais


FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º DE ESO
Recordar que aumenta o número de materias con respecto á Educación Primaria, sendo estas:

Educación Plástica e Visual
Investigación e Tratamento da Información/Programación
Francés
Unha hora semanal de Titoría

    É IMPORTANTE saber que a exención de Francés dedícese por lei no centro de secundaria, cando comezan as clases e tras revisar os seus expedientes e segundo os informes de Primaria.
    Aumenta o número de profesores que imparten clase: un profesor por materia.

    FAMILIAS DO ALUMNADO DE 2º DE ESO 
    As materias novas en 2º curso son:
    Física e Química
    Tecnología
    Música
    Oratoria/Educación Financieira

    FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º DE ESO: 
    As materias optativas son: Relixión e Cultura Clásica. 
    Diferéncianse dous tipos de Matemáticas. As que están orientadas ás ensinanzas académicas e aplicadas. Esta elección non é vinculante para 4º de ESO


    FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º DE ESO
    Destacar a importancia de acadar o título de ESO e do cerca que están para elo. Se a situación continúa a ser como o curso pasado independentemente do itinerario cursado en 4º ( académico ou aplicado)  poderán escoller bacharelato ou FP. 

    SECCIÓN BILINGÜE E PLAN PLURILINGÜE

    Como xa comprobastes, no noso centro impártese unha sección bilingüe en Física e Química e temos un Plan Plurilingüe na materia de Ciencias Sociais en Francés. Aínda que no documento de matrícula existe a posibilidade de solicitalo, non é acosellable para todo aquel alumnado que ten dificultades nas linguas ou que esté a recibir algunha medida de atención á diversidade.

    PLAN DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES
    Lembrar a existencia do plan de  recuperación de pendentes no curso seguinte: exames parciais e finais, boletíns de traballo, atención personalizada en reunións cos xefes do departamento, materias de avaliación continua.


    MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
    Dentro das medidas de atención á diversidade, a lexislación contempla a posibilidade de cursar  en 2º ou 3º de ESO un Programa de Mellora do Aprendizaxe e Rendemento Académico. Para poder impartirse require que haxa un número determinado de alumnos proposto polos equipos educativos. Aínda que sí houbo algunha proposta, non houbo alumnado suficiente para formar grupo. Outra das medidas que recolle a normativa son os agrupamentos específicos que iniciamos o ano pasado e seguimos a continuar no presente curso.


    SABER DETECTAR O ACOSO ESCOLAR
    O Colexio Oficial de Psicólogos elaborou unha guía que asesora ás familias ante o acoso escolar. Dentro da comunidade educativa as familias son  as máis vulnerables. Moitas veces non saben que facer e/ou a quen dirixirse ante esta problemática. Téndese a pensar ás veces  que o silencio vai acabar co problema, cando é todo o contrario, co silencio o problema crece e convertese en síntomas psicosomáticos, que se non se tratan a tempo coas estratexias psicolóxicas axeitadas, chegan a instalarse e converterse en traumas. 

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario

    Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...