APRENDENDO A MEDIAR
Como se aprende a mediar? Pois, como todo nesta vida, a base de práctica. Esta foi a consigna, que o equipo de convivencia e mediación, lle deu ós formadores que impartiron este Obradoiro.
Asistiron un total de 20 alumnos que xa tiñan coñecementos neste tema, é dicir, xa en cursos pasados, recibiran formación teórico-práctica. A realización do cursiño rematou a semana pasada. Tivo unha duración de 12 horas.
Traballaronse as técnicas de mediación, partindo de supostos prácticos que eles mesmos plantexaron e que viven en primeira persoa nas aulas. Esta cuestión é de relevancia, porque axuda a tomar conciencia de que os conflitos forman parte das nosas vidas diarias e ante eles debemos de adoptar un enfoque restaurativo, que axuda a reestablecer as relacións que estaban deterioradas. Tamén axuda a crear sentimento de grupo, entre os alumnos que asistiron, chegando a facer propostas, sumamente interesantes para facer máis visible a mediación na vida do centro, se ben é certo, que a mediación como ferramenta de resolución pacífica, leva xa varios anos implementada no Instituto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario